Durante esta semana na clase de 4º Educación Infantil estivemos traballando as mulleres galegas nas artes, no noso caso seguimos coa literatura polo que afondamos na figura de Rosalía de Castro. Acudimos a exposición de "As nosas letras" da biblioteca escolar adicada a esta escritora, realizamos varios genially para coñecer un pouquiño máis da súa vida e da súa obra, cantamos a canción de "O Moucho" de Migallas, descubrindo que a letra era un poema de Rosalía, fumos a buscar flores para decorar a portada do seu primer libro titulado "La flor" e cada un dos nenos e nenas elexiu un poema seu e coloreu un debuxo quedando así un fermoso mural para compartir co resto de compañeiros e compañeiras. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: día da muller.
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2024-25. 5º E.I.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2024-25. 5º E.I.. Mostrar todas las entradas
30.11.25
Día da Discapacidade (5ª E.I.)
O alumnado de 4 anos preparou con moito agarimo este vídeo para festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
30.10.24
Pastel de cabaza (5º E.I.)
O pasado martes acudimos a cociña o alumnado de 5º Educación Infantil para realizar un delicioso pastel de cenoria con forma de cabaza. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: pastel.
24.10.24
Samaín 2024 (5º E.I.)
Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil contaron na Semana das Lecturas Terroríficas o conto "Un cuarto cheo de monstros", podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Samaín 4 anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

