Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas

19.6.23

GYMKANA: INFANTIL E 1º EP

 O venres nas últimas horas realizamos un conxunto de probas motrices ó estilo do "Humor amarillo", no que o alumnado de infantil e 1º de Primaria dividido en 8 grupos mixtos tiveron que seguir o circuíto superando os distintos obstáculos, guiados polo alumnado de 5º de Primaria.


Pinchar na imaxe para acceder á galería


PASÁMOLO XENIAL!!

27.4.23

DÍA DO LIBRO

 O domingo celebrouse o Día do Libro, polo que para o luns tiñamos preparada unha actividade de lectura na rúa pero, como o tempo non acompañou, decidimos aplazala para outro momento.

Así que conmemoramos este Día coa lectura dos peques en grupos interniveis, onde en equipo se leron entre eles diversos contos, pois pensamos que...

A MELLOR FORMA DE CELEBRAR O DÍA DO LIBRO... É LENDO!!

14.5.21

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, o alumnado de infantil e 1º de Educación Primaria, visitamos o centro cívico onde gozamos dunha actuación da man de Soraya Lema e Adela Dios , chamada " O exército das paxariñas", unha representación de obras escritas e obras traducidas de Xela Arias.






18.6.20

EXPERIMENTO DO PAN ( 6º EI)

Hai moitos meses atrás, realizamos o experimento do pan, collendo 3 mostras que tratamos de distinta forma. Un trozo de pan gardado nunha bolsiña sen tocalo, utilizando unhas pinzas, outro tocámolo coas mans limpas y o último coas mans sucias. Cando quixemos comprobar pasado un par de meses como estaban as mostras, apreciamos algún cambio, pero nada significativo.
Agora pasados máis de 6 meses de aquel experimento xa temos as evidencias para ver a importancia de lavar as mans.







15.6.20

ANIVERSARIO DE MARCELO

Hoxe está de aniversario Marcelo, xa cumple 6 anos!!!
Todavía non podemos ir á escola, así que esperamos que tiveras un día estupendo e os debuxos que te fixeron os/as compañeiros/as te gusten moito.


MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!

9.6.20

PROPOSTA SEMANAL: OS OCÉANOS

Onte, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos. Así que vos propoñemos algunhas actividades divertidas para xogar.

Neste enlace tedes un montón de actividades e xogos:

http://www.cadernoverde.gal/













MANUALIDADES:





PROPOSTA

 FACER ALGUNHA ACTIVIDADE CREATIVA/ARTÍSTICA RELACIONADA CO MAR: MANUALIDADE, CONTO, TEATRO...BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!!!

15.5.20

LETRAS GALEGAS E DÍA DA FAMILIA



A DATA MÁXIMA PARA O ENVÍO DO CALIGRAMA E O AUDIO RECITANDO UN POEMA DE ROSALÍA É O LUNS 18 DE MAIO. GRAZAS

14.5.20

LETRAS GALEGAS

O domingo festexamos o Día das Letras Galegas, e este ano está dedicado a Carvalho Calero.
A pesar de que en infantil traballamos esta conmemoración a través da arte e Rosalía de Castro, enviamos recursos para os/as que quieran coñecer un pouco máis a este home e a súa obra.


  • ESCAPE ROOM
https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

  • CONTOS:


Os bolechas: Carvalho Calero






  • ACTIVIDADES EN REDE:


http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/



  • CONTO/MÚSICA/ACTIVIDADE


http://aspitas.gal/


MONTÓN DE RECURSOS 

https://aulasgalegas.org/especial-letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero/

12.5.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 11º SESIÓN)

LEO, LEO...TI LES?



Esta actividade forma parte do programa de Radio Balea: Festexamos!! 
Neste audio está a profe Vanessa recitando un poema de Manuel María:




Se non tedes instalada unha gravadora, podedes instalar unha app coma esta:





11.5.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 10º SESIÓN)

MOI BEN!!!!!!!!! O cadro de Viki Rivadulla está dedicado a Rosalía de Castro.


ACTIVIDADE:

Agora tedes que que escribir, igual que Rosalía, cousas sobre vós utilizando a estructura do seu poema.

Exemplo:

Eu... paseo
Eu... xogo
Eu ... cociño con mandil
Eu...

8.5.20

ANIVERSARIO DE DANIA

Hoxe está de aniversario de Dania, e como estamos confinados e non podemos ir á escola, non é posible entregarlle o libro cos debuxos creados para ela,.

 Aínda así queremos facerlle un agasallo, debuxos de todos. Esperamos que te guste!!!

FELICES 6 ANOS!!!!!!


PROXECTO EXPRES-ARTE ( 9º SESIÓN)

Esta vez cambiamos de autor, este cadro é de Viki Rivadulla, unha muxiana que fixo esta obra engadindo uns versos dunha grande escritora galega para conmemorar a súa labor.

Tedes ata o luns para darlle voltas á cabeza e pensar quen será a autora deste poema!!!!!!

Podedes escribir os nomes que se vos ocorran e o luns comprobaredes de quen se trata!!



6.5.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 8º SESIÓN)

 ACTIVIDADE 1:

Esta vez, e para rematar coas obras de Kandinsky propoñemos realizar un cadro propio, utilizando materiais reciclados e reutilizables: restos de papeis, periódicos vellos, plásticos, cordas... o que teñades por casa.

Indicacións:

-  Facer un boceto da nosa obra: podemos debuxar con lápiz a estructura da mesma
- Dar un fondo de cor se é preciso
- Buscar os materiais necesarios
- Construir a obra e facer modificacións necesarias


  ACTIVIDADE 2:

- Poñemos título a nosa obra: escribimos pola parte de atrás da mesma ou nun cartel separado.