Mostrando entradas con la etiqueta emocions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emocions. Mostrar todas las entradas

28.1.26

Emocións (4º E.I.)

 Durante estas semanas, a partir da lectura do conto Que tal estás?, estivemos traballando as diferentes emocións que sentía o protagonista e buscando outros contos na que as persoaxes tamén sentiran todas esas emocións. Desta maneira, traballamos os seguintes contos:

- Monstro rosa para a ledicia.

- Cocorico para o enfado, o medo e a ledicia.

- A tartaruga que quería durmir para a calma.

- O coelliño branco para o medo.

- Perdido para a tristeza.


En cada un dos contos empregamos as caras das emocións translúcidas da mesa de luz que lle íbamos poñendo encima das persoaxes e realizamos diferentes actividades que completaban o traballo destas emocións como aprender a técnica do "moucho, a tartaruga e o león" para controlar o enfando ou na clase de música a canción "Si estás feliz", a cal lle fumos engadindo múltiples estrofas como si estás triste, si estás aburrido, si tienes frío...


Unha vez que identificamos todas as emocións nas diferentes persoaxes relacionamos no emociómetro o monstro de cores, co persoaxe do conto e coa emoción de monito, tamén na mesa de luz e co escornabot. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: emocións.










30.1.20

RECICLANDO EMOCIÓNS


Na clase de Educación Emocional aproveitamos que tíñamos moitos material reutilizable que nos sobraron doutros traballos, papeis distintos, tapóns, macarróns, bastoncillos, plumas, limpiapipas... e representamos as diversas emocións que estamos traballando, aínda que esta actividades gustounos tanto que casi todos os puxeron contentos. Podedes ver as fotos de todo o proceso premendo no seguinte enlace: reciclando emocións.

31.5.17

CAIXÓNS DAS COUSAS BONITAS ( 6º EI)

Trala visita de Paula e Pamela, comezamos a traballar o valor da Amizade, así que creamos na clase os Caixóns das cousas bonitas. Neste espazo cada membro da clase ten un caixón no que recibe debuxos, palabras bonitas escritas, detalles... pero para utilízalo hai tres premisas: non podemos darnos regalos a nos mesmos, debemos meter os agasallos nos caixóns baleiros de forma que todos/as teñamos sorpresas e os regalos deben ser anónimos. Os venres recollemos as sorpresas, están entusiasmados, cada día miran o caixón para ver ser teñen algo ou non, e ademáis esfórzanse en agasallar ós outros.
 
 
 
 

AMIZADE, CAIXÓNS DAS COUSAS BONITAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker