Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas

4.6.26

Visita á horta (4º E.I.)

 


Onte realizamos unha saída moi especial xa que fumos ver unha horta de Malpica. Foi moi emocionante descubrir como son as plantas das diferentes verduras que despois vemos no noso plato, pero sobre todo empregar o sacho para encontrar as patacas. Tamén estivemos apañando nos limóns e nas flores e viñemos cargados para a casa. Ademais aproveitamos para baixar o porto, visitar as redeiras e seguir concienciándonos do importante de non tirar lixo ao chan para que despois non vaia para o mar. Podedes ver todas as fotos desta xornada tan emocionante premendo no seguinte enlace: horta. 



20.5.26

Excursión Coruña (4º E.I.)

 A pasada semana realizamos a nosa primeira excursión e todo foi unha gran emoción, dende montarnos no autobús ata descubrir un novo parque en Arteixo para merendar. Despois acudimos a unha representación teatral na Afundación Abanca de A Coruña. Podedes ver todas as fotos da xornada no seguinte enlace: excursión.



27.3.26

Saída Museo de Belas Artes (6ºEI)

No noso proxecto "Marabillarte", temos claro que a mellor forma de aprender sobre a arte é sentíndoa de preto. Por iso, os nenos e nenas de 6 EI, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, fomos de excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña.

Foi unha experiencia fantástica onde os nosos pequenos artistas puideron:
  • Observar cadros e esculturas reais, descubrindo que cada obra conta unha historia.
  • Explorar diferentes técnicas e cores que nos serven de inspiración para as nosas propias creacións na aula.
  • Marabillarse co patrimonio da nosa cidade, convertendo o museo nun gran lenzo vivo.
Seguimos mergullados neste mundo de cor e creatividade. A arte está en todas partes! ✨🖼️



Para acceder á galería preme na imaxe

24.3.25

Excursión Acuario

 



O alumnado de Educación Infantil o pasado xoves visitou o acuario de Coruña, podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: acuario.

8.6.23

Saída ao Ventoso- Laracha (5º E.I.)

 O alumnado de 5º E.I. onte foi de excursión a granxa ecuestre do Ventoso en Laracha, podedes ver todo o que desfrutaron nos seguintes vídeos:



25.5.23

EXCURSIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 5º E 6º EI)

 Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil visitamos Santiago de Compostela, como excursión de fin dos proxectos de aula enmarcados dentro da PDI: Nós...Patrimonio in-material!!

Baixamos do autobús e percorremos uns poucos metros ata chegar á Catedral, alí alucinaron co tamaño da mesma e coa cantidade de peregrinos que había!!

Despois na praza do Obradoiro collemos o tren turístico que nos levou por Santiago, estaban encantados porque lles regalaron uns cascos por se querían escoitar a audio guía e escoller eles mesmos o idioma, porque se pasaron todo o traxecto cantando o himno de Galicia e muiñeiras, saúdando a todos os peregrinos ou persoas que levaban mochilas...

Cando chegamos de novo á praza subimos por unhas escaleiras onde había un gaiteiro tocando e onde os peques de 5º de EI atoparon á Serea Leo que lles entregou a compostelana polo seu percorrido no Proxecto de aula:Galicia, o noso camiño! e  paramos a  merendar na praza da Inmaculada.


Tras merendar e xogar un pouco volvimos ó autobús para dirixirnos á Cidade da Cultura. Ó principio tiñamos organizado facer unha pequena ruta pola senda mitolóxica, pero o cansancio e a calor era demasiada, polo que estivemos xogando no Parque da Balea, onde o pasaron en grande e o cansancio parecía que desaparecera. Fixemos un parón para comer e volvemos a xogar ata que xa foi hora de marchar.


UN DÍA ESPECTACULAR!!!


Premer na imaxe para acceder á galería

10.10.22

VISITANDO RESTOS PREHISTÓRICOS ( 5º E 6º EI)

 O venresvisitamos o Dolmen de Dombate  eo Castro de Borneiro, xa que necesitabamos descubrir quen foron os primeiros homes e mulleres en vivir en Galicia e de quen eran as ferramentas da Serea Leo, e descubrimos que foron os...


PREHISTÓRICOS!


Os primeiros vivían en covas e construíron Dolmens, que eran lugares onde enterraban ós seres queridos todos xuntos, e máis adiante apareceron os castrexos, que tamén continuaron utilizando estas estruturas.

Nesta visita, ademais de coñecer o Dolmen de Dombate e descubrir moitas curiosidades, puidemos entrar dentro dunha recreación dun Dolmen coas súas pinturas interiores e petroglifos, e observan algunhas das ferramentas e tecidos que creaban coa pel e ósos de animais. 

Despois visualizamos uns debuxos animados sobre a vida na prehistoria e como foron aprendendo a crear cachelas, a cazar e pescar, a utilizar o barro, as ferramentas...

