30.9.21

OS NOSOS NOMES ( 5º EI)

 Nestes días de escola estivemos traballando o noso nome, as súas letras e o seu conteo, os que comezan pola mesma letra, e comprobamos quen ten o nome máis longo e máis curto.







21.9.21

Leolab (5º E.I.)


 Os venres son o día que temos reservado no noso horario para poder acudir a biblioteca e o Leolab, o pasado día xa estivemos traballando por zonas e, especialmente, o nome dos nosos compañeiros, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: leolab.

16.9.21

MARTES ROBÓTICOS ( 6º EI)

 Durante este curso, o alumnado de 6º EI realizará a actividade os martes robóticos, nos que coñeceremos os distintos recursos da nosa Biblioteca Creativa, sobretodo do Leolab, e gravaremos vídeos-titorais para elaborar un panel con códigos Qr, de forma que toda a Comunidade Educativa teña acceso á información necesaria para utilizar calquera recurso do que dispoñemos no centro.


Están moi ilusionados/as, pois din que serán Youtubers!!!

Para poder realizar o vídeo precisamos primeiro xogar e coñecer moi ben o recurso, así que man á obra:

Este martes comezamos as nosas sesións coñecendo o ESCORNABOT: as súas partes, plantillas e desprazamentos.




Cando estabamos xogando co escorna na plantilla démonos conta de que non coincidía o movemento coas cuadrículas da mesma. Así que pensamos... Porque?

O escornabot anda menos que o que mide cada cuadrícula da plantilla, así que medimos as cuadrículas e o desprazamento do escorna utilizando unha regra: A plantilla que utilizamos era de cuadrículas de 15 cm e o escorna anda 10 cm.














Así pois, para xogar con este escorna precisamos unha plantilla con cuadrículas de 10cm. Pensamos...Onde pode haber plantillas? NO LEOLAB!!!!





Alá marchamos e atopamos moitas plantillas, medimos algunhas e atopamos unha que nos servía!!!! 

O próximo martes xogaremos e comezaremos a preparar todo para poder gravar o vídeo-titorial!!










ANIVERSARIOS ( 5º EI)

 Neste novo curso celebramos os aniversarios que quedaron pendentes por cumplir no verán e a principio de setembro.

Como estes nenos/as non tiveron o seu día especial o pasado curso, celebrámolos igual que o resto dos compañeiros/as : coa coroa e os debuxos realizados polos compis.


Moitísimas felicidades a Daniela M., Olivia e Uxía. 


4 ANIÑOS XA!!!!!!!!





























Repasamos a nosa inicial

 Repasamos a inicial do noso nome en diferentes formatos e o que máis nos gustou foi na cociña con sirope e plátano, aquí tedes todas as fotos: inicial.



Iniciamos o curso!

 Na aula de 5º de Educación Infantil arrancamos o curso nun espazo novo, con novos recunchos e materiais moi distintos. Estas son algunhas fotos dos primeiros días.