- Observar cadros e esculturas reais, descubrindo que cada obra conta unha historia.
- Explorar diferentes técnicas e cores que nos serven de inspiración para as nosas propias creacións na aula.
- Marabillarse co patrimonio da nosa cidade, convertendo o museo nun gran lenzo vivo.
27.3.26
Saída Museo de Belas Artes (6ºEI)
19.12.25
10.12.25
Aniversarios novembro...tamén lectores! (6ºEI)
Neste mes de novembro celebramos os aniversarios de Enzo e Paula. No de Paula puidemos facer o bizcoito que tanto nos gusta, con pepitas de chocolate! 😋
Pasámolo xenial cociñando, facendo o agasaio para os nosos amigos,.. pero sobre todo cos contos que nos traen as familias!
Felicidades Enzo e Paula 🎉
30.5.25
Teatro de sombras (6º E.I.)
30.10.24
XV Lecturas terroríficas - 6º E.I.
16.5.24
6º EI_ LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA

Creamos uns marcapáxinas de Luísa Villalta e preparamos un concurso que presentamos en directo no centro cívico co gallo do FESTIVAL DAS LETRAS, baseado no podcast que presentamos ao VI Concurso de Podcasts Radio na Biblio e que resultou premiado!
15.6.23
PERCORRENDO GALICIA: FINALIZAMOS O PROXECTO
9.6.23
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE DANIELA P. ( 6º EI)
Esta semana celebramos por adiantado o aniversario de Daniela P., que cumplirá os 6 anos no verán!!!!!Como non podiamos quedar sen escoitar a súa historia, visitounos Sheila, a súa nai, e Antía, a súa irmá maior.
Na súa historia descubrimos moitas cousas de Daniela, entre outras que é unha artista da patinaxe sobre rodas, e que a súa chegada encheu de alegría a toda a familia!!!
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE AINARA( 6º EI)
A pasada semana Ainara estivo de aniversario, cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita de Jenny e David, que nos contaron a historia de Ainara, na que descubrimos o montón de cousas que fai, como cociñar ou disfrazarse!!
8.6.23
Semana do Medio Ambiente: Construíndo na area
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
O 5 de xuño de 2023, conmemorouse o Día do Medio Ambiente e NÓS comezamos a semana coa actividade da proposta trimestral: construíndo na area!
A actividade acolle unha saída á praia para realizar construcións relacionadas con Galicia, atendendo ao PDI que finalizamos este curso.
Para realizar esta actividade comezamos investigando na biblioteca. Dividimos a clase en 5 grupos e cada un deles tivo que buscar nos libros monumentos e obras arquitectónicas Galegas que lles gustaban. Unha vez que escolleron o que querían representar coa area, utilizaron as tablets para topar a imaxe que precisaban como modelo na praia.
Parabéns, miniarquitect@s!
2.6.23
PERCORRENDO GALICIA: OS MUÍÑOS ( 6º EI)
30.5.23
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE SELENA ( 6º EI)
A pasada semana Selena cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita da súa nai Lucía para celebrar o seu aniversario!!!
Contaronnos a historia de Selena e a súa inseparable compañeira de aventuras Eli, tamén as cousas que máis lle gustan e como foi a súa vida neste primeiros anos de vida!!
25.5.23
EXCURSIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 5º E 6º EI)
Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil visitamos Santiago de Compostela, como excursión de fin dos proxectos de aula enmarcados dentro da PDI: Nós...Patrimonio in-material!!
Baixamos do autobús e percorremos uns poucos metros ata chegar á Catedral, alí alucinaron co tamaño da mesma e coa cantidade de peregrinos que había!!
Despois na praza do Obradoiro collemos o tren turístico que nos levou por Santiago, estaban encantados porque lles regalaron uns cascos por se querían escoitar a audio guía e escoller eles mesmos o idioma, porque se pasaron todo o traxecto cantando o himno de Galicia e muiñeiras, saúdando a todos os peregrinos ou persoas que levaban mochilas...
Cando chegamos de novo á praza subimos por unhas escaleiras onde había un gaiteiro tocando e onde os peques de 5º de EI atoparon á Serea Leo que lles entregou a compostelana polo seu percorrido no Proxecto de aula:Galicia, o noso camiño! e paramos a merendar na praza da Inmaculada.
Tras merendar e xogar un pouco volvimos ó autobús para dirixirnos á Cidade da Cultura. Ó principio tiñamos organizado facer unha pequena ruta pola senda mitolóxica, pero o cansancio e a calor era demasiada, polo que estivemos xogando no Parque da Balea, onde o pasaron en grande e o cansancio parecía que desaparecera. Fixemos un parón para comer e volvemos a xogar ata que xa foi hora de marchar.
UN DÍA ESPECTACULAR!!!
Premer na imaxe para acceder á galería
22.5.23
PERCORRENDO GALICIA: CAMIÑO DE SANTIAGO( 6º EI)
20.5.23
PERCORRENDO GALICIA: MANZANEDA ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
18.5.23
PERCORRENDO GALICIA : A PRAIA DE CABANAS ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
17.5.23
PERCORRENDO GALICIA : PONTECESO ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE SARA ( 6º EI)
A comezos de maio Sara cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita da súa nai Bea para celebrar o seu aniversario!!!
Contaronnos a historia de Sara, o moito que lle gusta a auga, cantar e ir con "Malante", xogar coa súa irmá Daniella, as viaxes a Canarias...
Ademais da visita de Bea, entre todos, describimos á nosa protagonista, Sara, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.
15.5.23
DIA DA FAMILIA (6º E.I.)
Hoxe, 15 de maio, conmemórase o Día da Familia, que para nós é o máis importante, por iso na clase de 6º de E.I. quixemos plasmar a nosa familia nesta obra de arte feita con estampación e espirales. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Día da familia.
11.5.23
LETRAS GALEGAS
Xa queda pouco para celebrar o Día das Letras Galegas, e polo tanto para o noso Festival das letras.
Para ir abriendo o apetito deixamos unha mostra dunhas das actuacións que veremos no noso Festival, un podcast creado polo alumnado da aula de 6º de Educación Infantil.
Esperamos que vos guste!!
.jpeg)
%20(13).jpeg)













