Rematamos a visita realizando unha rápida visita ó Castro de Borneiro, xa que o tempo non era nada apacible, polo que volvimos ó cole para merendar e mentres ver un pouquiño a película animada Los Croods, cuxa temática é sobre a era prrehistórica. Antes de marchar, tivemos tempo de xogar un ratiño.



Premer na imaxe para acceder á galería

8.6.22

EXCURSIÓN A GABENLLE

 Onte o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos a Área Recreativa de Gabenlle,

Xa dende a primeira hora estaban tod@s moi ilusionad@s, facer saídas encántanos!!!!!


Cando chegamos, tras deixar as mochilas, paseamos polo camiño do bosque onde colleron, tocaron e  manipularon un montón de elementos naturais, ulimos os eucaliptos, observamos bolboretas, escoitamos a auga do río e os paxariños, descubrimos as arañas de río, os círculos das árbores que indican a idade dos mesmos, o que as profes chamamos bágoas de crocodrilo..., e todo o ambiente natural provocou moitas preguntas: por qué algunhas árbores estar torcidas? por qué hai follas de tantas cores? Que son estas sementes? Por qué pican as ortigas? Por qué non se poden tocar as ás das bolboretas? Un sinfín de preguntas que darían para comezar un novo proxecto se non rematase o curso.

Tras realizar esta caminata fomos á zona do merendeiro e, tras recoller todo o lixo para non contaminar, rematamos a xornada xogando no parque.

Foi un día marabilloso, pasámolo en grande, sen dúbida repetiremos!!!!!!


Premer na imaxe para acceder á galería





18.3.22

Excursión ó Muncyt/ Urban Planet ( 4º e 5º EI)


Esta semana os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos o Museo do Muncyt, onde  coñecimos o Boeing 747, un avión que foi o máis grande durante 40 anos, e descubrimos cousas moi interesantes, como que este avión levou o cadro  "Guernica" de Pablo Picasso, que as caixas negras do avión son vermellas e algo fascinante: as ás dos avións son de cartón!!!!!!!! Tamén alucinamos coa cantidade de botóns que ten a cabina do piloto e as rodas tan grandes que teñen!!!

Tamén vimos cousas moi antigas, como unha lavadora de madeira, teléfono, un modelo das primeiras gafas 3D, un coche, un sidecar...

Despois de merendar, marchamos ó momento máis esperado polos peques...a visita ó Urban Planet!!!!


Pasámolo moi moi ben!!!!!!!


FOTOS 

17.10.21

VISITA CENTRO ECUESTRE O VENTOSO ( 5º EI)

 O venres visitamos O Ventoso,  unha granxa-escola, xa que dentro do noso proxecto de aula "Os vehículos", estamos investigando a evolución dos transportes e agora centrámonos nos animais e nos carros.

Neste espazo natural realizamos moitas actividades divertidas: acariciamos a unha chinchilla moi suave, a varios coellos de indias, dimos de comer ós porcos, vimos ovellas e cabras e un montón de aves diferentes: gansos, ocas, patos, paxaros, pavos reais, cisnes... pero sobre todo aprendimos moito sobre os cabalos/ponis: como dirixilos, as partes da montura, porque usan ferraduras e quen as coloca, que comen, e onde viven...


PASÁMOLO XENIAL!!!!!!


FOTOS




27.10.19

BÚSQUEDA DO TESOURO EN BUÑO

O martes o ciclo de infantil e 1º ciclo de primaria fixemos unha actividade colaborativa na natureza, visitamos o parque de Buño onde hai grande cantidade de espazo natural.

Ó chegar explicamos o xogo: buscar na contorna unha serie de cousas (dúas follas distintas, sementes, paos, cousas ruidosas, suaves, rugosas, brandas, duras...) despois fixemos seis grupos mixtos, e cada grupo tiña a lista dos elementos para atopar, un rotulador para anotar, unha lupa, unha caixa con visor, unha bolsa e unha lanterna de luz UV.
 Tras facer o xogo, merendamos e rematamos a xornada xogando no parque. Pasámolo xenial e ademais utilizaremos os elementos naturais para facer un mural do outono e actividades artísticas nas aulas.



BÚSQUEDA DO TESOURO EN BUÑO

28.5.19

EXCURSIÓN A GALIPARK

Onte todo o alumnado fomos de excursión de fin de curso a Galipark, un parque multiaventura en Padrón. Alí pasámolo en grande saltando nos hinchables, facendo chaveiros personalizados, xogando ó mini-golf e por suposto, conducindo o noso propio kart.
O tempo acompañounos, así que tamén puidemos ver os patos e as tartarugas e xogar nunha casiña de madeira que había nunha árbore. Foi unha xornada moi divertida , pero agotadora, polo que a maioría dos peques volveron durmindo no autobús!!!



Fotos Galipark

7.12.18

VISITA Ó MELGA

O nadal xa está próximo, época de moitos regalos, así que o ciclo de infantil visitamos o Melga,  para ver outros xoguetes que non saen nas revistas. Alí Ricardo ensinounos un montón de xogos e xoguetes antigos, moitos deles feitos con materiais naturais, e aínda que o tempo non acompañou para saír a fóra a xogar, pasámalo en grande!!!!!!!


FOTOS:  VISITA Ó MELGA

7.3.18

EXCURSIÓN Ó AQUARIUM

O luns, todo o ciclo de educación infantil visitamos o Aquarium de A Coruña, como actividade dentro do Proxecto do Mar. Comezamos a visita baixando ó Nautilus, onde vimos o Tiburón toro Gastón, outros tiburóns máis pequenos, rodaballos, besugos... Escoitamos o canto dunha balea, visitamos o resto dos acuarios onde había medusas, polbos, mexilóns, pepinos de mar, peixes paiaso,  cabaliños de mar, cigalas, langostas, morenas, congros, rubios, tocamos as estrelas de mar, vimos ósos de balea, fixemos un percorrido pola exposición de obras de artes feitas co lixo que chega ás praias... Foi unha saída moi divertida!!!


https://photos.app.goo.gl/pnqdryQZCxKkLFit1

2.11.17

EXCURSIÓN A LAXE (4º EI )

A semana pasada fixemos a primeira saída do curso. Visitamos o Museo do Mar de Laxe e Punta Nariga, xa que non puidemos ir á lonxa, pasámolo en grande!!!!!



30.10.17

EXCURSIÓN LAXE (6º E.I.)


O pasado xoves 26 de outubro todo o ciclo de Educación Infantil fumos visitar o Museo do Mar de Laxe, onde Joaquín explicounos moitas cousas sobre o Mar. Primeiro vimos unhas fotos antigas de Malpica onde non reconocíamos case nada, tamén vimos distintos barcos e as súas maquetas, que pescaban e como facían a súa maniobra, un oso da mandíbula da balea, un cañón... moitas cousas e todas moi interesantes. Á volta paramos no faro de Punta Nariga e estivemos vendo as illas Sisargas dende outra prespectiva e a clase de 6º E.I. buscou a pedra da Percebillosa, que é como se chama a súa clase. Podedes ver todasa as fotos da excursión premendo no seguinte enlace: Museo do Mar.

31.5.17

EXCURSIÓN ALDEA NOVA

O pasado martes 30 de maio todo o ciclo de Educación Infantil tivemos a saída de fin de curso ao complexo de Aldea Nova situado no concello de Narón. Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que, ademais de disfrutar da espectacular paisaxe, aprenderon moitas cousas sobre apicultura facendo incluso unha visita a diferentes colmenas, coa protección adecuada, e despois degustamos algúns dos seus productos: mel, xalea real...; tamén coñecemos moitas cousas sobre os animais da granxa, xa que poidemos visitar e dar de comer a galiñas, patos, pavos, ovellas, o carneiro Breogán, a burra Rosario, o cabalo Pirata, a poni Wilma, a terneira Saltarina, as cabras, o porco celta e os coellos;por último, fixemos un roteiro onde aprendimos cousas sobre diferentes plantas, visitamos unha reproducción dun poboado de cultura castrexa e finalmente observamos a comarca de ferrol cuns prismáticos.
Para comer acercámonos ao espazo natural de Pedroso do Molino, onde disfrutamos da incomparable paisaxe xunto o río Xubia e xogamos moi pouco porque o tempo xa non nos daba para mais. Todas as fotos as podedes ver premendo nos seguintes enlaces: Aldea Nova e ALDEA NOVA 2.





30.3.17

EXCURSIÓN Á OLERÍA DE BUÑO

O mércores, 29 de abril, todo o ciclo de Educación Infantil fumos de excursión a Olería de Buño, unha visita moi interesante onde aprendimos como vivían anteriormente os alfareiros, onde facían o barro, onde o secaban (no fumadeiro), onde o cocían... e, finalmente, cada un de nos puido facer unha peza de barro que trouxemos para o cole e que remataremos na clase. Unha gran experiencia e moi cerquiña da casa! podedes ver as fotos das tres clases premendo no seguinte enlace: Infantil en Buño I e Infantil Buño II.




12.11.16

EXCURSIÓN A CORUÑA (5º E.I.)

O pasado venres, 11 de novembro, fixemos a nosa primeira excursión do curso. O destino era Coruña e primeiro fumos visitar a Torre de Hércules, aproveitando co tempo acompañaba e, despois, fixemos unha parada no Museo de Arte Contemporáneo (MAC). Neste último o pasamos xenial, xa que contáronos unha historia dunha nena que lle tiña moito medo os lobos e o doutor doulle unha chocolatina coa cara dun lobo para superar o seu medo. Desta maneira, fixemos as nosas propias chocolatinas coa cousa que mais medo nos daba. Mentras endurecía o chocolate fumos ver diversas obras de arte, todas elas moi distintas: fotografías, esculturas... e, finalmente, papamos o chocolate que estaba riquísimo.