26.9.19

LOBISOME ( 6º EI)

Esta semana descubrimos grazas a un libro de seres mitolóxicos e dunha reportaxe do periódico do martes que os lobisomes...NON EXISTEN!!!
Seguiremos investigando sobre a súa historia!






Recuncho matemático ( 6º EI)

O noso recuncho matemático xa está cobrando forma: temos vasos con números nos que introducir paos de cores en función da cantidade que debe ir en cada vaso, non sen antes poñer en orde a secuencia numérica de cada vaso, tamén pelotas con números para ordenar en función da secuencia numérica ascendente ou descendente ou facendo unha serie de cores , unha pizarra para practicar os trazos, e debuxos de trazos nos que colocar pedras de distintas cores facendo series por cor ou tamaño.
Estes xogos irán cambiando segundo as necesidades, ESTAMOS MOI ILUSIONADOS!!!


Benvido Outono (6º EI)

O outono xa chegou , así que imos celebralo.

Con todos os elementos naturais que aportaron as familias creamos un novo espazo na clase, o recuncho natural. Construímolo entre todos a partir da clasificación destes en varias caixas: follas amarelas, verdes, marróns, vermellas, flores e froitos.

Ademais utilizámolos para facer obras plásticas, nas que debuxamos a contorna dunha folla verde en papel de periódico, e decorámola con trazos oblicuos e puntiños.  Quedaron uns traballos espectaculares!!!!
Aínda así queda pedente facer un mjural conxunto con todo infantil!

Como novidade, hoxe Dania trouxo a clase unha planta de Aloe Vera, e posto que é un ser vivo temos que coidala, pero como nos sabemos o que precisa para medrar, faremos unha pequena investigación sobre a cantidade de luz e auga que precisa!


Fotos outono

23.9.19

ANIVERSARIO DE LEO ( 6º EI)

O sábado 21 Leo estivo de aniversario , xa ten 5 anos!
En clase falamos sobre como é, non soamente por fóra, se non tamén por dentro, as súas cualidades e características. Tras pensar como é Leo, escribímolo nunha folla da súa cor favorita, o azul, na que despois el se debuxou. O resto dos compañeiros fixeron un debuxo para facer o libro conxunto que Leo levará como agasallo.

O importante dos aniversarios é recibir o cariño e bos desexos dos demais.


Aniversario de Leo

DESCUBRINDO NOVOS ESPAZOS ( 6º EI)

A pasada semana , descubrimos  novos espazos da man de Sandra, os da antiga aula de 5 anos, onde por unha sesión puideron facer xogos dirixidos neste espazo: a casita da costura, o castelo da lectura, plastilina creativa, espazos de construcción...

NOVOS ESPAZOS

CONTINUAMOS COAS VOGAIS ( 6º EI)

Hoxe realizamos as vogais en plastilina!!
Os peques sempre nos sorprenden, algúns en vez de realizalas en horizontal, comezaron a facelas de pé, quedaron moi chulas!!


VOGAIS CON PLASTILINA

LOBISOME ( 6º EI)

A semana pasada un compañeiro fixo a seguinte pregunta: Existen os lobisomes?
Fixemos unha asemblea,uns dicían que si, outros que non, que vivían no monte, que as mulleres lobo non existen ...
Así que antes de investigar, pensamos e debuxamos como é un lobisome, e quedaron uns traballos preciosos!!!


22.9.19

LEOLAB (3 anos)

O venres os nenos e nenas de 3 anos iniciáronse no mundo do LEOLAB, coñecendo os materias que este espazo nos ofrece e facendo as súas primeiras construccións coas palliñas. Toda unha experiencia cando viron que unindo varias das súas creacións conseguían unha serpe tan longa como a clase.





20.9.19

Construíndo vogais ( 6º EI)

Esta semana traballamos as vogais de distintas formas, hoxe fixémolas con palillos, e quedaron uns traballos moi chulos!!!






17.9.19

Leolab: recordando as vogais

Hoxe fomos ó Leolab!!!!!
Dividimos a clase en pequenos grupos que foron rotando polos 6 obradoiros dispoñibles: trazo das vogais na pantalla multitáctil, xogo de escornabots para relacionar imaxes coa vogal coa que comezan, construir vogais con paos de cores, vogais no mural Lego, trazo de letras na mesa interactiva e xogo das vogais na mesa de luz.
Despois de xogar e recoller, utilizamos as lentes que hai no Leolab para ver a un verme que atopamos no cole.
Foi un momento moi divertido e constructivo!!!


fotos: Leolab

13.9.19

BENVIDOS!!!!!

Comezamos un novo curso cheos de ilusión e coa enerxía recargada!! Os primeiros días descubrimos as cousas novas da clase, a nova distribución dos espazos, os xogos novos, escollemos a nosa percha... Tamén recordamos as normas , o noso nome, as letras, os trazos, os números... Para iso fixemos os carteliños das gabetas, creamos o noso mantel para a merenda decorado con trazos, e estreamos o recuncho matemático, así que xa comezamos a descubrir novos xogos , entre eles asociar números coa cantidade que representan, e ordenar a secuencia numérica!!




FOTOS: Inicio curso