25.5.23

EXCURSIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 5º E 6º EI)

 Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil visitamos Santiago de Compostela, como excursión de fin dos proxectos de aula enmarcados dentro da PDI: Nós...Patrimonio in-material!!

Baixamos do autobús e percorremos uns poucos metros ata chegar á Catedral, alí alucinaron co tamaño da mesma e coa cantidade de peregrinos que había!!

Despois na praza do Obradoiro collemos o tren turístico que nos levou por Santiago, estaban encantados porque lles regalaron uns cascos por se querían escoitar a audio guía e escoller eles mesmos o idioma, porque se pasaron todo o traxecto cantando o himno de Galicia e muiñeiras, saúdando a todos os peregrinos ou persoas que levaban mochilas...

Cando chegamos de novo á praza subimos por unhas escaleiras onde había un gaiteiro tocando e onde os peques de 5º de EI atoparon á Serea Leo que lles entregou a compostelana polo seu percorrido no Proxecto de aula:Galicia, o noso camiño! e  paramos a  merendar na praza da Inmaculada.


Tras merendar e xogar un pouco volvimos ó autobús para dirixirnos á Cidade da Cultura. Ó principio tiñamos organizado facer unha pequena ruta pola senda mitolóxica, pero o cansancio e a calor era demasiada, polo que estivemos xogando no Parque da Balea, onde o pasaron en grande e o cansancio parecía que desaparecera. Fixemos un parón para comer e volvemos a xogar ata que xa foi hora de marchar.


UN DÍA ESPECTACULAR!!!


Premer na imaxe para acceder á galería

No hay comentarios:

Publicar un comentario