25.12.20

Laboratorio de imaxe: Un nadal con moita luz

 Neste mes de decembro, o equipo tecnolóxico, baixo o lema Un Nadal con moita Luz, propuxo realizar dentro do laboratorio de imaxe, unha postal de Nadal incluíndo nela unha circuíto electrónico sinxelo.

Os máis peques realizaron circuítos E-Téxtil en papel e os máis maiores desenvolveron a creatividade utilizando fieltro. 


O pasado curso, a partir dunha formación para o alumnado ofertada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, tivemos no centro a Paola Guimeráns, un referente na creación de circuítos E-Téxtil, polo que este curso decidimos que todo o alumnado do centro tiña que coñecer esta dinámica tan creativa e chamativa.


Aquí tedes os produtos finais!!!  



Postais navideñas con circuítos electrónicos - Kizoa Movie Maker




FELICES FESTAS !!!!!!!

CARTA ÓS REIS MAGOS ( 4º EI)

Neste mes, os nenos e nenas de 3 aniños subimos á Radio Balea por primeira vez. A pesar de que algúns peques non quixeron participar, conseguimos que todos entraran no estudo e permaneceran alí tranquilos un ratiño para perder o medo. Tivemos algún erro técnico polo que falta a gravación dun grupo, aínda así realizaron a actividade e cumplimos o obxectivo, subir e coñecer o estudo de radio e achegarnos ós micros e cascos. Fixéronno moi moi ben!!! Neste podcast podedes escoitar o que piden ós Reis Magos, esperamos que vos guste. FELICES FESTAS!!!!


 

24.12.20

Nadal 2020 en 4º E.I.

 Este vídeo é un resumo dalgunhas das actividades que fixemos neste Nadal tan atípico na clase de 3 anos. Con cada unha delas intentamos que os nenos e nenas sentiran a mesma ilusión e motivación que todos os anos. Esperemos que o disfrutedes!


23.12.20

"O castiñeiro do Apalpador"

 O pasado luns acudimos ao centro cívico a desfrutar dun espectáculo de títeres, "O castiñeiro do Apalpador". Esta función estaba organizada polo Concello e cumprimos con todas as medidas de hixiene e de distancia de seguridade.





21.12.20

Reis Magos



 Hoxe tivemos a visita virutal dos Reis Magos, xa que nos tempos que estamos vivindo non puideron achegarse ao centro como fan todos os anos. Xa elaboráramos as cartas previamente e ademais agasalláronnos con caramelos para todos. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Reis Magos.

Feliz 2021!


 

PORTADAS DOS TRABALLOS ( 4º EI)


Durante este mes traballamos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".  Tras deseñar no Leolab unha locomotora, imprimimos as pezas na impresora 3D , que despois coloreamos con rotuladores especiais e con esmalte de unllas con purpurina. Estas pezas incorporámolas ás nosas portadas nas que realizamos unhas vías para a nosa locomotora. Quedaron moi chulas!!!!!!!!! 


PORTADAS DOS TRABALLOS 

20.12.20

LABORATORIO DE IMAXE: UN NADAL CON MOITA LUZ ( 4º EI)

Para este mes de decembro, o equipo de imaxe propuxo traballar a luz a partir da realización dun circuíto E-téxtil para a creación de postais navideñas. 


 Na nosa clase creamos estas postais partindo do noso tren navideño:







 Tamén realizamos xogos na mesa de luz coa temática do Nadal:








18.12.20

Lab. Experimental_Ciencia en galego na BE

 


Produto final dos Laboratorios Experimentais levados a cabo no mes de novembro, celebrando así o mes da ciencia en galego na BE.


Parabéns a tod@s, grandes aprendizaxes experimentais e en GALEGO!

10.12.20

ADORNOS DE NADAL (4º E.I.)


 

Que bonitas están quedando todas as árbores de Nadal cos adornos de reciclaxe tan orixinais que elaboráchedes, que gran traballo! Podedes ver os adornos dos compañeiros e compañeiras de clase premendo no seguinte enlace: Adornos de Nadal.

