30.11.14
25.11.14
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, festexamos o Día Internacional
Contra a Violencia de Xénero e para iso comezamos a traballar o noso recuncho
da amizade con mensaxes positivas. Tamén fixemos un debuxo a unha nena o un
neno e buscamos as súas letras, traballando a importancia de respectar tanto a
uns como a outros.
22.11.14
A CURUXA MARIOLA
Xa temos mascota na clase, é a nosa Curuxa Mariola, elixido o nome por sorteo de todos os que nos aportáchedes das casas, moitas GRAZAS!!!
O venres tamén tivemos un fermoso cadro dunha curuxa feito con teas e como nos gustou tanto quixemos facerlle un collage a nosa Curuxa Mariola. Para elo contábamos con todo tipo de papeis, lás, rotuladores, ceras blandas... e o único que tiñamos que cumprir era que se vira a curuxa e escribir o seu nome. Así foi o proceso:
E este foi o resultado, a clase das curuxas son uns artistas, decidimos entre todos que os íbamos colgar no corredoiro:
18.11.14
QUE COMEN AS CURUXAS? (5º E.I.)
Hoxe na clase de 4 anos estivemos investigando que comen as curuxas e as nosas primeiras ideas foron as seguintes:
Nun primeiro momento case todos pensabamos que comían millo pero buscamos nos libros que nos achegáchedes das casas e descubrimos que comían, principalmnete ratóns pero tamén miñocas, arañas, caracois... así que algún neno/a tamén acertou.
Despois do recreo fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar que animal era o que se atopa dentro da bolsa. Pensando que era de verdade ningún quería meter a mán e aínda descubrindo que eran gominolas con forma de arañas, miñocas e caracois, non todos quixeron probar sorte.
Cando xa averiguamos que eran golosinas tiñamos un problema para repartirlas, por que non sabíamos como facer para todos coméramos o mesmo número delas. O principio probamos a repartir unha a cada un pero sin comela por si non chegaban e tiñamos que cortarlas. Como nos sobraron tivemos que contar cantos eramos e cantas golosinas tiñamos.
Buscamos moitas solucións e non todas nos convencía, porque algunha non repartía as gominolas por igual, pero finalmente cortando varias veces e contando moito puidemos comer todos e quedar conformes. Tedes a continuación un resumo en fotos do ben co pasamos e de todo o que aprendimos.
13.11.14
XOGOS DE MAGOSTO
O xoves pola tarde
pasámolo xenial!! A aula de 3 e 4 anos xuntámonos na aula de psicomotricidade
para xogar a xogos típicos do magosto: o
xogo da traga castaña, relevos, baile da castaña… Todo para motivar a celebración do Magosto o día seguinte!!
6.11.14
SAMAÍN NA EDUCACIÓN INFANTIL
O pasado mércores, 29 de outubro, festexamos o Samaín cun taller de cociña, onde os nenos e nenas fixeron dedos terroríficos e ratonciños, e recibimos a visita dun bruxa boa que realizou moitas pócimas de cores, pasámolo de medo!!!!!
2.11.14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)