26.11.21

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero ( 5º EI)

Lab. Experimental: cambiando a visión!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos do mural.


Presentamos o mural Visión 3D: Diálogo + Dereitos + Dignidade que a BE-LeoLab Milladoiro expón no corredor do 1º andar, o 25N en relación co Laboratorio Experimental que se está a implementar nas aulas este mes de novembro.

Ao longo desta semana, tod@s experimentaremos a visión 3D coas imaxes estereoscópicas de diferentes títulos que dan tratamento á igualdade de xénero e pecharemos a experiencia elexindo unha lectura de vida para compartir nas aulas, así como deixando a nosa pegada polo 25N. 

Na nosa clase lemos o conto "O libro dos Porcos", para traballar a corresponsabilidade e a igualdade no fogar, e despois probamos as gafad 3D e puxemos a nosa pegada!!!


FOTOS


Porque xunt@s podemos ser, atrevéndonos a ser nós: dialogando, respectándonos, con dignidade; rememorando o produto final que xurdiu na área de Educación Musical o pasado curso: Depende de los 2

Elas, as protagonistas de cada exemplar, cambiaron o conto e nós

seguimos querendo... cambiar o conto!

24.11.21

RECREOS MOLÓNS ( 5º EI)

 Nesta semana, coa entrada de  frío e vento, non podemos xogar nos columpios, así que onte xogamos en psicomotricidade coas colchonetas, os aros e os carozos de millo. 

Unha das ideas que xurdiu foi facer mandalas e construcións e fixeron cousas moi chulas!!!









Martes Robóticos: comezando un novo proxecto ( 6º EI)

 Onte comezamos a preparar un novo titorial: Como crear un robot pintor!!


Pensamos... Que é imprescindible para que un robot poida moverse? Enerxía. Así que collimos os portapilas, buscamos os signos da polaridade e  o mesmo coas pilas, despois colocámolas de forma correcta.

Unha vez este traballo feito, seguimos pensando... Se xa temos a enerxía...Que precisamos para transformala en movemento? Un motor.

Cada peque colleu un motor e conectámolo co portapilas, utilizando uns cables, pero tendo en conta que o negro é o polo negativo e o vermello o polo positivo.

Por último encendimos o interruptor e...O MOTOR XA SE MOVE!!!












Continuaremos...

ANIVERSARIO DE LUCAS ( 5º EI)

 Onte celebramos o aniversario de Lucas que xa ten 4 ANOS!!!!!!!

Soprou as velas da tarta que el pintou e decorada polos compis con boliñas de plastilina. Cantámoslle, pediu un desexo e recibimos agasallos!!!!!!!!



MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!!





19.11.21

Mes da ciencia en Galego nas Biblioteca (5º E.I.)

 No CEIP Milladoiro estamos traballando neste mes de Novembro, o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e para iso cada clase ten que realizar un experimento científico que exporá nos corredores para que o resto das clases poidan ter acceso a el. Na aula de 5º E.I. aproveitamos o proxecto dos vehículos que estamos realizando, para facer unha investigación científica sobre os experimentos relacionados cos movementos dos vehículos e, entre todo o material encontrado, decidimos facer un coche propulsado.



Unha vez comprobado todos os materiais que precisábamos, por equipos cada grupo fixo o seu propio coche e despois comprobamos porque andaban diferentes e uns chegaban máis lonxe que outros.












Finalmente, buscamos un nome para estes coches tan fantásticos, quedando Minigloboches e fixemos a nosa exposición para que todos os nosos compañeiros e compañeiras poidan realizar este experimento. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Minigloboches.




17.11.21

Martes robóticos: Video titorial de Realidade aumentada con plastilina ( 6º EI)

 Durante varios martes, o alumnado de 6º de Educación infantil aprendeu a utilizar a app de Play -Doh Touch para dar vida as diferentes figuras creadas en plastilina.

 

Cada vez estructuran mellor o seu discurso e disposición nas gravacións!!!!!!!

NORABOA CHIC@S!!!




Vídeo titorial RA con plastilina - Kizoa Movie Maker

10.11.21

Laboratorio Documental- Formación ( 4º /5º EI)


Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.

Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.

