Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
18.5.23
PERCORRENDO GALICIA : A PRAIA DE CABANAS ( 6º EI)
2.11.22
Laboratorio de Imaxe: Grupo 4
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
A pasada semana iniciamos o Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil 1º ciclo de E. Primaria. Voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa.
O grupo 4 composto por: Kerman, Aldara, Mateo, Leo, Manuela, Rosalía, Borja, Antal, Gabriel, Martín C. e Miia; achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron aprendendo a xogar con recursos interactivos programados en Scracht.
No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en grupos de dous, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.
26.5.22
MAKEY MAKEY ( 5º EI)
Durante o mes das letras tivemos un achegamento ós instrumentos musicais tradicionais: gaita, castañolas, pandeireta...
Así que esta semana decidimos tocar o bombo pero utilizando o Makey Makey. Para iso, no Leolab, fixemos varios grupos, e cada un deles tiña que decorar uns círculos de cartón que foron os nosos " Bombos", despois pegarlle a cada un deles un pouco de papel de aluminio, conectar os cables da placa Makey Makey ó " Bombo" na parte de aluminio, e por último tocar o instrumento, non sen antes agarrar coa outra man o cable de TERRA.
Cada grupo xogou a tocar, e descubrimos que se un peque tocaba o cable TERRA para que soara o seu instrumento e outra persoa tocaba a este peque, ambos podían tocar!!!


