30.4.18

Recuncho mariño ( 4º EI )

A pasada semana Valentina trouxo a clase una grande sorpresa, MEDUSAS!!! As medusas estaban na praia de Malpica, e atopáronnas na area varios nenos e nenas da clase. O raro é que, cando as colleron eran azuis, pero cando meteron unha delas na casa en auga doce, cambiou a cor, e agora é transparente!!!




Aniversario de Saúl ( 4º EI )

A pasada semana Saúl foi o noso protagonista, e a pesar de que non cumple 4 anos ata o verán,celebramos o seu aniversario. Escoitamos a historia inventada na casa e recollida no libro viaxeiro "Un mar de contos", historia na que Saúl é un cabalero valente que ten que rescatar á princesa, decoramos a súa coroa de protagonista, cociñamos masa de follado con chocolate, cantámoslle, bailamos e regalámoslle bicos e apretas. Moitas felicidades adiantadas Saúl!!!

27.4.18

DÍA DO LIBRO (5º E.I.)

O luns 23 celebramos no colexio o día do libro. Cada neno e nena da clase tiña un padriño ou madriña lector de 3º e 4º de educación primaria, que viñeron a semana anterior a coñecer os seus afillados e afilladas para saber os seus gustos literarios e así escoller un conto. De xeito, que na hora de ler os padriños e madriñas viñeron buscar os seus afillados e afilladas para baixar xuntos ao patio lerlles o conto.


25.4.18

RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Os últimos días recibimos novas cousiñas para o Recuncho Mariño, Dania trouxo uns contos para compartir " Acuario", que fala de animais mariños a través de rimas e "El pez Arco Iris ", que transmite o valor de compartir, ademáis dun tesouro!!!!!! Unha Caixa do seu avó chea de cunchas distintas, formas de caracolas que nunca viramos , e todas procedentes de cando o avó embarcaba no Gran Sol.
Valentina trouxo outras cunchas, parecían iguais, pero ó tocalas e velas de cerca decatámonos de que eran distintas!!! Fixemos xogos con elas, sobre todo de conteo, e as utilizamos para facer ritmos!!!

                                           Moitas Gracias







IOGA E RELAXACIÓN ( 4º EI )

Cada semana dedicámonos un ratiño a facer actividades de ioga e relaxación, controlando a respiración e traballando cos compañeiros.








COMPARANDO MEDIDAS ( 4º EI )

Tras descubrir que o Cangrexo Ermitán medía 40 centímetros, utilizamos o metro para saber canto é esa medida, e aproveitamos para medirnos nos, e comparar as medidas!!!

Para ver as fotos premer no seguinte enlace:


https://photos.app.goo.gl/gb0rOH4cvgjkaSv13


DÍA DO LIBRO ( 4º EI )

O luns 23 celebramos no centro do Día do Libro. Para iso cada neno e nena da nosa clase tiña asociado un padriño/ madriña lector de 3º de Primaria , que veu a clase a pasada semana para coñecer ós afillados e saber os seus gustos lectores. O luns, na hora de ler, os padriños e madriñas viñeron a clase a buscar ós afillados/as e baixalos ó patio, onde despois de buscar un sitio ameno, comezaron a ler os contos escollidos. Tras rematar os levaron á fila e subiron con eles a clase. Esta é unha actividade moi motivadora para todos, pero neste caso foi máis especial,   xa que os nenos e nenas de 3º EP deixaron de ser afillados/as para ser padriños e madriñas lectores, e os nenos/as da clase era a primeira vez que participaban nesta actividade!!!








Tamén fixemos un pequeno podcast en RADIO BALEA, no que comentamos cales son os nosos contos favoritos, esta vez os interlocutores foron Gabriel, Noa, Dania e Marcelo.






https://soundcloud.com/bemilladoiro-1/dia-do-libro-3-anos

ANIVERSARIO DE NOELA (5º E.I.)


BANDEIRAS DO MUNDO (5º E.I.)

Aproveitando que xa coñecemos algunhas bandeiras e que nuns dos atlas que empregamos para buscar o país que visitamos; estivemos buscando entre todas as bandeiras do mundo as de Estados Unidos, Arxentina, Perú, Australia, Filipinas e Xapón. Conseguiron atopalas entre tantas bandeiras que hai no mundo, non podemos crer que haxa tantos paises e cada un coa súa propia bandeira.


XAPÓN (5º E.I.)

Continuamos coa volta o mundo surfeando, desta vez deixamos Filipinas para viaxar un pouco máis o norte ata Xapón, seguimos visitando paises insulares.
Aterramos no aeroporto de Tokio, visitando a cidade, da cal o que máis nos chamou a atención foi un paso de peóns onde cruza moita xente ao mesmo tempo e tamén cruzan en diagonal, Logo, visitamos o monte Fuji, un volcán inactivo, para finalmente ir a praia de Kuneguma a facer a nosa proba do mundial de surf.


