NOVO SITIO PARA RADIO BALEA
Nesta páxina podemos escoitar os programas da nosa Radio Balea feitos no 1º e este 2º trimestre; así como iremos publicando todos aqueles que poidamos ir CREANDO CON VÓS dende as nosas casas.
Dende a biblioteca publicouse en todos os blogues do Milladoiro unha proposta polo Día da Poesía, gravar unha poesía que vos guste e enviarnos o audio..
Programas Radio Balea: DENDE A CASA PARA O MUNDO!
Iremos dándovos propostas, como a publicada pola biblioteca polo Día da Poesía para que vos animedes a enviarnos audios e...GRAZAS a todos/as por facer que Radio Balea sega funcionando e nos acompañe dende o CEIP Milladoiro nas nosas casas!
Programa Festexamos: Letras Galegas 2020
Este programa xurde para recoller o recurso incluído nunha das propostas lanzadas dende a nosa Biblioteca Escolar e EDLG co gallo das Letras Galegas 2020.
Escoitamos á mestra Vanesa de A.L. recitando o poema O arco da vella do libro Os soños na gaiola de Manuel María para que vos animedes a realizar o caligrama proposto para E.I. e 1º ciclo de E.P.
Esperemos que vos guste!
Programa Festexamos: Día da Poesía 2020
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración, unha fermosura de programas!
Nomeamos aos participantes deste podcast, pois non todos/as recordaron presentarse e aproveitamos para animar a quenes aínda non participaron, que o fagan! Editaremos outro podcast para encher a nosa Radio Balea de Poesía, integrando as nosas dúas linguas: galego e castelán.
Recordade presentarvos antes de comezar a recitar e...que medre a poesía dende as nosas casas para o mundo polas ondas de Radio Balea!
Os/as participantes neste programa son:
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!
ESCOITADE CON ATENCIÓN, EMOCIÓNS E SENTIMENTOS EN CADA RENGLÓN!
Segundo programa coas últimas audiopoesías recibidas de: Carlos (1º), Gonzalo (2º) e Leticia (2º)
Animádevos a seguir participando e enviarnos as vosas audiopoesías, ampliaremos este segundo programa e estaremos encantados/as de facer un terceiro.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!
Programa Que me contas? Contos de Leo
Este programa nace para que nos entretamos escoitando contos de Leo, moitos contos...
Anímaste a enviarnos o teu conto? O único que pedimos é que sexa contado, non lido e non olvidedes dicir que libro é, autor/a e editorial.
A profe Susana cóntanos As aventuras de osiño, esperemos que vos guste!
24.4.2020
O profe Óscar cóntanos Elmer, esperemos que vos guste!
15.4.2020
A profe Olga cóntanos Xan de Outeiro, esperemos que vos guste!
A profe Olga cóntanos Os tres bandidos, esperemos que vos guste!
14.4.2020
A profe Sandra cóntanos A cebra Camila, esperemos que vos guste!
A profe Marta cóntanos Os seis barbudos, esperemos que vos guste!
1.4.2020
A profe Susana cóntanos Pilú Pilú!, esperemos que vos guste!
31.3.2020
A profe Fátima cóntanos Crocodilo namorado, esperemos que vos guste!
27.3.2020
A profe Marta cóntanos Chivos chivóns, esperemos que vos guste!
Programas do 1º e 2º trimestre 2019/20 - Laboratorio de Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario