29.11.22

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas ( 6º EI)

Novembro configúrase como o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, por iso no noso centro organizamos varias sesións nas que o alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria desenvolveron o método científico para expoñer ó alumnado de infantil e 1º ciclo os seus experimentos.

Na aula de 6º EI, recibimos a formación do alumnado de 5º EP, polo que hoxe no Leolab disfrutamos de tres experimentos relacionados co noso Proxecto sobre a Prehistoria:

- Pinturas rupestres: utilizando a mestura de café e auga envellecemos papeis, e representamos sobre as mostras xa secas, pinturas rupestres.

- O lume de cores: nesta ocasión observamos a diferenza de cores entre o lume provocado con alcohol e o de acetona.

- Volcáns: mesturando xabrón, vinagre, un pouco de auga, colorante vermello e bicarbonato representamos a lava dun volcán.

Premer na imaxe para acceder á galería

MOITAS GRAZAS Ó ALUMNADO DE 5º EP, POLAS SÚAS EXPLICACIÓNS E ESTA GRANDE ACTIVIDADE!!!! 




25.11.22

Polo 25N... Iriña bailarina

No día de hoxe, @s nen@s de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria acudiron ao Centro Cívico para desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos con Iriña bailarina.

Unha obra baseada no libro, de mesmo título, de Cristina Justo e Paloma Rodríguez. Exemplar editado por Embora dentro da colección "A igualdade conta" para dar tratamento á igualdade de xénero e aos estereotipos sociais. Premendo na imaxe accederedes ao exemplar rexistrado no catálogo da nosa Biblio.

Imaxe catálogo BE Milladoiro. Malpica

Agradecemos á ANPA Ventorrillo a xestión e organización dunha actividade complementaria que nos permite seguir dinamizando cultura, educando en valores de vida... porque seguimos querendo cambiar o conto.

Centro Cívico Malpica

24.11.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): LIBRO VIAXEIRO DE LUCAS ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Lucas, que estivo de volta onte que foi o seu aniversario e xa ten 5 anos!!!!! 

Lina, a súa mamá, e Lucas nos contaron a historia da vida de Lucas e da súa familia, do que máis lle gusta facer e ademais de darnos agasallos para cada un, tivo unha sorpresa moi grande: quixo compartir connosco dous segredos moi importantes e especiais para el!!





Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.









O día da celebración do aniversario, entre todos, describimos as calidades do protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.








MOITÍSIMAS FELICIDADES LUCAS E GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO OS TEUS SEGREDOS!!!




17.11.22

MEDINDO MAMUTS ( 6º EI)

 Esta semana comezamos a descubrir animais prehistóricos, entre eles o Mamut, que podía medir ata 5 metros.

Así que decidimos averiguar canto son 5 metros. Primeiro buscamos na cinta métrica 5M, e despois colocámola no chan e puxemos unha pegatina. Xa tiñamos idea da lonxitude pero era dificil descifrar os 5m de alto, polo que medimos dende o teito da clase pero eran tres metros. Pensamos onde poderiamos atopar esta altura, tras varias opcións, optamos por subir ó 2º andar do cole e medir. Descubrimos que o Mamut mide do chan da nosa clase e pasa un pouco por riba das barandas do segundo andar!!!!!!!!!!!


Para rematar esta actividade comparamos a nosa medida coa do mamut, así que un peque medía a un compañeiro e outro escribía o nome e a medida. En breves plasmaremos as medidas de todos nunha comparativa.


Pinchar na imaxe para acceder á gelría de imaxes









14.11.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): LIBRO VIAXEIRO DE LAIA ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Laia, que cumplirá 6 anos o próximo verán!!

O venres estivo de volta da man de Ana, a súa mamá, e ambas nos contaron a historia da vida de Laia e da súa familia. E cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.






O día da celebración do non-aniversario, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.












MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS LAIA!!!






RECUNCHO DA PREHISTORIA ( 6ºEI)

 Dentro do noso Proxecto sobre a Prehistoria, decidimos crear un recuncho específico na aula sobre esta temática, polo que pedimos axuda ás familias.

Estamos recibindo moitas cousiñas interesantes, MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR E PARTICIPAR!!!


Premer na imaxe para acceder á galería




9.11.22

NÓS... tamén escribimos! (6º E.I.)

 Hoxe acudimos a exposición da biblioteca sobre o Día das escritoras, xa que Leo invitounos a realizar un conto conxunto para todo o cole empregando a máquina de escribir. Así que ademais de continuar o conto que comezaron os nosos compañeiros de 3 e 4 anos, tamén empregamos por primeira vez unha máquina de escribir coa que cada un de nos estivemos investigando. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Nós... tamén escribimos!





Australopithecus (6º E.I.)

 Comezamos a traballar a PREHISTORIA, período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Polo que o primeiro que descubrimos foi o inicio da especia humana e a súa evolución, así que quixemos transformarnos en Australopithecus e comprobar como serían os nosos antepasados a través dunha divertida aplicación da tablet, sendo así os resultados:

https://photos.app.goo.gl/iWyh31wKcSCG2bAG6





2.11.22

Laboratorio de Imaxe: Grupo 4

 


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

A pasada semana iniciamos o  Laboratorio de Imaxe para o alumnado de infantil  1º ciclo de E. Primaria. Voltamos recuperar a gran riqueza dos grupos interniveis e enlazamos todos os laboratorios de aprendizaxe co Proxecto Documental Integrado (PDI) que nos ocupa. 

O grupo 4 composto por: Kerman, Aldara, Mateo, Leo, Manuela, Rosalía, Borja, Antal, Gabriel, Martín C. e Miia; achegáronse á placa Makey Makey. O primeiro mércores descubriron algúns materiais conductores de enerxía, filamento de cobre e papel de aluminio, manipularon a placa makey makey e o seu cableado e se divertiron aprendendo a xogar con recursos interactivos programados en Scracht.

No segundo mércores, recordamos como funcionaba o circuíto electrónico da placa Makey Makey, o importante de tocar o cable de Terra para que se pechara o circuíto e funcionara... Despois de forma individual decoraron unha pandeireta con cartón, pegáronlle papel de aluminio e en grupos de dous, utilizando un kit Makey Makey e un portátil, realizaron as conexións necesarias para poder tocar e facer soar a pandeireta programada en Scracht.



1.11.22

Cabazas 6º E.I.

 


Este as nosas cabazas foron moi galegas e tamén moi prehistóricas, podedes ver todo o estupendo traballo en familia premendo no seguinte enlace: Cabazas.