20.12.23

Postal de Nadal 2023

Presentamos a vídeo-postal de Nadal que creamos entre todas e todos para cumprir co Compromi-sas do mes de decembro: Nadal, tempo para comunicar!. Asemade, as bolsiñas-agasallo que Leo, a nosa serea lectora, nos deixou nas portas das aulas tamén tiñan esta encarga: crear unha postal de Nadal para remitir a outras comunidades; e nós enviámola ao Centro de Día de Carballo, para os nosos maiores.

E con esta vídeo-postal, familias e comunidade, todos os nenos e nenas de infantil do CEIP Milladoiro vos desexan...

BO NADAL! 🎅🎄

4ºEI- A NOSO PRIMEIRO NADAL NO COLE

 O mes de decembro é moi especial coa chegada do Nadal.

O primeiro día tivemos dúas sorpresa! Unha carta de Leo e a visita do Elfo. A partir de ahí as aventuras non pararon nin un só día. 

O primeiro foi decorar a nosa árbore con motivo do proxecto, así que se convertiu en un Nadal cheo de sorrisos. Tamén creamos outras decoracións, galletas de Nadal, unha postal, a aula sensorial chea de actividades de Nadal... e por último realizar a nosa carta que foi entregada hoxe ao paxe real.

Se queredes ver algunhas destas actividades, preme na foto de abaixo. 

BO NADAL! 🎅




19.12.23

GALLETAS DE NADAL

 A cociña é un dos nosos recunchos favoritos. Polo Nadal decidimos facer estas sabrosas galletas de manteiga e o máis divertido é que foi internivel. Traballar os grandes e os pequenos mesturados, sempre é o mellor de todo.

Primeiro botamos a fariña, ovo, esencia de vainilla e leite condensada.
Removemos e mesturamos moi ben. 
Despois de reposar fixemos as nosas boliñas, aplastamos co rodillo e poñemos o noso adorno favorito.

Que ben o pasaron estes cativiños! E que rico estaba!



Para acceder á galería preme na foto




14.12.23

NADAL NA AULA SENSORIAL.

 O Nadal é un momento máxico, cheo de experiencias. Por iso a aula sensorial é magnífica para experimentar con diferentes propostas de actividades tan divertidas como estas: minimundos, recuncho de lectura de navideña, neve artificial, buscar obxecto do nadal, mesa de luz, decorar a árbore de nadal, plastilina caseira con sellos de copos,... 
Estes cativiños gozaron moitísimo destas actividades, e podedes velo premendo na imaxe.






12.12.23

4ºEI- ANIVERSARIOS DECEMBRO...TAMÉN LECTORES!

A estes cativiños do Milladoiro encántalles celebrar os aniversarios. Neste caso decidiron que este bizcoito tiña que ser de chocolate, son uns larpeiros! 
Disfrutaron moito tanto na cocina como cantando a Enzo e Paula e sobre todo... cos aniversarios lectores!
Moitísimas grazas a familia de Enzo e Paula por facer isto posible. 
PARABÉNS! 🎉🎊



Preme na imaxe para acceder á galería


30.11.23

4ºEI- O OUTONO NO MILLADOIRO

Aínda que o outono tardou en chegar, nós aproveitámolo ao máximo! Por fin entra pola fiestra o outono no Milladoiro, con as súas cores e follas caendo das árbores. Fixemos diversas actividades como manipular, cortar, pegar, clasificar, contar,.... 
Grazas a todas as familias que nos trouxeron elementos do outono. Cantas cousas aprendimos!


Preme na imaxe para acceder á galería

22.11.23

4ºEI- MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

 Para celebrar o mes das ciencias en galego nas bibliotecas realizamos o seguinte experimento: O ovo saltarín!

Para iso precisamos:

  • Ovos
  • Vinagre
  • Botes de cristal
Pensamos que lle pode suceder ao ovo e tiveron moitas ideas, a máis repetida é que se rompe.

