Mostrando entradas con la etiqueta emocionarte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emocionarte. Mostrar todas las entradas

25.6.17

METÉMONOS NO CADRO DE SOTOMAYOR (5º E.I.)

Xa polo mes de maio fixemos esta intrusión no cadro de "Comida de voda en Bergantiños" de Sotomayor, pero como era unha sorpresa para o fin de curso non quixen poñer o divertido resultado ata agora, podedes ver todos as cadros coas emocións, as músicas e os cromas no vídeo da actividade Emocionarte que encontraredes no blogue de Pintamos moito!






 

21.6.17

MUSEO MILLADOIRO (5º E.I.)

 Hoxe estivemos visitando o Museo Milladoiro, parámonos en cada unha das paredes decoradas cos traballos dos nosos compañeiros/as intentando adiviñar que artistas traballaran. Ademais estivemos escoitando as músicas que cada clase elexiu para o seu cadro relaciondas cunha emoción, formando parte da actividade EmocionARTE. Nos as escoitamos a través dos códigos Qr descubríndoas coa tablet pero tamén se poden consultar todos os cadros, as músicas e emocións na páxina web creada pola mestra de música. Tamén estivemos visitando os circuítos dos alumnos e alumnas de 6º de E.P., tendo a sorte de que explicáronos algúns. Todas as fotos as podedes ver premendo no seguinte enlace: Emocionarte







14.6.17

EMOCIONARTE (4º E.I.)

A partir do cadro "Rompientes" da pintora Carlota Bueno Hermida, traballamos dúas emocións: o enfado e a valentía.



Principalmente traballamos o enfado, xa que foi a primeira emoción que se lles ocorreu nada máis ver o cadro. E, tamén, porque ao ser tan pequenos cóstalles moito regular os seus enfados. Así que a partir don conto "Vaya rabieta", empezamos a traballar como podemos desfacernos dese descougo cando algo non nos gusta. Se queredes ver o conto pinchade no seguinte enlace VAYA RABIETA. Tamén vinmos outros contos: "La rabieta de Julieta", "O monstro de cores" e "Así es mi corazón".

E, para traballar a valentía fixémolo co conto de "Nadarín", que a parte de ensinarnos que ser diferente é bo e enriquecedor, e , que a colaboración e cooperación cos demais é importante. Tamén conta o valente que é o seu protagonista nas súas andanzas polo mar. Para ver o conto pinchade no seguinta enlace NADARÍN