20.5.23

PERCORRENDO GALICIA: MANZANEDA ( 6º EI)

 

Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

 Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

A pasada semana viaxamos con Catuxa a Manzaneda, exactamente ó souto de Rozabales, onde nos ensinou un castiñeiro que ten un perímetro superior a 12 metros!!

Así que nos puxemos mans á obra: canto son 12 metros? Collemos o noso metro de 5m e primeiro medimos a clase, como non chegaba tivemos que saír ó pasillo, e medir de 5 en 5 máis dous. Despois puxémonos en fila cos brazos moi abertos sen tocarnos e aínda así non chegamos ata a marca.

Unha vez na clase colocámonos nunha roda para intentar ter unha pequena referencia do perímetro desa árbore, que grande é!!!!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario