26.4.21

PAPIROFLEXIA ( 4º EI)

Hoxe lemos o conto Os Tres porquiños aviadores. Nesta historia o lobo feroz está furioso polo anterior encontro cos tres porquiños e agora realizan unha carreira de avionetas. Trala lectura desta historia fomos ó Leolab onde creamos uns avións de papel, e despois no corredor xogamos a facelos voar. Que ben o pasaron!!!!!!




Laboratorio de Imaxe: Día do Libro, Leo le, nós lemos...? ( 4ºEI)

Neste mes de abril , o Equipo de imaxe, tendo en conta que o día 23 de abril é o Día do Libro, propuxo realizar un cartel para xogar a adiviñar un conto a través de imaxes realizadas cos distintos recursos maker dos que dispoñemos no cole. No cartel temos que adiviñar de que conto se trata pero para comprobar se acertamos ou non, hai que escanear un código Qr ( creado polo alumnado) que nos leva ó booktuber que fala do mesmo.


Na nosa aula escollemos o conto dos 3 porquiños, polo que recreamos no Chroma as tres casiñas dos porquiños con recursos do Leolab: a casita de palla realizámola coas palliñas de contrución, a casa de madeira co Kapla e a casita de ladrillos con bloques de cartón duro que xa parecen ladrillos. Podedes ver todas as fotos da elaboración no seguinte enlace: tres porquiños.



Xa que non están preparados para elaborar eles un código Qr que enlace ó seu propio vídeo de booktubers, no cartel vai un código que enlaza a un vídeo de booktubers conxunto, xa que en infantil únicamente traballamos cun conto.





O pasado venres, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro facendo unha pegada de carteis polas rúas de Malpica e tamén contamos coa colaboración das familias para a distribución dos carteis. Podedes ver a fotos desta xornada no seguinte enlace: carteis. 







22.4.21

ANIVERSARIO DE BORJA ( 4º EI)

 Onte Borja estivo de aniversario, e xa ten 4 ANOS, así que levou a casa a coroa que decorou el e o cartel cos debuxiños que lle fixeron os compañeiros e compañeiras. 






MOITÍSIMAS FELICIDADES BORJA!!!!!

19.4.21

Proxecto O Bosque: TRASPLANTAMOS ( 4º EI)

 A pasada semana realizamos o trasplante das nosas sementes á unha maceta de cartón biodegradable, que posteriormente irán colocadas nas macetas de barro.


FOTOS




16.4.21

CHEGOU A PRIMAVERA (3 anos)

Chegou a primavera ó noso bosque de 4º Educación Infantil, que bonitas quedaron as nosas flores, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: flores.



15.4.21

Macetas de Barro

 Onte recibimos a visita de Lidia de Creare para realizar un taller de barro co alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaira. A intención foi realizar unha maceta que despois levará Lidia a cocer, polo que estamos moi agradecidas con esta colaboración que esperemos que continúe. Podedes ver todas as fotos da sesión premendo na seguinte enlace: Barro





14.4.21

Proxecto O bosque: As plantas ( 4º EI)

 Esta semana continuamos co coidado das nosas flores, e observamos como algunhas están medrando bastante, polo que en breves comezaremos a transpantalas a macetas biodegradables.


COIDANDO AS PLANTAS



Como no recreo encántalles recoller margaridas, dividimos o grupo en dous, e despois de regar as nosas plantas no laboratorio de pequeciencias , baixamos ó patio onde recollemos varios tipos de flores. Despois subimos á cociña, onde colocamos as flores nunhas cubiteiras , botamos auga e colorante e metemos no conxelador. O martes utilizando a mesa de luz e un pouco de sal xogamos cos cubitos de flores.


RECOLLEMOS FLORES



CUBITOS DE XEO NA MESA DE LUZ




8.4.21

PROXECTO O BOSQUE: PLANTAMOS ( 4º EI)

 No escape room realizado antes de marchar de vacacións, a Serea Leo deixounos  de agasallo unhas sementes de flores para plantar. 

Así que á volta se Semana Santa comezamos a pescudar sobre o que precisamos para plantar, pero non houbo demasiada investigación, pois a maioría sabía que precisamos sol, auga, regadeira, terra, macetas, pala... e por suposto SEMENTES.

Para realizar esta actividade dividimos a clase en dous grupos para ir á aula de pequeciencias, onde cada neno e nena escolleu que tipo de flor prefería plantar, colocou un algodón, a semente e regou ( desta forma podemos ver como xermina). Nesta aula hai moita luz e calor, polo que, cando comece a brotar a semente  a pasaremos a unha maceta. Xerminarán as sementes de flores en algodón? Estaremos moi atentos.






FOTOS


Tamén lemos o conto El huerto de Simón, así que pareceunos moi boa idea, ademais de sementar flores, plantar alguns froitos e verduras, polo que teremos primeiro que saber que diferencia hai entre ambos. Para iso aprenderemos a seguinte canción:


7.4.21

ANIVERSARIO DE LEO ( 4º EI)

 Onte Leo estivo de aniversario, así que na asemblea lle cantamos e felicitamos. Neste caso, a coroa xa estaba feita antes de Semana Santa, igual que o cartel cheíño dos debuxos dos seus compañeiros.









XA TES 4 ANOS, MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!