15.6.23
PERCORRENDO GALICIA: FINALIZAMOS O PROXECTO
8.6.23
Semana do Medio Ambiente: Construíndo na area
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
O 5 de xuño de 2023, conmemorouse o Día do Medio Ambiente e NÓS comezamos a semana coa actividade da proposta trimestral: construíndo na area!
A actividade acolle unha saída á praia para realizar construcións relacionadas con Galicia, atendendo ao PDI que finalizamos este curso.
Para realizar esta actividade comezamos investigando na biblioteca. Dividimos a clase en 5 grupos e cada un deles tivo que buscar nos libros monumentos e obras arquitectónicas Galegas que lles gustaban. Unha vez que escolleron o que querían representar coa area, utilizaron as tablets para topar a imaxe que precisaban como modelo na praia.
Parabéns, miniarquitect@s!
2.6.23
PERCORRENDO GALICIA: OS MUÍÑOS ( 6º EI)
25.5.23
EXCURSIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 5º E 6º EI)
Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil visitamos Santiago de Compostela, como excursión de fin dos proxectos de aula enmarcados dentro da PDI: Nós...Patrimonio in-material!!
Baixamos do autobús e percorremos uns poucos metros ata chegar á Catedral, alí alucinaron co tamaño da mesma e coa cantidade de peregrinos que había!!
Despois na praza do Obradoiro collemos o tren turístico que nos levou por Santiago, estaban encantados porque lles regalaron uns cascos por se querían escoitar a audio guía e escoller eles mesmos o idioma, porque se pasaron todo o traxecto cantando o himno de Galicia e muiñeiras, saúdando a todos os peregrinos ou persoas que levaban mochilas...
Cando chegamos de novo á praza subimos por unhas escaleiras onde había un gaiteiro tocando e onde os peques de 5º de EI atoparon á Serea Leo que lles entregou a compostelana polo seu percorrido no Proxecto de aula:Galicia, o noso camiño! e paramos a merendar na praza da Inmaculada.
Tras merendar e xogar un pouco volvimos ó autobús para dirixirnos á Cidade da Cultura. Ó principio tiñamos organizado facer unha pequena ruta pola senda mitolóxica, pero o cansancio e a calor era demasiada, polo que estivemos xogando no Parque da Balea, onde o pasaron en grande e o cansancio parecía que desaparecera. Fixemos un parón para comer e volvemos a xogar ata que xa foi hora de marchar.
UN DÍA ESPECTACULAR!!!
Premer na imaxe para acceder á galería
22.5.23
PERCORRENDO GALICIA: CAMIÑO DE SANTIAGO( 6º EI)
20.5.23
PERCORRENDO GALICIA: MANZANEDA ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
18.5.23
PERCORRENDO GALICIA : A PRAIA DE CABANAS ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
17.5.23
PERCORRENDO GALICIA : PONTECESO ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
8.5.23
PERCORRENDO GALICIA : Encaixe de Camariñas ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
A pasada semana viaxamos a Camariñas da man de Leo, que nos contou cousiñas da súa visita e localimolo no noso mapa de Galicia. Posto que o encaixe de Camariñas é moi famoso decidimos facer a nosa propia versión.
Así, durante varios días os peques colleron unha plantilla de cartón con buratos, e elixiron as lás que querían utilizar e cantas. Unha vez realizada a costura cada un decorou a súa obra como lle gustaba e quedaron cousas moi chulas!!
4.5.23
PERCORRENDO GALICIA : FACENDO NEVE ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
Hoxe viaxamos ata O Cebreiro da man de Lucas, que nos explicou cousiñas dese lugar e o ubicamos no noso mapa de Galicia. Posto que moitos nenos e nenas non tocaran a neve decidimos realizar un experimento!
Así, en dous grandes grupos, visitamos a cociña onde se atoparon dúas opcións para a creación da neve, cada unha coas súas instrucións , unha mesturando dúas partes de bicarbonato e unha de auga e a opción de mesturar 1 parte de maicena con dúas de espuma de afeitado de cor azul. Cando remataron de facer a súa mestura escolleron e botaron purpurina azul ou branco, e rematamos xuntando a neve en dúas caixas, segundo a mestura, para amasar un ratiño máis. Mestres non se estropee, esa neve formará parte da aula multisensorial.
28.4.23
3 anos_GaliCómic:"Cativiñ@s... do Milladoiro!"
Leer más publicaciones en Calaméo
A nosa produción propia, GaliCómic, recolle as nosas primeiras experiencias escolares na nosa escola pública, rural e... galega!
Esperamos que vos guste, nós divertímonos aprendendo!
4 anos_GaliCómic:"O noso... Camiño!"
Leer más publicaciones en Calaméo
Presentamos a nosa produción propia: O noso... Camiño!
A actividade anual, GaliCómic, reflicte o proxecto, desenvolto ao longo do curso, ao redor do noso propio Camiño.
Esperamos que vos guste!
24.4.23
PERCORRENDO GALICIA: FORMIGAESCOLA ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
A pasada semana estivemos en Outeiro de Rei da man de Diego, que visitou a Formigaescola, un espazo onde podemos atopar unha aldea de formigas creadas con materiais reciclados.
Así no Leolab, utilizando diversos recursos, en pequeno grupo xogamos ós minimundos, onde cada grupo construíu espazos para as formigas: foguetes, unha praia con faro e vexetación,parques... como lles gusta imaxinar e crear!!!
