21.1.19

Recuncho de China: Inventos Chinos ( 5º EI)

Hoxe pola mañá , ademais de cambiar as responsabilidades por ser luns, tivemos dúas grandes sorpresas. Por un lado Valentina trouxo un libro de Origami, a arte de facer figuras con papel, e Juan Luis unha cometa feita na casa.
Na hora do recreo baixamos a voar a cometa de Juan, pero todos os nenos e nenas querían facelo ó mesmo tempo, polo tanto, tendo en conta que a papiroflexia é un invento chino e a cometa tamén, faremos na clase un obradoiro de origami para que cada un teña a súa propia cometa de papel.

FOTOS: Origami e cometas

Recuncho de China ( 5º EI)

A semana pasada Juan Luis trouxo un cartel que se coloca nas portas na celebración do Ano Novo Chino e ademais unha caixa, dentro da cal había un exemplo de vermes de seda. A pesar de que non eran de verdade, tocamos os vermes de gominola e a seda. Moitas gracias!!!




18.1.19

PROXECTO CHINA: Orientámonos coa brúxula ( 5º EI)

Tras descubrir o que era una brúxula, buscamos na bola do mundo onde era o norte, o sur, o este e o oeste. Despois utilizamos a Tablet para , na aula de psicomotricidade, xogar ós mariñeiros: un era o mariñeiro perdido no medio do mar, e utilizando a brúxula, tiña que atopar o norte, unha vez atopado cambiaba o seu lugar polo campañeiro da rosa que estaba no norte. Despois buscamos o puntos cardinais e pegamos en cada columna o cartel correspondente, para xogar a ir ós puntos cardinais. Tras esta xornada rematamos facendo una actividade de relaxación por parellas.


Fotos xogos coa brúxula

14.1.19

Proxecto China: Brúxula ( 5º EI )

Hoxe recordamos que en China tamén inventouse a brúxula, así que decidimos xogar con algunha, e o sitio do cole onde poderiamos atopar algunha era na Aula do Mar. Unha vez alí atopamos cousas moi interesantes, entre elas varias brúxulas bastante antigas ( mañá faremos un xogo de orientación cunha brúxula) e de volta a clase atopámonos cun mural feito polo alumnado de 1º de Primaria, un mar de letras, así que utilizámolo para xogar a atopar a inicial de varios animais, ó remate fomos a aula do maiores a darlles as gracias.




fotos

SOMOS RESPONSABLES ( 5º EI )

Agora que comezamos un novo trimestre , cada neno e nena terá unha responsabilidade concreta ata o próximo luns, así as responsabiblidades semanais son: dous responsables de organizar as merendas, dous contacontos, dous encargados do material, unha persoa de orde e limpeza, a persoa pacificadora, o encargado do tren, o da luz e a porta, a mochila viaxeira, os xogos viaxeiros, encargado das rutinas e o bibliotecario.



Fotos responsabilidades

RECUNCHO DE CHINA: ANO NOVO CHINO ( 5º EI )

Juan Luis compartiu connosco un panel sobre o Ano Novo Chino. Tras miralo, descubrimos como se celebra nese país a chegada do ano do Porco. Posto que o Día da Paz está preto e esta celebración tamén, utilizaremos o costume chino de entregar sobres vermellos con palabras de felicidade e boa fortuna ós nosos compañeiros/as.







13.1.19

Proxecto China: as 5 moedas ( 5º EI)

Ó comezo do Proxecto, Juan Luis trouxo un pequeno amuleto formado por 5 moedas chinas, posto que, colocado na porta de entrada ás casas, suponse que trae felicidade e fortuna , e evita a entrada de malas enerxías, decidimos facer un para a nosa clase, e despois de tómalo con calma, xa temos o amuleto na nosa porta.  A felicidade está asegurada !!!
Pintamos as moedas, cada un coseu un fío de lá, e rematamos intentando reproducir letras chinas.



Fotos: as moedas chinas

Proxecto China: O Mikado ( 5º EI)

Esta semana Breixo trouxo a clase un xogo ancestral chino: o MIKADO. No primeiro trimestre centramos o Proxecto na gastronomía China, na Gran Muralla e nos Dragóns. Este segundo trimestre, en principio, afondaremos nos inventos, na celebración do Ano novo Chino e nas artes marciais.




SORPRESA NAVIDEÑA ( 5º EI )

O primeiro día, trala volta das vacacións do Nadal, atopamos un agasallo que nos deixaron os Reis Magos ó lado da nosa árbore. Con moita ilusión, abrímolo e descubrimos que era un xogo para o recuncho da cociña!!!!!!!