Este ano os pintores enchen o colexio de moito colorido.
Cun pincel na man e a cara manchada, esta comparsa é a máis animada! Pintamos aquí, pintamos alá, a nosa alegría non vai terminar!
Se queres ver aos nosos pintores, prema na imaxe.
Este ano os pintores enchen o colexio de moito colorido.
Cun pincel na man e a cara manchada, esta comparsa é a máis animada! Pintamos aquí, pintamos alá, a nosa alegría non vai terminar!
Se queres ver aos nosos pintores, prema na imaxe.
Esta semana volvimos a aula sensorial para realizar actividades relacionadas co Entroido, como por exemplo:
- Pulseiras con luz ultravioleta.
- Minimundos e mandalas con elementos de entroido.
- Mesa de luz con caretas e paiasos.
- Elaboración de máscaras.
- Poñerlle as partes ao paiaso con ollos tapados.
- Buscar pedras preciosas no arroz e con lanternas.
E a nosa favorita foi disfrazarnos. Podedes ver todas as fotos de todos os cursos premendo no seguinte enlace: aula sensorial entroido.
Chegou o día máis esperado polos nenos e nenas, no que poden lucir os seus disfraces, así de guapos e guapas está a clase de:
4º E.I.
5º E.I.
Hoxe realizamos unha actividade moi creativa: deseñamos disfraces.
Cada neno e nena tiñan unha imaxe deles mesmos e tiñan que disfrazala do que quisexen.
Para iso, utilizando distintos tipos de papeis e materiais, tesoiras e pegamentos, pensaron de que se disfrazarían, que materiais precisarían e fixeron bocetos, unha vez tiñan as partes debuxadas completaron a tarefa, quedan unhas verdadeiras obras de arte.
O pasado martes o alumnado de 6º E.I. foi vivir o entroido a través dos diferentes sentidos na aula sensorial, realizando por grupos as seguintes actividades:
- Cos ollos tapados tiñan que poñerlle as diferentes partes da cara a un paiaso, seguindo as indicacións dos compañeiros e compañeiras
- Estreamos o chan de diferentes texturas e, cos pés sen calcetíns, tiñan que realizar un circuíto por este, dín que foi a actividade que máis lles gustou.
- Para o olfato xogaron ó memory, no que tiñan que unir cada olor coa froita correspondente.
- No proxector tiveron que colorear unha máscara de entroido.
- Na mesa de luz decoraron varias imaxes de entroido con elementos de cores translúcidos.
- Na cabana escura observaron e leron libros e contos, pero éstes eran especiais, xa que tiveron que utilizar as lanternas de luz ultravioleta para descubrir as cousas agachadas nas páxinas.
- Espazo chroma: creamos unha parte de gravación chroma onde utilizaron diversidade de disfraces e complementos para xogar nas diferentes paixases que aparecían na tablet.
- Na mesa sensorial, utilizando a ruleta con debuxos de entroido, tiveron que buscar os obxectos agochados.
Foi unha sesión moi divertida e o pasaron en grande!!!
O xoves 24 de febreiro, 4º e 5º de Educación realizamos unha festa de disfraces, na que cada quen podía vir ó cole como lle apetecera. Na nosa clase, antes de baixar á festa, tivemos unha grande merendola grazas a Ana e a Urko, os papás de Laia, que trouxeron unha cesta cheíña de cousas para compartir entre todos: filloas, crema de cacao para untar, un paquetiño individual con magdalenas, aspitos, chuches, unhas máscaras de photocall de agasallo, servilletas de cores...
Quedamos todos alucinando con semellante agasallo!!!!!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!
Despois baixamos a psicomotricidade onde bailamos e xogamos coa música do cole que máis nos gusta. Foi unha xornada moi divertida.
E o venres 25, disfrazámonos, igual que o resto da Comunidade Educativa, de madamitos e madamitas de Cerqueda. Posto que o tempo non acompañou, cambiamos o pasarrúas en Malpica por un desfile no pavillón ó que convidamos as familias. Tras lucir os disfraces despois do desfile de 4º de EI, ambas clases bailamos a Riveirana, unha das cancións típicas desta tradición na nosa vila, para deixar paso ó seguinte turno de desfile.
Onte no Leolab, realizamos unha actividade creativa para a creación de coroas de entroido. Cada peque tiña unha tira verde que podía decorar como quisexa cos materiais e ferramentas dispoñibles: tesoiras, pegamentos, pegatinas, iron fix, goma eva, cartolinas, plumas...
Pasáronno xenial e quedaron coroas moi chulas!!!!
Onte comezamos a celebrar o Entroido facendo Orellas na cociña.
Atopamos unha receita moi sinxela e os peques pasaronno xenial amasando o seu trociño e estirando co rodillo!!!
Ademais quedaron deliciosas!!!!!
Este ano tocou un entroido diferente pero intentamos que fora igualmente especial. Preparámonos cos nosos disfraces de Superheroes e Superheroínas, fixemos rosquillas na cociña e non paramos de bailar en todo o día.
A pasada semana chegou un cartel sobre o entroido, no que se falaba do Farruco e do seu mandadiño. Así que, na baixada do recreo, descubrimos a Farruco, e ó principio tiñamos algo de reparo, pero ó saber que nos mandaba traer o luns algo na cabeza, e que era un xogo moi divertido, o medo marchou e deu paso á risa e á expectación!!!!