25.6.20

ANIVERSARIO DE SAÚL

Ata agosto, Saúl non cumplirá 6 anos, pero como non poderemos celebralo xuntos e o cole xa remata, felicitámolo un pouquiño antes.

Esperamos que che gusten estes debuxos dos teus compis, e que o día do teu aniversario o pases en grande.

MOITAS FELICIDADES ADIANTADAS!!


ANIVERSARIO DE BENITO

No verán Benito cumplirá 6 anos, e posto que non podemos vernos queremos felicitarlle por adiantado. Esperamos que che gusten os debuxos que fixeron os teus compañeiros/as para ti. 
Disfruta das vacacións e...

  MOITÍSIMAS FELICIDADES!!

18.6.20

EXPERIMENTO DO PAN ( 6º EI)

Hai moitos meses atrás, realizamos o experimento do pan, collendo 3 mostras que tratamos de distinta forma. Un trozo de pan gardado nunha bolsiña sen tocalo, utilizando unhas pinzas, outro tocámolo coas mans limpas y o último coas mans sucias. Cando quixemos comprobar pasado un par de meses como estaban as mostras, apreciamos algún cambio, pero nada significativo.
Agora pasados máis de 6 meses de aquel experimento xa temos as evidencias para ver a importancia de lavar as mans.







15.6.20

ANIVERSARIO DE MARCELO

Hoxe está de aniversario Marcelo, xa cumple 6 anos!!!
Todavía non podemos ir á escola, así que esperamos que tiveras un día estupendo e os debuxos que te fixeron os/as compañeiros/as te gusten moito.


MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!

11.6.20

Laboratorios de Aprendizaxe


No primeiro trimestre do presente curso puxemos en marcha no noso cole os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima. Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.
Entendemos estos laboratorios como espazos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas, onde crear, experimentar, investigar…dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres do noso colexio.
Esta actividade quedou cancelada  coa declaración do estado de alarma polo COVID-19 e a suspensión das clases. 
Desexamos que para o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios nos que tanto aprendemos e desfrutamos.

9.6.20

PROPOSTA SEMANAL: OS OCÉANOS

Onte, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos. Así que vos propoñemos algunhas actividades divertidas para xogar.

Neste enlace tedes un montón de actividades e xogos:

http://www.cadernoverde.gal/













MANUALIDADES:





PROPOSTA

 FACER ALGUNHA ACTIVIDADE CREATIVA/ARTÍSTICA RELACIONADA CO MAR: MANUALIDADE, CONTO, TEATRO...BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!!!