26.2.21

CARTAS VIAXEIRAS ( 4ºEI)

 Esta semana descubrimos un novo conto: Cartas que veñen e van. Neste conto os animais mándanse cartas entre eles, Que divertido!!!!!!!!!!

E se nos mandamos cartas entre nós? Mans á obra, nuns días todos os nenos e nenas da clase recibirán unha carta dalgún compañeiro/a. MIRADE O BUZÓN!





Dentro de pouco, teremos unha nova compañeira na clase, LAIA, e posto que estamos desexando que chegue, tamén lle escribimos unha carta a ela para que coñeza os nosos nomes!!!



FOTOS

14.2.21

Entroido 2021 en 4º E.I.

 Este ano tocou un entroido diferente pero intentamos que fora igualmente especial. Preparámonos cos nosos disfraces de Superheroes e Superheroínas, fixemos rosquillas na cociña e non paramos de bailar en todo o día.


11.2.21

Xogos de lóxico-matemática no Leolab

Hoxe tivemos unha sesión moi productiva no Leolab traballando diversos conceptos de lóxica-matemática. Dividimos o espazo en diferentes zonas e así empregamos as mesas de luz para traballar os números e un xogo de tartarugas, a mesa interactiva para o trazo dos números al igual ca pantalla interactiva e a area, o escornabot para usar o dado e o concepto de número e tamén os bloques, como podedes ver as fotos e para ver todas as da sesión podedes premer no seguinte enlace: Leolab.


 

10.2.21

Sesión de relaxación

 


Hoxe estivemos traballando a relaxación a través da postura de diferentes animais. O primeiro que fixemos foi adoptar a postura do ourizo cando se defende dun depredador e así estivemos escoitando un ratiño música clásica relaxante. Despois fixemos as posturas de varios animais a través do Ioga, tanto animais do bosque como animais acúaticos, premendo neles tedes o enlace aos vídeos de youtube por se queredes practicar na casa.



Finalmente estivemos traballando coa música de de Camille Saint- Säens, "El carnaval de los animales", como camiñan os diferentes animais: os cisnes, o canguro, os peixes... e, especialmente, as tartarugas que o fan moi despaciño.



8.2.21

COMEZANDO O ENTROIDO ( 4ºEI)

 A pasada semana chegou un cartel sobre o entroido, no que se falaba do Farruco e do seu mandadiño.  Así que, na baixada do recreo, descubrimos a Farruco, e ó principio tiñamos algo de reparo, pero ó saber que nos mandaba traer o luns algo na cabeza, e que era un xogo moi divertido, o medo marchou e deu paso á risa e á expectación!!!!






RECUNCHO DO BOSQUE ( 4ºEI)


No seguinte enlace, que actualizaremos cada certo tempo, poderedes ver os novos materiais que os/as peques traen ó cole e como xogamos con eles.

RECUNCHO DO BOSQUE 


O noso recuncho cada vez ten máis cousiñas, moitísimas grazas pola vosa participación!!!!

5.2.21

PROXECTO: O BOSQUE ( 4ºEI)

 

O luns desta semana, o noso amigo , o ourizo, desapereceu. Buscamos e buscamos, pero non aparecía, polo que comezamos a preguntarnos onde estaría, a maioría dixo que marchara de vacacións ou para a súa casiña.así que pensamos...Onde viven os ourizos?

Uns dicían que vivían no mar, na herba, no bosque, e tamén falamos sobre o que comen e como nacen: nacen das púas, de óvos, da barriga, comen galletas de chocolate, invernan, non se poden cazar, corren moi rápido...
Ante tantas ideas tan diferentes decidimos investigar, así que marchamos á biblioteca, onde atopamos varios libros nos que descubrimos que son vivíparos, nacen da barriga de mamá, comen insectos e viven no bosque.



INVESTIGAMOS na biblioteca


LÓXICA: Descubrimos un xogo no que tivemos que clasificar os mouchos pola cor, realizar series sinxelas e  identificar os números e as cantidades.




LEOLAB: realizamos unha actividade creativa, na que cada un realizou a súa interpretación dun bosque.






Ademais vimos varios vídeos sobre ourizos...







 e creamos un recuncho do Bosque , que xa empeza a estar cheíño de materiais interesantísimos!!!







3.2.21

Os nosos ourizos


Estamos coñecendo un pouquiño máis sobre os ourizos e as súas características e para experimentar como eran as súas púas fixemos estos estupendos ourizos de plastilina e palillos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ourizos.
 

LABORATORIO DOCUMENTAL: CONTOS VALORADOS, LECTURAS COMPARTIDAS ( 5º-6ºEI)

 A aula de 5º-6º de EI queremos compartir con tod@s este conto tan bonito: Hasta que podamos abrazarnos.

conto5-6 from bemilladoiro on Vimeo.

ENTROIDO 2021