31.1.17
COCIÑANDO ORELLAS (4º E.I.)
O pasado martes estreamos a cociña cunha receita típica do entroido. Todos colaboraron facendo a masa, e, logo cada un co rodillo estirou a súa orella. Estaban moi ricas, algún ata comeu 3 e 4 orellas. Pasámolo xenial, seguiremos usando a cociña no futuro.
29.1.17
AXUDAMOS A ORIONA: EXPERIMENTAMOS COA GRAVIDADE ( 6º EI )
Tras ver este vídeo sobre a gravidade decidimos facer experimentos sobre a gravidade. A conclusión Oriona: as cousas na terra caen por culpa da gravidade, unha forza que atrae as cousas ó centro da Terra, e no espazo case non hai gravidade, por iso flotan.
27.1.17
MASA MÁXICA (5º E.I.)
Esta semana tocounos descubrir o mundo dos magos e coa profe Dora fumos a cociña a facer máxia. Precisamente o que fixemos foi masa máxica empregrando maicena, auga e colorante. Mesturando todo isto temos unha masa que cando a revolves ou exerces unha presión vólvese moi dura e convértese nun sólido pero se non hai esa presión é un líquido. Unha ciencia totalmente máxica que introduce os nenos e nenas neste novo mundo con contidos como diluir, sólido, líquido... Todas as fotos da experiencia as podedes ver no seguinte enlace: a masa máxica.
VISITA DE FAXPG
O pasado mèrcores estivo no cole a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Fixéronnos unha visita con motivo do Día da Paz, xa que este ano decidimos traballar a inclusión de todos os nenos e nenas para dita conmemoración, empregando ademáis a canción de "Todos somos capitáns" de Magín Blanco que está interpretada tamén en lingua de signos. Foi unha visita moi gratificante xa que contáronnos dous contos en lingua de signos e aprendimos moitas palabras signadas: porquiño, casa, lobo, coello, marchar... Tamén traballamos o respecto polas diferencias das outras persoas, xa que todos somos iguais e non podemos reírnos de ninguén. Todos somos capitáns, compañeiros de lugar, ti sorrís coma nós porque somos coma vós!
AUTORRETRATOS
O autorretrato de Van Gogh é o primeiro cadro co que traballamos. Observamos como é o cadro e quen sae nel, todos souberon que era Van Gogh. Falamos de como é un autorretrato, que cores usou para pintalo; e , logo pintámolo nós. unha vez que o pintamos e xa sabemos que é un autorretrato, fixemos o noso. Primeiro observámonos no espello para ver como somos e logo debuxámonos.
23.1.17
A FIRMA DE VAN GOGH: VINCENT (4º E.I.)
A semana pasada investigamos como firmaba Van Gogh os seus cadros, e averiguamos que firmaba co seu nome de pila: VINCENT. E, que soamente firmaba aqueles cadros que lle guataban moito ou que lle daban máis alegría. Porque observamos na pantalla que había cadros firmados e outros non. Fixemos a súa firma e logo a nosa.
VAN GOGH: TRABALLAMOS O SEU NOME (4º E.I.)
Empezamos a coñecer un pouco máis a fondo a Van Gogh, xa que no primeiro trimestre ao traballar as cores frías e quentes a través do proxecto de centro "Pintamos moito" coñecimos o seu cadro "A habitación de Arles", pero non a el nin outros cadros.
O primeiro que fixemos foi coñecer como se chama e como se escribe o seu nome, igual que xa coñecemos o noso.
O primeiro que fixemos foi coñecer como se chama e como se escribe o seu nome, igual que xa coñecemos o noso.
19.1.17
ANIVERSARIO DE ALBA. GALLETAS SALGADAS DE NADAL ( 6º EI )
REGALOS DOS REIS MAGOS : 6º EI
SALTAMOS ESTRELAS 6º EI
Xogamos a saltar as estrelas seguindo a secuencia nummérica. No principio saímos de un en un, pero despois xogamos dous ó mesmo tempo, somo meteoros, así que temos que ter coidado de non chocar, e se nos equivocamos na secuencia numérica tragaranos un agullero negro!!!
18.1.17
A TAQUILLA DO CIRCO (5º E.I.)
Hoxe tocou traballar que para poder entrar no circo temos que comprar unha entrada e para iso temos que ir a taquilla que está fora da carpa e pagarlle, neste caso eran 5 euros, aínda que algún xa lle pareceu ben cara. Despois representamos nunha ficha estes cinco euros, cunha actividade na que tiñamos que compartir o pegamente, o papel das moedas... foi unha maña moi productiva. Todas as imaxes as podedes ver no seguinte enlace: Taquilla do circo.
O CIRCO VIAXA POR TODO O MUNDO (5º E.I.)
Onte descubrimos co circo viaxa por todo o mundo e que, ademais, o fai en caravana. Así estivemos observando a bola do mundo e libros que falaban sobre este tema. Despois fixemos catro caravanas e axudados por vídeos con imaxes de países do mundo, deixamos flotar a nosa imaxinación facendo unha parada en cada un destes fabulosos sitios, foi moi emocionante.
Por último estivemos xogando co escornabot e o mapa do mundo, xa que si viaxábamos en caravana non podíamos cruzar polo mar. Foi moi divertido porque moitas veces caíamos no mar e perdíamos, estamos deseando poder facer outro día a mesma actividade. Podedes ver todas as actividades no seguinte enlace: viaxar polo mundo.
POÑEMOS NOME O CIRCO (5º E.I.)
Descubrimos co castelo de lectura que tiñamos na clase, agora podíamos empregalo como circo soamente cuns retoques e, así, o primeiro que fixemos foi buscarlle un nome e, por votación, o noso circo chámase CIRCO MILLADOIRO.
Tamén creamos na clase o recuncho do circo para poder ir colocando na clase todas as cousas que traemos da casa e que nos axudan a avanzar no noso proxecto.
Ademais estimos ordeando as letras do circo e buscando palabras que comezaran por cada unha desas letras, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: Letras do circo.
AGASALLO DO REIS MAGOS (5º E.I.)
Que sorpresa cando chegamos da volta das vacacións de Nadal e atopamos cos Reis Magos acordáranse de nos e deixárannos un agasallo na clase, debimos de portarnos moi ben. Despois de darlle moitas voltas e pensar que podía ser, abrimos o agasallo e descubrimos que eran dous libros sobre o circo que contaban moitísimas cousas sobre este mundo.
Pronto entrounos a curiosidade e comezamos a analizar que cousas xa sabíamos nos do circo e máis queríamos saber.
E con todo isto na nosa mente fumos investigar a Biblioteca para comprobar que cousas eran certas e cales non e responder a moitas das preguntas que nos plantexamos.
16.1.17
CAIXA DE LUZ (4ºE.I.)
Fixemos diferentes activades coa caixa de luz. Escribimos con lentellas, vimos escrito o número 1 e a vogal A nun plástico, figuras xeométricas. Gustalles moito ver como son os efectos da luz e diferentes cores.
CLASE DE MÚSICA (4º E.I.)
O martes, na clase de música, a profe Patricia trouxo un acordeón para os nenos. Foi moi divertido ver como o estiralo e encollelo sae sonido.
11.1.17
ORIANA: A AMIGA INTERGALÁCTICA DE SUPERZORRO
10.1.17
9.1.17
Suscribirse a:
Entradas (Atom)