22.9.26

Inicio de curso (5º E.I.)

 Comezamos este novo curso, sendo o protagonista deste ano o Lobo Lupo, polo que deixamos por aquí algunhas das actividades que fixemos nestes primeiros días, xa que temos nova asemblea, novas cancións, bailes, novos materiais na zona de traballo (como o teléfono que está sendo todo un éxito)... Podedes ver todas as fotos destes primeiros días premendo no seguinte enlace: inicio de curso.




9.9.26

Benvidos ao curso 2026/27 (5º E.I.)

 Xa estamos de volta, coas pilas recargadas e comezamos un novo curso e unha nova aventura da man do Lobo Lupo. O primeiro que facemos polas mañás, despois da entrada relaxada e de poñer o mandilón é a ASAMBLEA e por aquí vos deixo a parte interactica que imos usar na clase para que practiquedes tamén na casa.