27.3.23

EXCURSIÓN A CORUÑA ( 6º EI)

 O venres, como actividade final do noso Proxecto Os Castrexos, realizamos unha visita ó     Castelo de San Antón en Coruña.

Alí vimos un  montón de cousas prehistóricas que nos chamaron moito a atención: a reproducción dun barco prehistórico, a punta de frechas, espadas e coitelos, cintos de ouro, torques impresionantes...ademais coñecimos moitas cousas da chegada dos romanos, como que trouxeron as moedas, o vidro, as tellas, debaixo da rúa Real de Coruña hai un cemiterio romano...


A visita foi moi interesante, especialmente o pozo ou cisterna, un espazo onde os habitantes do Castelo gardaban a auga potable.


Despois merendamos na Torre de Hércules, e a pesar do aire,l pasámolo xenial.



No hay comentarios:

Publicar un comentario