23.2.15

PROTAGONISTA DA SEMANA: ALEJO ( 4º EI )

A semana pasada, o mércores 18, Alejo cumpliu 4 anos. Como ese día non houbo cole celebrámolo na clase ó día seguinte. Tivemos a visita de mami e papi, que nos contaron cosas moi interesantes no libro viaxeiro, como que non lle gusta nada ir á perruquería!!! Moitas gracias por vir e ata a próxima!!





FACEMOS OS DISFRACES DE PINGÜÍNS!! ( 4º EI )

hipocampillo's hacemos disfraces album on Photobucket

SEMANA DA FROITA (5º E.I.)



Comezamos a semana de froita e  hoxe tocounos mandarina e pera.






12.2.15

FESTA DE DISFRACES ( 4º EI )

Pero que guapiños estaban todosssss!!!!! Unha festa de disfraces moi divertida!!!


 

ENTROIDO (5º E.I.)

Hoxe o pasamos en grande na nosa festa de disfraces e xa temos todo preparado para o Entroido, soamente falta que nos acompañe o tempo. Ao final farei un video resumo con todo o entroido.



11.2.15

PANCHO (5º E.I.)

Este é o noso amigo Pancho que coñecimos na excursión de Coruña, facía moitas piruetas e encantounos, por iso nos tamén quixemos facer o noso.



10.2.15

MÁSCARAS DE ENTROIDO ( 4º EI )

Unha das actividades para motivar a celebración do entroido foi facer máscaras con trociños de papel, estes pequerrechos son grandes artistas, que bonito!!!
















IMOS DE EXCURSIÓN A CORUÑA ( 4º EI )


Hoxe fomos A Coruña a pasar o día. Montamos no bus a primeira hora e chegamos ó Teatro Colón, alí vimos a obra do Cascanueces, que estivo moi divertida e entretida!!! Montamos de novo no bus e fomos ó Museo de Arte Contemporánea, alí despois de ir ó baño e limpar as mans comimos as cousas ricas que trouxemos da casa, algúns tiñamos moita fame!! Tras recoller e xogar un pouquiño comezamos a visita, todo obras de arte relacionadas coa luz. Foi moi divertido facernos tatuaxes máxicos e ver como brilaban na sala de luz ultravioleta e coñecer a Pancho un peixe luminoso!!