Mostrando entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas

8.12.22

ADORNOS DE NADAL RECICLADOS ( 6º EI)


O tempo de Nadal está chegando, así que esta semana da man de Pablo do grupo Limpocean, disfrutamos dun obradoiro no que tivemos que crear adornos de nadal para unha árbore. 
Nesta actividade seguimos traballando a importancia da reciclaxe e a reutilización, así que os nosos adornos foron creados con múltitude de materiais: restos de goma eva, cartolinas e diversidade de papeis; tapóns, cápsulas de café, o plástico das caixas de bombóns...

Foi unha actividade moi divertida e creativa, e ademais cun produto final moito máis impactante do que esparabamos.



Premer na imaxe para acceder á galería

 

10.6.22

LAB. IDEAS: XOGOS 3R ( 5º EI)

Laboratorio de Ideas: xogos 3R

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Para a celebración do Día do Medio Ambiente, presentamos os produtos finais do último laboratorio de aprendizaxe do curso, o Laboratorio de Ideas, recollido na proposta de actividades trimestrais.

O xogo e o texto instructivo presidiron o laboratorio e grazas a grande creatividade de tod@s xurdiron xogos 3R diversos, tales como: Emboque ,Dominó ,o pano, Choiva de tapóns ,Tira-bólas , Raiola ,Tres en raia ,Teléfono escacharrado e os birlos.


Así que onte baixamos a psicomotricidade para xogar con algúns deste novos xoguetes e pasáronno xenial!!!! Aquí tedes as fotos da actividade:



Parabéns a tod@s! Coidando o Medio Ambiente, aplicando as 3R: reducir, reutilizar e reciclar.


 

18.3.22

AXUDANDO A RECICLAR ( 5º EI)

 Esta semana descubrimos a Illa de Reciclaxe, creada polo alumnado de 6ºEP na subida ó andar 2. Cada peque levou un ou varios materiais que non nesitamos e tiveron que buscar a caixa onde deixalos!!


Preme na imaxe para acceder á galería


10.12.20

ADORNOS DE NADAL (4º E.I.)


 

Que bonitas están quedando todas as árbores de Nadal cos adornos de reciclaxe tan orixinais que elaboráchedes, que gran traballo! Podedes ver os adornos dos compañeiros e compañeiras de clase premendo no seguinte enlace: Adornos de Nadal.

9.6.20

PROPOSTA SEMANAL: OS OCÉANOS

Onte, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos. Así que vos propoñemos algunhas actividades divertidas para xogar.

Neste enlace tedes un montón de actividades e xogos:

http://www.cadernoverde.gal/













MANUALIDADES:





PROPOSTA

 FACER ALGUNHA ACTIVIDADE CREATIVA/ARTÍSTICA RELACIONADA CO MAR: MANUALIDADE, CONTO, TEATRO...BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!!!

6.5.20

PROXECTO EXPRES-ARTE ( 8º SESIÓN)

 ACTIVIDADE 1:

Esta vez, e para rematar coas obras de Kandinsky propoñemos realizar un cadro propio, utilizando materiais reciclados e reutilizables: restos de papeis, periódicos vellos, plásticos, cordas... o que teñades por casa.

Indicacións:

-  Facer un boceto da nosa obra: podemos debuxar con lápiz a estructura da mesma
- Dar un fondo de cor se é preciso
- Buscar os materiais necesarios
- Construir a obra e facer modificacións necesarias


  ACTIVIDADE 2:

- Poñemos título a nosa obra: escribimos pola parte de atrás da mesma ou nun cartel separado.


21.3.20

RECICLAXE

Antes da suspensión das clases, en 3 e 4 anos estivemos  traballando a reciclaxe. Primeiro fixemos un xogo no que cada un tiña unha tarxeta coa foto dun residuo e tiña que colocala no vertedeiro correspondente. Despois fixemos unha ficha para afianzar o aprendido e se non recordaban en que contenedor iba podían levantarse mirar no xogo anterior. Ao dia seguinte con esas mesmas fotos fixemos un xogo de bee-bot, tiña que sacar unha tarxeta onde estaban os diferentes contenedores e levar o bee-bot o lixo correspondente. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: reciclaxe.


