27.4.17
24.4.17
TEATRO (4º E.I.)
O xoves 21 fomos a ver a obra de teatro "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo", e despois da obra fixemos a un obradoiro de marcapáxinas de pitiño, monstro ou peixe.
A NOITE ESTRELADA (4º E.I.)
Fixemos o cadro "A noite estrelada" de Vincnet Van Gogh basándonos no vídeo que atopamos en youtube, Van Gogh Starry Night Interactive Animation. Para facelo fomos a cociña a experimentar que ocorre cando mesturamos leite, lavavaixela e pintura de dedos. E, con esa mestura fixemos as estrelas do cadro. Tamén observamos que ocorre se en vez de pintura de dedos mesturamos con colorante.
9.4.17
8.4.17
6.4.17
PUNTILLISMO (5º E.I.)
Antes de marchar de vacacións de semana santa quixemos probar unha nova técnica plástica, o puntillismo, empregándolo para participar na elección da portada da revista escolar. Cada un fixo o seu propio debuxo e despois coloreámolo con esta técnica, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: puntillismo.
BARRO (5º E.I.)
Finalmente terminamos de pintar as figuras de barro que fixemos a semana pasada na olería de Buño, tiñamos que ter moito coidado porque algunhas romperon no proceso aínda que quedaron moi ben, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: barro.
AMIZADE CON MENIÑOS (5º E.I.)
A través das actividades que nos propuxeron dende Meniños son moitas as habilidades sociais que estamos traballando e neste ocasión tocoulle o turno a amizade. O primeiro que fixemos foi a nosa silueta da amizade, explicando que cando somos todos amigos estamos todos xuntos e contentos como as nosas siluetas pero que cando nos enfadamos cun amigo ou amiga separámonos, igual cos nosos bonecos e se queremos que se volvan a xuntar hai que resolver o voso conflicto. Ademais fixemos algúns xogos cooperativos para reforzar esta amizade, algún deles foron as cadeiras musicais cooperativas, o tren da amizade e o baile da compenetración, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: siluetas da amizade.
RECICLAXE (5º E.I.)
O pasado mércores estivemos aprendendo moitas cousas sobre a reciclaxe. Primeiro estivemos vendo varios vídeos que teñen os bolechas moi interesantes sobre este tema e xogamos a varios xogos online onde tiñamos que acertar en que contenedor iba cada cousa do lixo.
Ademais empregamos o escornabot para seguir afianzando contidos e para iso collíamos unha tarxeta e dependendo do cor que nos saíra tiñamos que levar o escornabot o lixo que vai nese contenedor.
Finalmente tivemos a visita dunha organización chamada ANCARIA, que explicounos moitas cousas mais e fixemos máis actividades para seguir aprendendo a reciclar e reutilizar, todas as fotos as podedes ver no seguinte enlace: reciclaxe.
5.4.17
PICASSO (5º E.I.)
Na clase de 4 anos, despois de traballar os músicos de Botero, comezamos analizar que outros pintores fixeran cadros de músicos e descubrimos a Picasso. O primeiro que fixemos foi buscar información sobre este gran pintor e aprendimos moito con este vídeo:
Con este vídeo e con diferentes libros que encontramos na biblioteca descubrimos moitas cousas de Picasso, entre elas que pasou por diferentes épocas e nunha delas comenzou a empregar a técnica do collage, por exemplo no cadro dos músicos, así que nos tamén intentamos facer a nosa propia producción, podedes ver todas as fotos desta actividade no seguinte enlace: músicos de picasso.
Por último, fixemos uns retratos imitando a Picasso que nos fixeron moito gracia porque colocaba os ollos, a nariz e a boca de forma rara... e o resultado dos cadros foron moi simpáticos. Ademais empregamos unhas pinturas especiais que son témperas sólidas, así que podedes ver todo o proceso premendo no seguinte enlace: retratos Picasso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)