Hoxe foi a formación de 4º e 5º de Educación Infantil da man da profe Belén, que non ensinou as normas da biblioteca, explicounos a súa organización e dinamizou unha búsqueda do tesouro adaptada a cada unha das clases, para coñecer os distintos espazos. Rematamos a sesión coa lectura dun conto que nos deixou a Serea Leo!


Premendo na imaxe tedes acceso ó álbum de fotos!!






ODS 4 da Axenda 2030

5.11.21

LEOLAB ( 5º EI)

 Hoxe no Leolab organizamos unha sesión sobre números e cantidades. O alumnado rotou polos recunchos dispoñibles:

- Mesa interactiva e pantalla multitáctil: trazo de números

- Mesa de luz: colocar en cada bote o número de pompóns correspondentes utilizando as pinzas

- Carreiras: avanzar os vehículos polas distintos camiños en función dos puntiños sacados no dado.

- Depresores: colocar en cada rolo o número de depresores indicado.


FOTOS





3.11.21

1ª VISITA AO LEOLAB

 


Que ben o pasamos na nosa primeira visita ao Leolab, descubrimos a mesa interactiva, todos os xogos de contrucción, as palliñas, os Kapla, a parede de Lego... estamos desexando volver e podedes ver todas as fotos da sesión premendo no seguinte enlace: Leolab.

OUTONO 3 ANOS

 Na clase de 3 anos estamos traballando o outuno e neste mes de outubro estivemos descubrindo todos os seus elementos e característcas, ademais de facer moitas manualidades. Podedes ver todos os traballos premendo no seguinte enlace: outono.




Cabazas 4º E.I.

 


Aquí tedes todas as cabazas que realizaron os nenos e nenas de 3 anos coas súas familias sobre Malpica, que grandes artistas sodes todos. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: cabazas.

1.11.21

Magosto Educación Infantil

 O venres puidemos celebrar o magosto realizando xogos e comendo castañas!!


Comezamos a xornada subindo á aula  e explicando en que consistía a celebración, como nos organizamos, normas... 

Despois baixamos ó patio para xogar a xogos populares pero con castañas, e para iso dividimos a clase en dous grupos e cada un colocouse na zona asinada para cada un. 

Xogamos á mariola, a construcións con carolos, a relevos con castañas de cores e aros, xogos de corro, a encestar a castaña, a memory de samaín e magosto... Pasámolo en grande!!!

Ó rematar os xogos, mentres os maiores de 6º EI, 1º e 2º EP merendaban no patio cuberto, xogamos libremente nas pistas, para merendar máis tarde na clase unhas ricas castañas e ver debuxos e cancións de medo. 

Rematamos a xornada xogando por recunchos e levando a casa as pócemas realizadas na xornada de Samaín do mércores!!!!

Para ver as fotos da aula de 5º E.I. premer no seguinte enlace: 4 anos e para ver as fotos de 4º E.I. premer no seguinte enlace: 3 anos.






SAMAÍN : 4º e 5º EI

Na semana de Lecturas Terroríficas, ademais de ver as producións das outras aulas no blogue e a nosa propia, traballamos o Samaín realizando actividades manipulativas e divertidas. 


 Na aula de pequeciencias, creamos recunchos de xogo coa temática do medo e do misterio: 

 - Mesa de luz: onde tiñan que colocar un número determinado de arañas nas súas teas e escoller entre múltiples caras para poñerlle a unha cabaza. 

 - Recuncho robótico: tiñan que escoller unha letra de entre todas as que estaban nunha cesta, buscar o debuxo terrorífico que empezara por esa letra e levar ó noso robot Doc á imaxe. 

 - Lecturas terroríficas: dentro do tipi do circo tiñan unha selección de contos de medo para ler con lanternas. 

 - Mesa sensorial: con pinzas quitaron a arañas, escorpións e cucharachas enredados en moitas texturas : teas de araña, area, bolas de cores de porexpán, lapas... 

 - Costura: coseron con fío morcegos, cabazas e momias. 

 - Plastilina con realidade aumentada: utilizando a app Play - doh Touch deron vida á plastilina con moldes terroríficos.

 - Pócemas: crearon pócemas con xelatina de fresa e unha golosina de araña. Os máis peques meteron a man nunha bolsiña para atopar a chuche. 














 Utilizando a aplicación Quiver, cada un debuxou o seu medo e puideron velo en realidade aumentada .