Comezamos este novo curso, sendo o protagonista deste ano o Lobo Lupo, polo que deixamos por aquí algunhas das actividades que fixemos nestes primeiros días, xa que temos nova asemblea, novas cancións, bailes, novos materiais na zona de traballo (como o teléfono que está sendo todo un éxito)... Podedes ver todas as fotos destes primeiros días premendo no seguinte enlace: inicio de curso.
22.9.26
5.6.26
Día Mundial do Medio Ambiente 2026 (4º E.I.)
Toda esta semana estivemos traballando a importancia de coidar o medio ambiente, centrándonos sobre todo no importante que é non tirar lixo ao chan para que non acabe no mar. Fixemos múltiples actividades como xogos na pantalla interactiva, vimos varios contos sobre a reciclaxe, empregamos o robot para levar o lixo o seu contenedor correspondente, pintamos uns mandalas sobre a natureza que os transformamos en atrapa soños... e, elaboramos un cartel con area para a exposición de todo o centro que leva o lema de "Lixo viaxeiro remata no mar enteiro". Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Día do medio ambiente.
4.6.26
Visita á horta (4º E.I.)
Onte realizamos unha saída moi especial xa que fumos ver unha horta de Malpica. Foi moi emocionante descubrir como son as plantas das diferentes verduras que despois vemos no noso plato, pero sobre todo empregar o sacho para encontrar as patacas. Tamén estivemos apañando nos limóns e nas flores e viñemos cargados para a casa. Ademais aproveitamos para baixar o porto, visitar as redeiras e seguir concienciándonos do importante de non tirar lixo ao chan para que despois non vaia para o mar. Podedes ver todas as fotos desta xornada tan emocionante premendo no seguinte enlace: horta.
2.6.26
Aniversario lector (4º E.I.)
Este mes imos celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen no verán. Comezamos con Valentina e nos acompañou a súa nai e a súa irmá, lendo un fermoso libro titulado "Llegarás hasta la luna". Tamén nos trouxeron un rico pastel de chocolate. Moitas gracias por participar nesta actividade de aniversarios lectores.
29.5.26
Vaca condesa (4º E.I.)
20.5.26
Excursión Coruña (4º E.I.)
A pasada semana realizamos a nosa primeira excursión e todo foi unha gran emoción, dende montarnos no autobús ata descubrir un novo parque en Arteixo para merendar. Despois acudimos a unha representación teatral na Afundación Abanca de A Coruña. Podedes ver todas as fotos da xornada no seguinte enlace: excursión.
14.5.26
Festival das Letras Galegas (4º E.I.)
Manualidades Granxa (4º E.I.)
Son moitas as actividades que estamos a facer arredor do tema da granxa, entre elas unha ovella de algodón, un pitiño con tiras amarelas que nos serviu para iniciarnos no mundo das tesoiras e o pitiño que sae do seu cascarón que é a nosa actividade estrela. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: manualidades da granxa.
13.5.26
Aniversario lector (4º E.I.)
Hoxe Xoel cumple 4 anos e o celebramos coa actividade "Aniversarios lectores", gracias a que viñeron o seu papá e a súa mamá a ler o conto "Las princesas también se tiran pedos". Tamén nos trouxeron unhas ricas madalenas que cociñaron xuntos. Moitas gracias pola vosa visita.
24.4.26
Día do Libro: merenda saudable e lectura na rúa
Hoxe conmemoramos o Día Internacional do libro, coa xa tradicional actividade de "Lectura na rúa e merenda saudable". Todo o alumnado de Educación Infantil baixamos as rúas de Malpica, a zona da praia, para desfrutar dunha merenda saudable que elaboramos previamente na aula de cociña (biscoito de cenoria, brochetas de froita e sandwich de fiambre). Lemos diferentes contos cunhas vistas e cun día que nos acompañou espectacular, despois cada profe contou un conto diferente e rematamos a xornada cun tempo de lecer no parque. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: dia do libro.
Onte estivemos preparando na cociña a merenda saudable para actividade polo Día do Libro, proposta dende a biblioteca do centro. Aproveitando que estamos traballando a comida dos animais da granxa, fixemos un biscoito de cenoria. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: biscoito de cenoria.
23.4.26
Aniversario lector Nico (4º E.I.)
Hoxe, coincidindo co Día do Libro, cumpriu anos Nico e o celebramos coa actividade de "Aniversarios lectores". Acompañounos a súa nai e a súa irmá Sofía, que nos leron entre as dúas o conto de "Os tres porquiños" e nos trouxeron un rico biscoito de chocolate.
22.4.26
