Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO OS VEHICULOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO OS VEHICULOS. Mostrar todas las entradas

21.4.22

MES DAS LETRAS: TONINO ( 5º EI)

Comezamos a celebración dos mes das letras, 19 de abril ó 13 de maio, coa lectura do conto Tonino, un pingüín que cansado do frío do Polo Sur, decide coller unha barca para ir a Túnez, onde compra un camelo para ir ó deserto do Sáhara, pero ante a falta de peixes no deserto e a morriña decide volver ó seu fogar en submarino.

Trala lectura deste conto pensamos onde está o Polo Sur e onde está Tunisia ( Túnez), así que collemos a bóla do mundo e buscamos. Pensamos que sería interesante ver o fogar de Tonino na Antártida e o deserto de Túnez e saber a distancia entre ambos puntos, así que no Leolab utilizamos o Google Earth para visitar a Illa de Media Luna, onde hai unha grande colonia de pingüíns e o deserto do Sáhara que percorre moitos países e onde vimos camelos. 




18.3.22

Excursión ó Muncyt/ Urban Planet ( 4º e 5º EI)


Esta semana os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos o Museo do Muncyt, onde  coñecimos o Boeing 747, un avión que foi o máis grande durante 40 anos, e descubrimos cousas moi interesantes, como que este avión levou o cadro  "Guernica" de Pablo Picasso, que as caixas negras do avión son vermellas e algo fascinante: as ás dos avións son de cartón!!!!!!!! Tamén alucinamos coa cantidade de botóns que ten a cabina do piloto e as rodas tan grandes que teñen!!!

Tamén vimos cousas moi antigas, como unha lavadora de madeira, teléfono, un modelo das primeiras gafas 3D, un coche, un sidecar...

Despois de merendar, marchamos ó momento máis esperado polos peques...a visita ó Urban Planet!!!!


Pasámolo moi moi ben!!!!!!!


FOTOS 

15.3.22

DACTILOPINTURA (5ºEI)

Durante as últimas semanas, os peques utilizando as súas mans crearon uns vehículos con pintura de dedos.

Así de bonitas quedaron as nosas obras artísticas!!!!





16.2.22

1º CAMPIONATO DE VEHÍCULOS NO CEIP MILLADOIRO ( 5º EI)

 Esta semana pensamos cal dos vehículos da clase gañaría nunha carreira. Así que colocamos máis de trinta transportes con rodas na asemblea e cada neno/a escolleu dous deles, os que creían que chegarían máis lonxe.


Despois, en dous grandes grupos, realizamos varias carreiras na aula de psicomotricidade, seleccionando en cada fase un gañador en cada unha delas.

Por último, chegamos á final con 6 vehículos, polo que toda a clase baixou a psicomotricidade para coñecer o resultado deste campionato.

Grazas a Álex, o conserxe, utilizamos unha rampa chulísima e fíxonos un podium para colocar ós vehículos gañadores.


                                     Preme na imaxes para acceder á galería


FOI UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDÍSIMA, E AGORA TEMOS UNHA RAMPA, UN PODIUM E UNHA BANDEIRA DE CARREIRAS PARA SEGUIR XOGANDO NO NOSO RECUNCHO!!!

15.2.22

PROXECTO VEHÍCULOS: Paisaxe para o recuncho ( 5º EI)

 Durante as últimas semanas pensamos en crear unha paisaxe para xogar no novo recuncho do proxecto, así que, entre todos, pintamos unha cartolina e creamos distintos vehículos para xogar!!!




FOTOS

14.2.22

Proxecto Vehículos: Que corre máis? ( 5º EI)

 A pasada semana comezamos a investigar se corren máis os coches de carreiras ou as motos de carreiras. Para iso fomos ó Leolab, onde na pantalla multitáctil, abrimos un teclado grande para que os peques de un en un, e coa axuda dos compañeir@s puideran ir escribindo as letras.

Comezamos buscando a icona de Internet, e decidindo cal era a pregunta a escribir no buscador. Neste caso descubrimos que os coches de carreiras corren 378km/h e as motos de carreiras 362km/h.

Esta semana comezaremos a investigar cal dos vehículos da clase corre máis!!!!





FOTOS


8.2.22

PROXECTO OS VEHÍCULOS ( 5º EI): Novas dúbidas

 A pasada semana, un neno da clase fixo a seguinte afirmación:

Os coches de carreiras corren máis que as motos!

Ante esta situación, realizamos unha asemblea para saber a opinión dos demais e unha votación, pero en vez de estar todos de acordo foi todo o contrario, algúns dicían que corrían máis as motos, outros que as motos pero de carreiras e incluso dixeron que son máis veloces as lanchas motoras.

Ábrense novas cuestións:

Cal é máis veloz? 

Cal é a velocidade máxima do vehículo máis rápido que existe?

Quen pode saber moito sobre este tema?


Agora temos que investigar e obter respostas!!!!

17.1.22

NOVO RECUNCHO: OS VEHÍCULOS ( 5º EI)

 Tras volver das vacacións da Nadal, decidimos organizar un novo recuncho de xogo sobre o noso Proxecto de Investigación: Os Vehículos.


Grazas as aportacións das familias e materiais que meses atrás collemos de préstamo na biblioteca escolar, o noso recuncho comeza a ser moi interesente: xoguetes, libros de consulta,  contos...


Hoxe decidimos coller todos os transportes que tiñamos no recuncho, clasificámolos como aéreos, terrestres ou marítimos e realizamos un conteo. 





RECUNCHO DOS VEHÍCULOS

1.12.21

Proxecto Os vehículos: Experimento científico ( 5º EI)

 Esta semana estamos traballando o globo aerostático. Así que decidimos realizar un experimento científico dos que atopamos na nosa investigación na biblioteca o pasado mes.

