9.4.19

Escornabots: xogo de números ( 5º EI)

Hoxe xogamos co escornabot a un xogo de asociar cantidades con números, para iso precisamos un dado xigante. Pasámolo xenia!!!


Números escornabóticos

5.4.19

VISITA Á PRAIA DE SEIRUGA


Tras traballar a importancia de manter o mar e as praias limpas, das consecuencias do lixo para os animais e concienciarnos de que isto nos afecta a todos, fixemos todo o ciclo de infantil unha visita á praia de Seiruga, onde recollimos todo o lixo que atopamos. Así que despois de tanto recoller e limpar colaborando en grupo, gozamos libremente xogando coa area. 
As profes fixemos unha selección do recollido, e incorporamos o importante ó conxunto de crebas que hai no cole aportadas polo alumnado, material que será reutilizado en próximas actividades.


A PRAIA DE SEIRUGA

4.4.19

CONTAMINACIÓN DO MAR ( 5º EI )

Hai varias semanas ocorreu algo importante en Ponteceso, apareceu una balea varada na Praia de Valarés!!! Falamos deste acontecemento,  e despois de facer unha asamblea grupal, fixemos una pequena sesión de radio para falar sobre os motivos deste acontecemento.

Todo isto levounos a falar sobre o lixo no mar e os microplásticos, e sobre como afecta ós animais mariños. Tamén acabamos falando de Man, o alemán de Camelle e o seu amor polo mar, e sobre os vertidos de petróleo.
 Descubrimos que as tartarugas comen medusas, e que moitas veces as confunden con bolsas de plástico, así que decidimos coidar o noso mar recollendo lixo da Praia ( aínda temos que organizar esta saída).
 Falando das tartarugas, una nena dixo que iso era imposible porque as bolsas de plástico son máis grandes que as tartarugas, o que nos levou a facer una actividade cunha cinta métrica para facer aproximacións sobre o tamaño da tartaruga mariña máis grande. Cada un fixo unha estimación da medida, marchamos á biblioteca a investigar este tema, e descubrimos que hai tartarugas mariñas que poden chegar a medir 2,50m!!!!!!! Tras medir canto son 250cm na cinta métrica, miramos cantos cartóns de leite , cantas pisadas e cantos nenos/as precisabamos para chegar a esta medida!!!Seguiremos traballando a contaminación do mar .


O tamaño da tartaruga mariña

3.4.19

VISITA LOLA ( LIBRARÍA AENEA)

A pasada semana tivemos unha sesión de contacontos con Lola, a chica da libraría Aenea, que trouxo un montón de contos e materiais, algúns deles xa forman parte do cole.  ensinounos un libro de animais mariños, outro de crías de animais a tamaño real con desplegables, o conto dun neno que quería pintar as unllas e unha historia preciosa sobre un lobo que loitaba no interior por ser bo. Moitas grazas pola visita, ata a próxima!!!


CONTACONTOS

BENVIDA PRIMAVERA ( 5º EI )

Coa chegada da primavera, aproveitamos para facer un mural con flores, e repasar así os trazos xa interiorizados e aprender algúns novos. Foi unha actividade sinxela, pero creou unha grande motivación e expectación nos peques, que sorprendéronse das cousas tan bonitas que podemos facer con moi pouco!!!



Flores primaverais