Mostrando entradas con la etiqueta hoxe le. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hoxe le. Mostrar todas las entradas

2.10.25

Hoxe le... (4º E.I.)

 O alumando de 4º de Educación Infantil acudiu por primeira vez a biblioteca á actividade de "Hoxe le...",. onde as nenas de 6º de E.P. lles leron o conto de Cocorico, non podían estar máis emocionados e se portaron xenial.





4.12.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE MAYRA ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Mayra, que estivo de volta o xoves que foi o seu aniversario. XA TEN 5 ANOS!!!

Eva, a súa mamá, e Mayra nos contaron a historia da súa vida e da súa familia, do que máis lle gusta facer e cousas moi divertidas que nos faceron rir.









Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.









O día da celebración do aniversario, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.











MOITÍSIMAS FELICIDADES MAYRA E GRAZAS A EVA POR VIR!!!




4.5.22

HOXE LE ( 5º EI)

Cada luns, dende comezo de curso, depois de subir do recreo disfrutamos do programa  Hoxe Le, onde o alumnado voluntario de 3º a 6º de Educación Primaria, len contos para os máis peques.
Este luns foi moi especial, posto que as nenas lectoras eran irmáns de dous peques da clase!!!!!!!



Moitas grazas pola lectura!!!!

22.2.22

HOXE LE ( 5ºEI)

 Onte, como cada luns, despois do patio subimos á biblioteca a escoitar un conto. Nesta ocasión foi da man de Alma e Carmela de 6º EP, que leron o conto "Chofer de Sandías". Tras escoitar esta magnífica historia, repartiron a cada neno e nena un agasallo: unha sandía-coche coa súa foto e un debuxo dun animaliño.







Moitísimas grazas a Alma e Carmela polo seu esforzo en facer felices ós máis pequenos, animando á lectura de forma tan motivadora!!!

4.10.21

HOXE LE ( 5º EI)

 Hoxe ábrese oficialmente a biblioteca escolar, polo tanto recuperamos a actividade de HOXE LE,  que por culpa do Covid-19 tivemos que paralizar o pasado curso.


Neste novo curso escolar, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria gozará de novo das lecturas dos compañeiros e compañeiras voluntari@s de 3º a 6º de Primaria. Tendo en conta o noso horario, esta actividade realizarase por quendas en diferentes días, evitando que se xunte alumnado de distintas aulas.


Hoxe Lara e Noa contaron a historia de PRINCESA KEVIN ó alumnado de 5º EI.


BO TRABALLO CHICAS!!!!