Aniversario Lector Amanda (4º E.I.)
Hoxe celebramos o aniversario de Amanda, que xa cumpriu 4 anos, coa actividade "Aniversarios lectores". Acompañounos a súa nai e o seu pai que nos leron o conto de "O peixe arco da vella" e ademais nos trouxeron un rico biscoito.
17.4.26
Actividades sensoriais da granxa (4º E.I.)
O pasado xoves acudimos a cociña realizar diferentes actividades sensoriais relacionadas coa granxa, coas aqueles desfrutaron moitísimo. Estas foron:
- Pelar ovos cocidos e picalos.
- Atrapar miñocas (limpiapipas) co pico dos pitiños (pinzas).
- Traballar na horta.
- Esquilar as ovellas (espuma de afeitar).
- Limpiar os porquiños que estaban na pocilga.
- Darlle de comer as galiñas machacando o millo, cereais, copos de avena...
Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: actividades sensoriais.
Proxecto: Granxa (4º E.I.)
Neste último trimestre, iniciamos un novo proxecto, A granxa, aínda que a literatura segue estando moi presente en todas as actividades que realizamos. Gracias as aportacións das familias contamos con un montón de recursos novos que nos sirven para o noso traballo diario. Desta maneira, creamos un mini mundo da granxa, aportamos novos xogos (quebracabezas, actividades de numeración...) relacionados coa granxa a área de traballo, aprendimos a xogar ao dominó da granxa, cada un deles realizou a súa propia granxa con pegatinas... e ata fixemos un mini horto na clase. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: granxa.
27.3.26
Saída Museo de Belas Artes (6ºEI)
- Observar cadros e esculturas reais, descubrindo que cada obra conta unha historia.
- Explorar diferentes técnicas e cores que nos serven de inspiración para as nosas propias creacións na aula.
- Marabillarse co patrimonio da nosa cidade, convertendo o museo nun gran lenzo vivo.
Semana da primavera (4º E.I.)
Coa chegada da primavera e as vacacións da Semana Santa, esta semana a dedicamos a realizar diferentes actividades, relacionadas con estes temas, que tanto lle gustaron aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (podedes ver todas as imaxes premendo no título das actividades):
- Piruletas de chocolate: o pasado martes acudimos a biblioteca a realizar piruletas de chocolate blanco e chocolate negro, cada neno elexiu cal quería, e despois de susperar numerosos problemas conseguimos facelas e tamén uns bombóns que desfrutamos ao día seguinte.
17.3.26
Artes Galegas (2026)
6.3.26
Semana da Muller: galegas nas artes. Rosalía de Castro (4º E.I.)
Durante esta semana na clase de 4º Educación Infantil estivemos traballando as mulleres galegas nas artes, no noso caso seguimos coa literatura polo que afondamos na figura de Rosalía de Castro. Acudimos a exposición de "As nosas letras" da biblioteca escolar adicada a esta escritora, realizamos varios genially para coñecer un pouquiño máis da súa vida e da súa obra, cantamos a canción de "O Moucho" de Migallas, descubrindo que a letra era un poema de Rosalía, fumos a buscar flores para decorar a portada do seu primer libro titulado "La flor" e cada un dos nenos e nenas elexiu un poema seu e coloreu un debuxo quedando así un fermoso mural para compartir co resto de compañeiros e compañeiras. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: día da muller.
23.2.26
Día de Rosalía de Castro (4º E.I.)
Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro coñecendo a súa figura e recitando algún dos seus poemas. Comezamos visionado un vídeo dos Bolechas no que presentaron a Rosalía de Castro e explicaron algún dos seus poemas máis famosos. Despois acudimos a exposición da biblioteca e lemos o conto "Parece una rosa", que nos gustou moito. Coñecimos un pouco máis da súa vida e dos seus libros a través do genially sobre ela, no que tíñamos que superar varias probas e no que tamén aparecía a versión cantada do poema "Xan", que tamén nos fixo moita gracia. Ao final deste xogo nos propoñía que pintaramos unha ilustración de Juanlu Nacha, que nos están quedando do máis coloridas e, finalmente, seguindo a proposta da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega can neno/a levou de agasallo un libro en galego e un marcapáxinas con forma de flor. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: rosalía de castro.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)




.jpg)

.jpg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)






.jpg)
.jpg)
.jpeg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

