4.5.23

PERCORRENDO GALICIA : FACENDO NEVE ( 6º EI)

   Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

Para comezar  pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

Hoxe viaxamos ata O Cebreiro da man de Lucas, que nos explicou cousiñas dese lugar e o ubicamos no noso mapa de Galicia. Posto que moitos nenos e nenas non tocaran a neve decidimos realizar un experimento!


Así, en dous grandes grupos, visitamos a cociña onde se atoparon dúas opcións para a creación da neve, cada unha coas súas instrucións , unha mesturando dúas partes de bicarbonato e unha de auga e a opción de mesturar 1 parte de maicena con dúas de espuma de afeitado de cor azul. Cando remataron de facer a súa mestura escolleron e botaron purpurina azul ou branco, e rematamos xuntando a neve en dúas caixas, segundo a mestura, para amasar un ratiño máis. Mestres non se estropee, esa neve formará parte da aula multisensorial.


Premer na imaxe para acceder á galería


No hay comentarios:

Publicar un comentario