A continuación déixovos os enlaces para as visitas:

PASO DE PEÓNS

MONTE FUJI

KUGENUMA BEACH

Nesta viaxe aprendimos como se din algunhas palabras en xaponés como por exemplo: hola. adeus, estrela fugaz, sol, Tokio, Xapón, Australia, etc. Encantoulles escoitalas en xaponñes, fixolles mloita gracia, así que désixovos o enlace para que tamén na casa aprendades un pouquiño de xaponés TRADUTOR ESPAÑOL - XAPONÉS.

24.4.18

DÍA DO LIBRO (6º E.I.)

CUMPLEANOS DE LARA (6º E.I.)

Esta semana celebramos o cumpleanos de Lara e para tal ocasión a súa avoa Carmen trouxo un libro moi especial e que lle gusta moito a Lara, que é un conto do seu pai que leva o título de "Dos cuentos en el bosque". Entre as dúas contáronos esta historia tan divertida.




16.4.18

LECTURAS PEQUECHAS XIII

Hoxe Iker e Blanca de 2º de E.P. contáronnos o conto dos Bolechas "A Tatá picouno unha abella".



XOGAMOS

Unha das novas adquisicións do colexio é o xogo de Hervé Tullet ¡Wauu!. Neste xogo temos que pensar moito, xa que hai que facer series ou pensar que non podemos repetir a mesma cor. Temos diferentes plantillas con círculos brancos onde temos que poñer unha ficha redonda. Para coller esta ficha temos que meter a man nunha bolsilla e sen mirar coller unha. E, se resulta que non podemos colocar a ficha perdemos a quenda e vai outro compañeiro. Gaña o que complete a plantilla.



Déixovos a continuación as instruccións do xogo:

15.4.18

BUSCAMOS E ATOPAMOS

Esta semana a nosa compañeira Celia tróuxonos un libro de animais mariños no que tiñamos que buscar os animais da parte inferior do libro, na parte superior en diferentes hábitats mariños. 
Gracias a Celia por este préstamo. 




CONCERTO (5º E.I.)

O martes a profe Patricia e os nenos e nenas de 6º de E.P. invintáronnos a escóitalos. E, como non, aceptamos a invitación. Tocáronnos un par cancións, gustounos moitísimo o pequeno concerto que  deron para os nenos e nenas de educación infantil.
MOITAS GRAZAS!



Para ver os vídeos, premer no seguinte enlace:


https://photos.app.goo.gl/eZ7dQgpTdA30teA83




Recuncho mariño ( 4º EI )

 
A semana pasada, Valentina trouxo 3 ovos de peixe raia e un libro de animais mariños perigosos, que ademáis ven cun CD!!! Esta semana continuaremos investigando!!!Moitas gracias
 
 
 
 


Investigando as caracolas ( 4º EI )

O martes recibimos a visita de María, a mamá de Juan Luis, trouxo unha caracola cocida, case todos a probamos, algúns non lles gustou nada, pero a maioría quería repetir. Moitas grazas!!!






resolvendo o misterio das caracolas




Unha vez resolto o misterio, fixémonos un novo podcast en Radio Balea!!!

https://soundcloud.com/bemilladoiro-1/caracolas-3-anos-terceira-parte











Concerto a infantil de 6º Primaria


A semana pasada , todo o ciclo de infantil visitamos á profe Patricia na clase de música. Os nenos e nenas de 6º Primaria tocáronnos dúas pezas aprendidas na clase, disfrutamos moito do concerto, moitas grazas!!!

Para ver os vídeos, premer no seguinte enlace:


https://photos.app.goo.gl/eZ7dQgpTdA30teA83

13.4.18

ÁFRICA (6º E.I.)

Esta semana comezamos a descubrir diferentes países de África, xa que Leo tróuxonos distintos obxectos de Senegal, Mara unha rosa do deserto de Túnez e Lucas e Gonzalo varios libros sobre Exipto. O primeiro que fixemos foi levar o noso barco dende México ata África e, finalmente, intentar situar cada un dos países para quedarnos en Exipto que é o que lle imos dedicar un pouquiño máis de tempo a próxima semana.



Despois comenzamos descubrindo Túnez e un dos seus peculiares mercados, como son os das especias. Así que primeiro ulimos varias delas e seleccionamos cales eran as que mellor ulían e cales as que peor, pero non nos puxemos dacordo. Cada un pegou na súa ficha as que máis lle gustaran e quedounos unha ficha moi olorosa.
















E esta semana tamén descubrimos Senegal, comezamos cunhas actvidades de música que atopamos en internet onde traballamos distintos ritmos, bailes e instrumentos de África, podedes repetilos na casa premendo no seguinte enlace: Senegal. Despois aprendimos unha canción africana que requería moita coordinación e aínda que nos costou un pouquiño aquí tedes o resultado:

MVI_2769 from Sandra on Vimeo.

Ademais Leo mostrounos todas as cousas que tiña de Sengal, un cadro moi bonito, diferentes prendas de roupa co seu nome en senegalés, unha moeda do país... O que máis nos gustou foi un colar con moitas cores, así que quixemos facer o noso pintando macarróns de cores, quedounos moi bonito aínque que manchamos os dedos un pouco. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ÁFRICA.




12.4.18

Recuncho mariño: cangrexos ermitáns ( 4º EI)

Tras chamar por teléfono ó capitán de barcos ( avó de Breixo) e descubrir que as Caracolas non están baleiras, recibimos unha grande axuda por parte de Valentina. Compartiu connosco un libro e unha notiña da familia. Así descubrimos que en Malpica, as caracolas chámanse CARLOUS, e tamén que cando no mar unha cuncha de caracola está baleira, os cangreixos ermitáns utilízana meténdose dentro. Cando medran moito, buscan novas cunchas na que vivir!!!! O Cangreixo ermitán máis grande pode chegar a medir 40 cm!!!!





Vimos na clase este capítulo dos Octonautas que explica perfectamente como cambian de cuncha os cangrexos ermitáns!!!




Recuncho mariño ( 4º EI )

Esta semana Dania trouxo a clase una cuncha, non sabemos de que animal é, uns dicían que era de carlous, outros de cangrexo ermitán, de mexilóns, de berberecho... Temos unha nova dúbida por resolver!!!!
 
 
 

Lecturas pequechas ( 4º EI )

Este luns recibimos a visita de Germán e Sofía lendo un conto da colección de " Os Bolechas". Son contacontos maravillosos, moitas grazas!!!!!!!
 
 
 

9.4.18

FILIPINAS (5º E.I.)

Continuamos coa nosa viaxe. Despois do parón das vacacións, para disfrutar da nosa casa, collemos o avión rumbo a Filipinas, que está moi pretiño de Australia. Ao chegar observamos que mentras Australia é unha illa moi grande; Filipinas está formada por varias illas.
Aterramos en Manila, e aproveitamos para visitala, e ver que ten unha parte vella onde se atopa o forte Santiago. Logo, visitamos algo moi característico do país, que son os arrozales en terrazas. E, finalmente, collimos rumbo a Siargao para a próxima proba do mundial de surf.




Déixovos os seguintes enlaces para que tamén poidades visitar o mesmo ca nós:

MANILA

FORTE SANTIAGO

ARROZALES EN TERRAZAS

SIARGAO

HORA DE LER (5º E.I.)

Tamén neste día viñeron catro nenas de 3º de E.P. a contarnos e dramatizar  o conto "Os Bolechas: o rato Pérez". Tivemos unha hora de ler moi ocupada e solicitada 😊😊😊



LECTURAS PEQUECHAS XII (5º E.I.)

Continuamos coas lecturas dos nenos e nenas de 2º de E.P. Desta vez Moisés e Carla contáronnos o conto "Señores meses".




6.4.18

XOGOS CON CUNCHAS ( 4º EI)

No segundo trimestre, no cofre dos tesouros da serea Leo, apareceu unha caixa chea de cunchas de berberechos. Esta vez utilizámolas para traballar o conteo, a descomposición do número tres e facer creacións artísticas con elementos naturais.
Tamén descubrimos , gracias á profe Patri, que as cunchas de vieiras serven para facer música!!!



INVESTIGANDO SOBRE CARACOLAS: O CAPITÁN DE BARCOS ( 4º EI )

Hoxe continuamos buscando resposta á pregunta... terían algo dentro as caracolas cando vivían no mar?
Os nenos e nenas viñeron con respostas das casa, todos estaban de acordo en que as caracolas no mar teñen algo dentro, uns dicían que bichiños e outros que gusanos.
Decidimos chamar ó avó de Breixo, que foi capitán de barcos, para buscar a resposta correcta. Baixamos á conserxería, cada neno e nena tiña un número que marcar, chamamos e conseguimos una resposta:
AS CARACOLAS SON COMO OS CARACOIS DA TERRA!!!!!!

Seguiremos investigando sobre estes animaliños. Moitas grazas!!!!


RECUNCHO MARIÑO ( 4º EI )

Continuamos ampliando o recuncho mariño cun par de debuxos de caracolas feitos por Juan. Moitas gracias!!!



5.4.18

AS CARACOLAS ( 4º EI )

A partir da caracola que trouxo Juan, comezamos unha nova liña de investigación, e levamos toda a semana sendo detectives. Por suposto, aínda non resolvemos a nosa dúbida... terían algo dentro as caracolas cando estaban no mar? Mañá continuaremos comprobando as fontes de información que propuxemos o martes na asemblea. Se queredes escoitar os programas de radio Balea, premer no seguinte enlace, que ademais está no lateral do blogue principal do cole

http://bemilladoiro.blogspot.com.es/







RECUNCHO MARIÑO: CARACOLAS ( 4º EI )

O martes, tras a volta das vacacións, Juan trouxo unha caracola, mirámola, escoitámola, tocámola... e por suposto xurdiron dúbidas!!!


VISITA DE LOLA: LIBRARÍA AENEA

O martes recibimos a visita de Lola, a dona da libraría Aenea, contounos varios contos, e tivemos unha participación activa descubrindo as sorpresas dalgúns libros. Para ver as fotos, premer no seguinte enlace:



https://photos.app.goo.gl/F6CFHjjlEwr94CAV2

ANIVERSARIO DE MARCO G. (5º E.I.)