Mostrando entradas con la etiqueta familia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familia. Mostrar todas las entradas

16.12.25

Recuncho da familia (4º E.I.)

 Este trimestre entre todos elaboramos un recuncho moi importante e que lles fai moita ilusión que é o RECUNCHO DA FAMILIA. Cada neno/a foi traendo fotos de diferentes momentos en familia e debuxos que eleaboraron na casa. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: familia.



20.11.18

PROXECTO CHINA: CONTACONTOS ( 5º EI )

A semana pasada Noelia, a mamá de Breixo, visitounos con algo moi especial, un conto: La reina trotamundos en China.

Neste conto descubrimos, entre outras cousas moi interesantes, que a Gran Muralla China é moi grande, tan grande que podemos vela dende o espacio, polo que apareceu a idea de subir ó espazo, para o cal precisamos dun foguete, deron varias ideas, pero polo de agora, imos ver canto mide a Muralla, e intentar reproducir un trociño dela!!!


Moitas Gracias pola visita!!!






23.5.17

VISITA DE PAULA E PAMELA ( 6º EI )

Hoxe O oso Paco ( Paula, mamá de Alba) e Luna ( Pamela, mamá de Adrián) estiveron na nosa clase, interpretando o conto Somos Amigos. Tratamos o valor da amizade a través de accións que viven as personaxes, e despois de esta actuación moi divertida e entretida, fixemos o xogo da amizade, no que tiñamos que decir cousas positivas sobre o compañeiro/a que nos tocou ( previamente puxemos o nome en gomets de cores e asociámonos polas cores iguais). Despois presentamos os caixóns das cousas bonitas, que terá un lugar importante na clase ata que remate o cole, e finalizamos a visita cantando e bailando Apretas que voan de Paco Nogueiras. Moitísimas grazas pola visita, estivemos encantados!!!





14.6.16

DÍA DA FAMILIA: FACEMOS MACETAS ( 5º EI )

Para celebrar o Día Internacional da Familia, o 15 de maio, e tendo en conta que comezamos a facer na clase un pequeno horto, decidimos regalar una planta. Despois de facer votacións sobre que plantar para levar para casa, gañaron os tomates contra os guisantes ( que os sembramos igual no horto da clase). Cada peque, nunha maceta de papel reciclado, plantou sementes de tomate e comezamos a ver o crecemento. Sesións despois,recibimos a visita de Lydia, mamá de Teo de 1º de Primaria, que traballa na Olería de Buño, e axudounos a facer as macetas de barro, que máis tarde levou a cocer nun forno especial durante máis de 10 horas. Cando trouxo as macetas cocidas, pintámolas de cores libremente pero, ó querer transplantar os tomates, observamos que a metade deles non medraran ou afogaran por regar demasiado, así pois, decidimos levar as macetas baleiras para casa e plantar no verán o que nos apetecera.

 

14.5.16

DÍA DA FAMILIA (6º E.I.)

O 15 de maio celébrase o Día da familia, para nosoutros data moi importante e, por iso, quixemos recoller porque a familia é imprescindible. Fixémolles un cadro abstracto pintando con canicas para demostrarlles todo o que significan para nos, esperemos que vos guste porque está feito con todo o cariño.


Día da familia from Sandra on Vimeo.


Este é un resumo de como fixemos os cadros e ademais un debuxo da nosa familia.