Despois de 48 horas quitamos os ovos e.... SORPRESA!


17.11.23

Delicioso pan para a nosa "Receita VIO"

 Para celebrar o 25 de novembro elaboramos unha receita VIO (da non VIOlencia). Para iso partimos do marabilloso conto "Maruxa" que traballamos toda a semana nas aulas de infantil. Así os nenos e nenas puideron ver cales son os ingredientes que precisa o pan, es sobre todo... o traballo conxunto para facelo!

  • Fermento
  • Fariña
  • Auga 
  • Sal

Xuntamos todo e... xa está listo para amasar e poñer no forno! E sobre todo merendalo o día seguinte!

Grazas a Maruxa ademáis de facer pan, tamén aprendimos que as tarefas deben compartirse para favorecer a igualdade de xénero.



Preme na imaxe par acceder a galería


12.11.23

4ºEI- ANIVERSARIOS NOVEMBRO...TAMÉN LECTORES !

Os aniversarios do Milladoiro son outra cousa! Comezamos por facer a tarta entre todos, poñendo primeiro os mandilóns, axudándonos uns a outros. 

Como todo aniversario, non pode faltar: soprar a vela, cantar e os agasaios. Como nos encantan as sorpresas e os contos, temos os "Aniversarios lectores". 

Moitísimas grazas a familia de Carolina e Antía por facer este día máis especial aínda. 

PARABÉNS ANTÍA E CAROLINA!🎉


Preme na foto para acceder á galería de imaxes.

8.11.23

4ºEI- Samaín

A este cativiños lles encantan as celebracións e esta é a primeira que realizan no cole.

Pintamos as nosas caretas para as "lecturas terroríficas", tamén elaboramos a nosa caixa terrorífica e metimos neve artificial. 
Somos uns valentes que metemos as mans en todas as caixas dos nosos compañeiros/as do cole e tamén experimentamos cunha bandexa sensorial terrorífica!!!

E algo que nos encantou foi actuar e ver a concerto de Xoán Curiel!


Preme na foto para ir á galería de imaxes



4.10.23

3 anos-ADAPTACIÓN

 Comezan as aventuras dos cativiños do Milladoiro de 3 anos! E a primeira delas é coñecer o colexio, os seus amigos, os seus profesores... Este reto foi superado con éxito! Podedes ver pulsando na imaxe como foron xogando, coñecendo o LeoLab, a biblioteca, o patio... Estade todos moi atentos que seguiremos con máis aventuras dos cativiños de 3 anos!


Pinchar na imaxe para acceder á galería

19.6.23

GYMKANA: INFANTIL E 1º EP

 O venres nas últimas horas realizamos un conxunto de probas motrices ó estilo do "Humor amarillo", no que o alumnado de infantil e 1º de Primaria dividido en 8 grupos mixtos tiveron que seguir o circuíto superando os distintos obstáculos, guiados polo alumnado de 5º de Primaria.


Pinchar na imaxe para acceder á galería


PASÁMOLO XENIAL!!

15.6.23

PERCORRENDO GALICIA: FINALIZAMOS O PROXECTO

 


Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

 Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia, desta forma traballamos moitos lugares distintos que previamente situamos no noso mapa de Galicia e descubrimos moitas curiosidades interesantes.

Deixamos un vídeo que resume as localizacións que visitamos!


Percorrendo Galicia - Kizoa Movie Maker



MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN, OS PEQUES ESIVERON MOI FELICES DE CONTARNOS AS SÚAS EXPERIENCIAS E PODER COMPARTILAS!!!

14.6.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE CATUXA ( 6º EI)

 

Hoxe celebramos o último aniversario deste curso  escolar 22-23!!

Tocoulle a Catuxa,  que cumplirá os 6 anos no verán!!!!!Pero como non podiamos quedar sen escoitar a súa historia, visitáronnos o seu pai Suso e María,a súa nai.

Na súa historia vimos todas as cousas que lle gustan a Catuxa, o ben que o pasa coas súas primas e xogar en familia !!!