9.12.20

Bee-bot Nadal de números


Hoxe estivemos traballando os números a través dun xogo co Bee-bot. Tiñamos que tirar un dado, contar cantos puntiños nos saíran e levar a abella robótica ata unha imaxe que tivera tantos elementos como números nos tocara. Foi moi divertido e podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: BeeBot de Nadal.

Vision 3C: Gianni Rodari ( 4º EI)

 Tras dous meses de moito traballo, os peques de 3 aniños xa remataron de realizar un stopmotion adaptando o conto de Gianni Rodari: Que fai falta?





Stopmotion Rodari - Kizoa Movie Maker

8.12.20

Outono de palabras, Outono de pictogramas


Presentamos o producto final da actividade proposta para este mes de novembro partindo do PDI Visión 3C.

Un resumo de emocións, tan necesarias expresar, comunicar e máis ca nunca nestes tempos de incertezas.
Mais seguimos xunt@s para comunicarnos, para coidarnos, para que se nos escoite porque temos moito que contar e contamos moito: somos cidadáns, con dereitos e deberes, contribuíndo á construción dun mundo mellor. 

Seguiremos emocionándonos, comunicando, construíndo!

4.12.20

XOGO DE NADAL (4º E.I.)

 

O TREN DE MARTIÑO ( 4ºEI)

Hai algúns días comezamos a traballar o conto " Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".

A partir deste conto, no que Martiño lle pedía ós Reis Magos unha locomotora con tres vagóns: vermello, azul e amarelo, realizamos varias actividades:


1. Facer a vía do tren de Martiño, traballando o trazo horizontal e vertical, para que un dos trens que temos na clase puidera pasar por ela.



2. Facemos a portada dos nosos traballiños, debuxando as vías do tren.


3. Deseñar unha locomotora no encerado multitáctil do Leolab, para despois imprimila en 3D  e utilizala nas portadas dos traballiños que fixeron. Cando estean todas impresas, cada peque pintará a súa.




4. Xogamos co Tren de Martiño, no que tiñan que colocar os vagóns por orde de 1 ó 3, e colocar o número axeitado de agasallos en cada vagón.


5. Coloreamos a nosa propia locomotora e ademais puxemos unha foto de cada un de nos conducindo o tren e con todos eles decoramos a árbore da nosa clase.

ANIVERSARIO DE MAYRA ( 4º EI)

 Esta semana celebramos o aniversario de Mayra, que xa ten 3 anos!!!

Entre tod@s fixemos unha cartolina chea de debuxos para ela , que esperamos que che gusten moito. E por suposto, Mayra fixo a súa coroa da cor que escolleu, a rosa.


MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!








2.12.20

Laboratorio experimental 5º e 6º EI.

 

Ola familias!

Neste curso escolar, dadas as circunstancias e situación sanitaria actual, decidiuse modificar a organización dos laboratorios de aprendizaxe.

Así, cada mes poñeremos en práctica un laboratorio que desenvolverá cada titoría co seu grupo de alumnos/as.

No mes de Novembro levamos a cabo o laboratorio experimental.

En asemblea xurdiu a curiosidade de investigar sobre o auga e as súas cores. Ante a situación decidimos experimentar e descubrir que lle pasa á auga cando se introduce no conxelador e se deixa alí varios días. Tamén, quixemos investigar o que pasaría se ademais de introducir a auga no conxelador lle engadimos colorante de diferentes cores.

Moitas foron as hipóteses que os nenos/as aportaron ante a problemática xurdida: a auga convertirase en xeo, poñerase dura, estará fria, non se poderá beber, convertirase nun arco da vella, convertirase en xeo de cores...

- -     Para descubrilo, visitamos a biblioteca de centro e alí consultamos diferentes libros de experimentación. Atopamos un moi interesante, “Los experimentos del agua”, aínda así, non conseguimos unha resposta precisa.  

       Entón, que podemos facer? EXPERIMENTAR









Agora si, concluímos: Xeo de cores!