1.3.20

ENTROIDO ( 6º EI)





ANTES DO ENTROIDO

Cumplindo o 4º reto da Doutora Tirita, cada quen tivo que escoller que virus bo sería o día do entroido e o nome do mesmo, e despois facer un deseño do mesmo


                 DESEÑO DOS DISFRACES


Os disfraces fixéronse nunha cartolina con materiais reutilizados doutras actividades de clase, restos de papeis, iron fix, lá, bolsas ... E éstas pegáronse nunha bolsa branca, que despois do entroido serán utilizadas para crear mandilóns para a cociña.


XOVES 20 DE FEBREIRO

Os nenos e nenas de infantil puideron vir disfrazados de casa como quixeran, así que a primeira hora cada un deles explicou o seu disfraz e os seus detalles.
Despois, na cociña, fixemos rosquillas no forno. Cada neno/a fixo unha letra de VIVA O ENTROIDO 2020, e posto que nos gusta moito traballar con masas, antes de ir ó recreo, fixemos masas de fariña e agua para xogar con elas.

               RECEITA DO ENTROIDO

Tras merendar e ler un conto, todo o ciclo de infantil baixamos á aula de psicomotricidade, onde comemos patacas fritidas, gusanitos, galletas...e por suposto, as rosquillas que fixeramos na cociña.
Despois xogamos e bailamos sen parar!!!!


                DISFRACES

               FESTA DE DISFRACES



VENRES 21

Ese día celebramos o Entroido, así que a primeira hora comezamos a disfrazarnos e pintarnos. Unha vez estaba todo preparado , baixamos ó patio para organizar o desfile, que fixemos dende ó cole ó centro de Malpica.


                      DESFILE

Tras subir de volta en autobús, tiñamos no cole unha festa con doces típicos desta data, e á que estaban invitadas as familias. Pasámolo en grande xogando cos compis!!!!


               MERENDA E FESTA DESPOIS DO DESFILE



29.2.20

GRANDES IDEAS ( 6ºEI)

O xoves un neno da clase tivo unha grande idea, pensou que sería estupendo poñer carteis a cada cubo de lixo, para evitar que ninguén se confundira e poder facer unha mellor reciclaxe. Propuxémolo ó resto da aula e todos estiveron de acordo, por tanto fixeron os carteis entre todos e quedaron así de ben:

30.1.20

ECOPOMBA


Como xa sabedes formamos parte do programa "Recíclate con Sogama" e este mes estivemos traballando a reciclaxe de distintas maneiras. O primeiro contacto foron as charlas que recibimos por parte dos nosos compañeiros/as máis maiores que nos ensinaron como empregar os caldeiros verde, amarelo e azul que agora tíñamos na clase e resolveron todas as nosas dúbidas (fotos).
Despois vimos un capítulo dos Storybots, que nos gustou moito de porque tíñamos que reciclar e traballamos con dous libros da nosa biblioteca cos que tamén aprendimos moitas cousas, Yared e a reciclaxe  e Que le pasa al planeta?. Neste último libro explícanos a importancia que teñen os nosos pequenos actos para o planeta e como axudarlo a mellorarlo. A partir de ahí estivemos pensando diferentes cousas que cada un de nos podíamos facer, pero como tamén estabamos a traballar a paz, ocorréusenos reutilizar materiais e facer unha pomba con materiais reciclados. Unha pomba que loita contra a guerra e neste caso, contra a guerra dos plásticos, así que empregados as botellas de auga que terminamos na merenda, os tapóns de plástico, as palliñas... e creamos a nosa ECOPOMBA. 
Os nosos compañeiros do 1º ciclo de E.P. colaboraron creando as nubes con mensaxes de paz e os símbolos da paz con tapóns reciclados. Podedes ver todas as imaxes do proceso premendo no seguinte enlace:  ecopomba.



RECICLANDO EMOCIÓNS


Na clase de Educación Emocional aproveitamos que tíñamos moitos material reutilizable que nos sobraron doutros traballos, papeis distintos, tapóns, macarróns, bastoncillos, plumas, limpiapipas... e representamos as diversas emocións que estamos traballando, aínda que esta actividades gustounos tanto que casi todos os puxeron contentos. Podedes ver as fotos de todo o proceso premendo no seguinte enlace: reciclando emocións.

PROXECTO DO CORPO: ENFADADITIS ( 6º EI)

Esta semana xa rematamos de crear ó noso virus ENFADADITIS. Para isto, decidimos entre todos que forma tería e gañou círculo, tamén votamos a cor e houbo moita competencia entre o rosa e vermello, pero gañou este último.