Este libro  xa está cheo das vosas historias, así que o próximo curso volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, mentres descansará na nosa biblioteca, onde quedará para sempre!!!








Ademais da visita, entre todos, describimos á nosa protagonista, Catuxa, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.













MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS CATUXA!!!!!


Agradecerlle a todas as familias a súa implicación, pois quedou un traballo moi chulo que estará na nosa biblioteca para cando queirades recordar todas as historias escritas e contadas!!!













9.6.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE DANIELA P. ( 6º EI)

 

Esta semana  celebramos por adiantado o aniversario de Daniela P.,  que cumplirá os 6 anos no verán!!!!!Como non podiamos quedar sen escoitar a súa historia, visitounos Sheila, a súa nai, e Antía, a súa irmá maior.


Na súa historia descubrimos moitas cousas de Daniela, entre outras que é unha artista da patinaxe sobre rodas, e que a súa chegada encheu de alegría a toda a familia!!!



Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!








Ademais da visita, entre todos, describimos á nosa protagonista, Daniela, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.












MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS DANIELA!!!!!















EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE AINARA( 6º EI)

 

A pasada semana Ainara estivo de aniversario,  cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita de Jenny e David, que nos contaron a historia de Ainara, na que descubrimos o montón de cousas que fai, como cociñar ou disfrazarse!!






Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!











Ademais da visita, entre todos, describimos á nosa protagonista, Ainara, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.












MOITÍSIMAS FELICIDADES AINARA!!!!!













8.6.23

Semana do Medio Ambiente: Construíndo na area




Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O 5 de xuño de 2023, conmemorouse o Día do Medio Ambiente e NÓS comezamos a semana coa actividade da proposta trimestral: construíndo na area!

A actividade acolle unha saída á praia para realizar construcións relacionadas con Galicia, atendendo ao PDI que finalizamos este curso.

Para realizar esta actividade comezamos investigando na biblioteca. Dividimos a clase en 5 grupos e cada un deles tivo que buscar nos libros monumentos e obras arquitectónicas Galegas que lles gustaban. Unha vez que escolleron o que querían representar coa area, utilizaron as tablets para topar a imaxe que precisaban como modelo na praia. 

Parabéns, miniarquitect@s!

Saída ao Ventoso- Laracha (5º E.I.)

 O alumnado de 5º E.I. onte foi de excursión a granxa ecuestre do Ventoso en Laracha, podedes ver todo o que desfrutaron nos seguintes vídeos:



6.6.23

5ºEI_Construindo na area!

4 anos_Semana do Medio Ambiente

Unha xornada na praia, organizados en tres equipos, para construír na area os faros galegos que guiaron o noso Camiño, para celebrar a Semana do Medio Ambiente.

Premendo na primeira imaxe accederedes á galería de fotos.

Pasámolo xenial!

2.6.23

PERCORRENDO GALICIA: OS MUÍÑOS ( 6º EI)

 


Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

 Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

Nos últimos días estivemos traballando varios lugares da man de Pedro, Mayra e Laia, que nos levaron a coñecer os Muíños e batáns de Vimianzo, os Muíños do Ardeleiro e os Muíños do Río Vaa.


Posto que recrear uns muíños de auga era algo complicado decidimos construír muíños de vento, quedaron moi vistosos, a próxima vez farémolos de papel en vez de cartolina pra que se poidan mover mellor!!


Premer na imaxe para acceder á galería


30.5.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE SELENA ( 6º EI)

 

A pasada semana Selena cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita da súa nai Lucía para celebrar o seu aniversario!!! 

Contaronnos a historia de Selena e a súa inseparable compañeira de aventuras Eli, tamén as cousas que máis lle gustan e como foi a súa vida neste primeiros anos de vida!!






Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!






Ademais da visita de Lucía, entre todos, describimos á nosa protagonista, Selena, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.










MOITÍSIMAS FELICIDADES SELENA!!!!!