Esta vez procuramos inflar os globos utilizando vinagre e bicarbonato, pasáronno en grande!!!!!




Preme na imaxe para acceder ó álbum


17.10.21

VISITA CENTRO ECUESTRE O VENTOSO ( 5º EI)

 O venres visitamos O Ventoso,  unha granxa-escola, xa que dentro do noso proxecto de aula "Os vehículos", estamos investigando a evolución dos transportes e agora centrámonos nos animais e nos carros.

Neste espazo natural realizamos moitas actividades divertidas: acariciamos a unha chinchilla moi suave, a varios coellos de indias, dimos de comer ós porcos, vimos ovellas e cabras e un montón de aves diferentes: gansos, ocas, patos, paxaros, pavos reais, cisnes... pero sobre todo aprendimos moito sobre os cabalos/ponis: como dirixilos, as partes da montura, porque usan ferraduras e quen as coloca, que comen, e onde viven...


PASÁMOLO XENIAL!!!!!!


FOTOS




13.10.21

Pastel de cenoria (5º E.I.)

 Estamos preparando a nosa visita a granxa escola do Ventoso para ampliar os nosos coñecementos sobre os primeiros vehículos, é dicir, os animais. Estes días comezamos a investigar sobre que comen os cabalos e un dos seus platos preferidos son as cenorias pero como hai moitos nenos/as que din que non lles gusta decidimos facelas en pastel. Aquí podedes ver todas as fotos da xornada: pastel de cenoria.




8.10.21

Proxecto os vehículos: Bucando información ( 5º EI)

 Hoxe, despois da asemblea, saíu o tema dos vehículos.

Se as pernas e pés son o 1º medio de transporte, cal foi o segundo?....

Pensamos, e deducimos que sería utilizar ós animais: vacas, xirafas, elefantes, burros... tamén que os animais tiraban dos carros e carretas, e que para as carretillas non necesitamos animais. Así que na hora de biblioteca buscamos na zona de libros de consulta libros sobre este tema, e atopamos libros sobre trens, globos aerostáticos, barcos...e dous moi interesantes, un sobre vehículos moi modernos con desplegables que decidimos que tiña que ir na mochila viaxeira por todas as casas e outro que trata o tema da evolución nos medios de transporte, así que...


EFECTIVAMENTE, OS ANIMAIS FORON O SEGUINTE VEHÍCULO PARA TRANSPORTAR MATERIAIS E PERSOAS!!!!









Tras ler os libros atopados, descubrimos que os animais que se utilizan nos carros e carretas son animais domésticos fortes e grandes: cabalos, vacas, bois, burros...

Despois desta investigación decidimos ir ó leolab, onde en tivemos que traballar cooperando en grupos de 4/5 nenos e nenas.
 Cada grupo tiña un "cesto", un animal, rodas, tornillos, lá e corda, e a maiores podían coller na mesa de material cantas boyas de redes precisaran para crear un carro tirado polo animal que lles tocou.








7.10.21

PROXECTO: OS VEHÍCULOS ( 5º EI), ZANCADAS

 Unha das cousas que queriamos saber era cal foi o primeiro vehículo, así que pensamos como unha persoa podería levar algo dun lugar a outro, tras descartar a idea de lanzar cousas porque algunhas pesan moito, chegamos á conclusión de que o primeiro vehículo son os pés e pernas!!!!!


Así que miramos cando miden os nosos pés comprobando a talla de zapato e debuxamos a silueta, que despois  pintamos cos pinceis.


FOTOS


Tamén lemos o conto "Rita zancada infinita", no que se traballa entre outras cousas, o respecto á diversidade, as emocións e a aceptación.




Tras a lectura, baixamos a psicomotricidade en pequenos grupos, onde medimos, cunha regra xigante, a zancada máis grande que podemos facer sen caer. Despois desprazámonos dando zancadas, pasitos de bebé, corremos como leopardos, saltamos comos rás, camiñamos como formigas...






O NOME DA NOSA CLASE ( 5º EI)

 A pasada semana decidimos poñer un nome para a nosa clase, xa que non podemos ser a clase de Marta ou Sandra porque a clase somos tod@s, tampouco a clase de 4 anos, pois algúns peques aínda non os cumpliron e en breves comezarán a cumprir 5 anos, e a clase de 5º de Infantil non nos gusta moito.

Así que pensamos como nos poderiamos chamar, polo que cada un escribiu nunha folla a súa proposta para evitar que se "copien"as ideas, por tanto tivemos moitísimas propostas:

Clase dos unicornios, tractores, patinadoras, globos, troncos, pantasma, arco da vella, o vento, Marisa, Evaristo, galiñas, xirafas, corazóns, pulpos, muñequitos, barcos... 

Comezamos as votacións, e eliminamos aquelas propostas que non tiveron ningún apoio, despois votamos de novo varias veces descartando as menos apoiadas, e determinamos que somos ...


A CLASE DOS VEHÍCULOS!!!!


Así que facemos unha asemblea para determinar que queremos saber. Como de momento é un tema bastante amplo, as ideas van xurdindo pouco a pouco.



De momento xa decidimos realizar un cartel para poñer na entrada da aula, para que toda a Comunidade saiba quen somos.




Durante esta semana lemos na aula o conto: El lobo que no quería andar más.




A través deste conto, e polas novas rutinas da asemblea, estamos introducindo os meses do ano. Así que utilizando os vehículos que coloreamos para o cartel da clase, fixemos un xogo para asociar os distintos vehículos que empregou o lobo co seu mes do ano.





Nunha das escenas do conto, o lobo utiliza os esquís, así que nós tamén quixemos esquiar. Baixamos á aula de psicomotricidade e realizamos un xogo de relevos no que tiñan que esquiar utilizando os ladrillos de construción.