30.9.20

LAVAMOS AS MANS ( 4º EI)

 Unha das rutinas máis importantes é a da hixiene, e máis nos tempos que corren, así que esta semana estamos traballando moito a limpeza das mans a través desta canción, xa que ademais de cantala intentan imitar o movemento dos dedos!!

29.9.20

OS PRIMEIROS TRABALLIÑOS ( 4º EI)

Nestas primeiras semanas de cole estamos traballando as normas e rutinas: aprender a facer a asemblea, esperar o turno,  recoller antes de cambiar de xogo...


Tamén comezamos a traballar o noso nome:


Como estamos en OUTONO, descubrimos a canción desta estación, e a vogal pola que empeza.


 


Un día na asemblea un neno dixo que quería aprender a facer a letra O, polo que collendo as variñas máxicas ( o noso dedo índice) debuxamos a letra no aire, practicamos na pantalla táctil e fixemola con plastilina, practicando antes a facer churriños!!!!


Neste enlace tedes as fotos que puidemos sacar:  FOTOS 

22.9.20

Leolab - 3 anos

 Os nenos e nenas de 3 anos xa estrenaron as instalacións do Leolab, gustoulles moito poder facer construccións novas co Kapla, xogar co mecano, co lego, cos bunchers... están deseando poder volver a esta instalación que tanto nos gustan a todos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Leolab.



16.9.20

OS 1º DÍAS NA ESCOLA ( 4º EI)

 Os cativiños/as de 4º EI comezaron a súa andadura no cole o 10 de setembro. Nestes días estamos establecendo vínculos entre toda a clase, coñecendo a nosa aula, o patio, aprendendo as nosas rutinas, normas... e a medida que avanzan os días, exploramos distintos espazos do cole, polo de agora visitamos a nosa biblioteca.




FOTOS






9.9.20

BENVID@S!!!!!

Ola a tod@s!!! Mañá comezamos un novo curso escolar, cheo de incertidumbres e retos por superar. Esperamos que veñades cargadiñ@s de enerxía e con moita ilusión, xa que vos esperamos cos brazos abertos e moito cariño, acumulado de tanto tempo sen poder estar con vós. Temos moitas ganas de coñecer ós novos/as alumnos/as que comezarán mañá a súa andadura no noso cole e de volver a encontrarnos con tod@s vos. MAÑÁ VÉMONOS, E AÍNDA QUE NON PODAMOS DAR APRETAS RECIBIRÉMOSVOS CUN GRANDE SORRISO!!!!

7.9.20

Inicio de Curso

4º de Educación Infantil seguirá o período de adaptación indicado para cada unha das familias. 5º e 6º de Educación Infantil , o luns 14 de setembro, entrarán tamén un pouco máis tarde para organizar á entrada 9:30 a 13:00, a partir do martes xa virán en horario normal. Recordar que as SAÍDAS adiántase un cuarto de hora para Educación Infantil e 10 minutos para 1º, 2º e 3º Educación Primaira, para evitar aglomeracións nas mesmas.