19.4.23
PERCORRENDO GALICIA: A Muralla de Lugo ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
Esta semana comezamos con Sara, xa que visitou a Muralla Romana de Lugo. Neste caso a protagonista contou a súa experiencia e datos da Muralla, despois colocamos a súa foto no mural do proxecto e marcamos no mapa de Galicia a súa ubicación. Tamén investigamos e descubrimos que mide 2000 metros!!!
Como as distancias tan grandes son dificiles de imaxinar, realizamos unha experiencia de construción. No patio exterior, aproveitando o bo tempo, dividimos a clase en pequenos grupos coa misión de que cada un construíra a muralla máis longa que puideran, despois fomos medindo e marcando cada construción realizada de metro en metro para despois sumar. Todas as murallas tiveron distintas medidas.
Despois pensamos que se colaborábamos todos e xuntábamos os bloques poderiamos facer unha muralla moitísimo máis longa, asi que ... Mans á obra!!
Despois de contruila medimos de novo, marcando cada 5 metros cun peque ( o máximo do metro que tiñamos), para despois sumar, polo que conseguimos unha muralla de 26 metros!!!!!
27.3.23
EXCURSIÓN A CORUÑA ( 6º EI)
O venres, como actividade final do noso Proxecto Os Castrexos, realizamos unha visita ó Castelo de San Antón en Coruña.
Alí vimos un montón de cousas prehistóricas que nos chamaron moito a atención: a reproducción dun barco prehistórico, a punta de frechas, espadas e coitelos, cintos de ouro, torques impresionantes...ademais coñecimos moitas cousas da chegada dos romanos, como que trouxeron as moedas, o vidro, as tellas, debaixo da rúa Real de Coruña hai un cemiterio romano...
A visita foi moi interesante, especialmente o pozo ou cisterna, un espazo onde os habitantes do Castelo gardaban a auga potable.
Despois merendamos na Torre de Hércules, e a pesar do aire,l pasámolo xenial.
21.3.23
DOS CASTREXOS ÓS ROMANOS II (6ºEI)
Onte visitamos a biblioteca para atopar información sobre os romanos en Gallaecia.
Primeiro analizamos a CDU para intentar saber en que parte dos libros de consulta se atopaban os relacionados coa historia ou Galicia, despois buscamos o debuxiño nas estanterías e as profes seleccionamos varios que poderían ser interesantes.
Nas mesas e por grupos revisamos as pegadas dos romanos en Galicia e nos levamos prestados para clase os que máis nos interesaron.
15.3.23
DOS CASTREXOS ÓS ROMANOS I ( 6º EI)
Trala visita de Ana Romero descubrimos que os Romanos estiveron en Galicia, así que lle pedimos ó alumnado de 1º de Primaria que nos dera algo de información sobre este asunto.
Hoxe na biblioteca escoitamos a súa presentación e descubrimos un montón de cousas: os romanos trouxeron as moedas, as calzadas romanas, novas técnicas para extracción de ouro... E deixaron grandes pegadas: a Muralla de Lugo, as termas de Ourense e a Torre de Hércules en Coruña, lugar que visitaremos na seguinte saída!!
MOITAS GRAZAS Ó ALUMNADO DE 1º EP!!
6.3.23
4ºE.I._Galegas imprescindibles: AS NOSAS MAMÁS!
Presentamos, en formato audiovisual, as biografías das nosas mamás. Celebramos así a Semana da Muller, na nosa biblioteca, coa actividade proposta en relación co PDI NÓS: galegas imprescindibles.
Agradecer a colaboración das familias na elaboración das biografías que presentamos a continuación.
Feliz Día da Muller!
5ºEI_Semana da Muller: AS NOSAS MAMÁS
Premer na imaxe para acceder á presentación
Co gallo da celebración da Semana da Muller e a actividade proposta: galegas imprescindibles, presentamos, na biblioteca, as nosas mamás como galegas, para NÓS, imprescindibles hoxe e sempre.
Agradecemos a colaboración das familias na redacción de cada biografía que podedes ver na seguinte publicación:
Feliz Día da Muller!
1.3.23
Mulleres Imprescindibles: Ana Romero Masiá (6º EI)
Tras recibir a mensaxe da Serea Leo puxémonos mans á obra.
O primeiro que fixemos foi pensar onde poderiamos atopar información, anotamos e buscamos paso por paso.
A primeira idea foi buscar por internet: Descubrimos que Ana Romero Masiá vive en Santiago pero ten casa en Barizo, que é historiadora, mestra e arqueóloga e que traballou 10 anos no Castro de Borneiro. Ademais atopamos unha noticia na prensa dixital do periódico La Voz de Galicia, polo que miramos e lemos noticias en varios exemplares en versión papel, que xa forman parte da nosa biblioteca de aula.
A segunda idea era atopar persoas que a coñeceran para contactar con ela: a profe Susana coñece a súa filla, polo que conseguimos o seu "correo electrónico" e o número de teléfono.
A terceira era invitala e escribirlle unha carta ou un correo: antes de contactar pensamos que queriamos saber e que nos gustaria que nos contase. Cando tiñamos pensado escribir un correo Borja chegou ó cole cun vídeo de Ana!!!!!! Neste a arqueóloga dixo que viría nuns días a visitarnos!!!

























.jpg)