25.5.23

EXCURSIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 5º E 6º EI)

 Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil visitamos Santiago de Compostela, como excursión de fin dos proxectos de aula enmarcados dentro da PDI: Nós...Patrimonio in-material!!

Baixamos do autobús e percorremos uns poucos metros ata chegar á Catedral, alí alucinaron co tamaño da mesma e coa cantidade de peregrinos que había!!

Despois na praza do Obradoiro collemos o tren turístico que nos levou por Santiago, estaban encantados porque lles regalaron uns cascos por se querían escoitar a audio guía e escoller eles mesmos o idioma, porque se pasaron todo o traxecto cantando o himno de Galicia e muiñeiras, saúdando a todos os peregrinos ou persoas que levaban mochilas...

Cando chegamos de novo á praza subimos por unhas escaleiras onde había un gaiteiro tocando e onde os peques de 5º de EI atoparon á Serea Leo que lles entregou a compostelana polo seu percorrido no Proxecto de aula:Galicia, o noso camiño! e  paramos a  merendar na praza da Inmaculada.


Tras merendar e xogar un pouco volvimos ó autobús para dirixirnos á Cidade da Cultura. Ó principio tiñamos organizado facer unha pequena ruta pola senda mitolóxica, pero o cansancio e a calor era demasiada, polo que estivemos xogando no Parque da Balea, onde o pasaron en grande e o cansancio parecía que desaparecera. Fixemos un parón para comer e volvemos a xogar ata que xa foi hora de marchar.


UN DÍA ESPECTACULAR!!!


Premer na imaxe para acceder á galería

22.5.23

PERCORRENDO GALICIA: CAMIÑO DE SANTIAGO( 6º EI)

 

Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

 Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

Esta semana, tendo en conta que imos de excursión a Santiago e que é o aniversario de Selena, fomos de viaxe con ela  a percorrer o camiño de Santiago, pasando por Arzúa, Sobrados dos Monxes, Lavacolla e por suposto Santiago.

Como os peques de 5º de Infantil levan todo o curso facendo o seu "Camiño", decidimos perdirlles axuda para que nos explicaran un pouco máis, así que nos contaron o que son as credenciais, a compostelana, os distintos camiños que hai, os itinerarios polos que eles pasaron... Aprendimos un montón de cousas!!!

Rematamos a actividade mirando o conto de "Bo Camiño Peregrino"



MOITAS GRAZAS ÓS PEQUES DE 5º EI 
POLA SÚA AXUDA!!



20.5.23

PERCORRENDO GALICIA: MANZANEDA ( 6º EI)

 

Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

 Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

A pasada semana viaxamos con Catuxa a Manzaneda, exactamente ó souto de Rozabales, onde nos ensinou un castiñeiro que ten un perímetro superior a 12 metros!!

Así que nos puxemos mans á obra: canto son 12 metros? Collemos o noso metro de 5m e primeiro medimos a clase, como non chegaba tivemos que saír ó pasillo, e medir de 5 en 5 máis dous. Despois puxémonos en fila cos brazos moi abertos sen tocarnos e aínda así non chegamos ata a marca.

Unha vez na clase colocámonos nunha roda para intentar ter unha pequena referencia do perímetro desa árbore, que grande é!!!!



















18.5.23

PERCORRENDO GALICIA : A PRAIA DE CABANAS ( 6º EI)

 

Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

 Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

Neste mes viaxamos da man de Manuela a Cabana, e trouxo cunchas que atoparon alí.

Así que fixemos varias actividades na aula multisensorial en pequenas roldas e varios recunchos polos que os peques foron rotando: xogos na mesa de luz e xogos noutra pequena mesa de luz con espellos e cunchas translúcidas, mesa sensorial con animais mariños, ioga infantil imitando animais acuáticos, xogo de makey makey con localidades importantes de Galicia, gafas 3D para ver vídeos do fondo do mar e presentamos un novo instrumento musical o tambor Tambú.


Premer na imaxe para acceder á galería