Despois determinamos que partes tería: ollos, patas, nariz, boca, cola  e pinchos. Fixemos grupos de traballo por parellas, de forma que cada unha se centrara na creación dunha parte, e unha vez todo organizado, marchamos ó Leolab, onde deron moita conta da súa imaxinación e creatividade para converter e reutilizar restos de materiais nunha obra de arte.

E ASÍ NACEU ESTE ENFADADITIS TAN SINGULAR E MONSTRUOSO!!!



O ENFADADITIS

20.1.20

RECÍCLATE CON SOGAMA ( 6º EI)

Agora na clase temos tres cubos para separar o lixo que xeramos, por iso, o pasado venres, recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria que nos explicou como se utilizan os distintos contedores: amarelo, azul, verde, marrón...

Ademais organizaron un xogo no que tiñamos que colocar cada residuo no lugar correspondente. Moitas grazas por axudarnos coa reciclaxe!!!



VISITA

29.11.18

A GRAN MURALLA CHINA ( 5º EI )

Hai unhas semanas descubrimos a Gran Muralla China, sabiamos que era moi grande, tan grande que se ve dende o espazo ( temos pendente ir ó espazo para vela). Así que decidimos facer a nosa propia Muralla utilizando cartóns de leite, recollimos unha morea deles, así que esta semana comezamos a nosa construcción.

Para comezar metímolos nunha caixa moi grande, e por turnos, collimos catro cartóns para facer unha pequena muralla, coa problemática das contas: algúns collían de máis e outros de menos... cantos cartóns teño que quitar? cantos teño que poñer para ter catro?

Unha vez que todos tiñamos catro cartóns e a muralla feita, xuntámolas para facer unha xigante pero... Dímonos conta que non tiñamos suficientes cartóns de leite para facer a Gran Muralla por todo o pasillo, así que ó final fixémola con pequenos bloques de madeira da biblioteca escolar. Tiñamos que colocar 10 bloques e despois un cartón de leite como torreón, e así ata chegar ó final. Neste proceso tivemos o grupo de constructores, o persoal de limpeza e os xefes da construcción, comprobando a colocación e cantidade de bloques. Despois desta actividade, coa que estaban moi emocionados, decidimos recoller, xa que se deixabamos a nosa Muralla no pasillo, acabaría desmontada. Pero despois tivemos unha sesión de psicomotricidade con Manu, nesta sesión tiveron que facer outra Muralla China, primeiro tiñan que cruzala mantendo o equilibrio de un en un., despois cunha tea vermella, convertéronse nun... DRAGÓN CHINO!! Por grupos xogaron a cruzar a muralla e... Pasaronno xenial!!!!


Posto que seguiamos tendo cartóns de leite, decidimos reutilizalos , para o que fixemos unha actividade creativa de construcción e traballo en equipo. Creamos catro grupos, o grupo 1 formado por Dania, Breixo e Noa que decidiron facer un dragón chino, o grupo 2 composto por Santiago, Juan Luis, Antía e Saúl crearon tamén un dragón chino, o grupo 3 con Valentina, Anna, Gabriel e Marcelo fixeron a Gran Muralla China, e o grupo 4 formado por Leo, Benito e Clara construiron unha vaca.

Aínda que o traballo en equipo costa un pouquiño, e poñerse de acordo na toma de decisións tamén, foi unha actividade moi productiva e interesante, pero non está rematada, polo de agora están as bases, despois teremos que pintar e rematar as nosas obras de reciclaxe.



A GRAN MURALLA CHINA

6.4.17

RECICLAXE (5º E.I.)

O pasado mércores estivemos aprendendo moitas cousas sobre a reciclaxe. Primeiro estivemos vendo varios vídeos que teñen os bolechas moi interesantes sobre este tema e xogamos a varios xogos online onde tiñamos que acertar en que contenedor iba cada cousa do lixo.



Ademais empregamos o escornabot para seguir afianzando contidos e para iso collíamos unha tarxeta e dependendo do cor que nos saíra tiñamos que levar o escornabot o lixo que vai nese contenedor.
















Finalmente tivemos a visita  dunha organización chamada ANCARIA, que explicounos moitas cousas mais e fixemos máis actividades para seguir aprendendo a reciclar e reutilizar, todas as fotos as podedes ver no seguinte enlace: reciclaxe.