Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas

24.4.26

Día do Libro: merenda saudable e lectura na rúa

 Hoxe conmemoramos o Día Internacional do libro, coa xa tradicional actividade de "Lectura na rúa e merenda saudable". Todo o alumnado de Educación Infantil baixamos as rúas de Malpica, a zona da praia, para desfrutar dunha merenda saudable que elaboramos previamente na aula de cociña (biscoito de cenoria, brochetas de froita e sandwich de fiambre). Lemos diferentes contos cunhas vistas e cun día que nos acompañou espectacular, despois cada profe contou un conto diferente e rematamos a xornada cun tempo de lecer no parque. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: dia do libro.




 Onte estivemos preparando na cociña a merenda saudable para actividade polo Día do Libro, proposta dende a biblioteca do centro. Aproveitando que estamos traballando a comida dos animais da granxa, fixemos un biscoito de cenoria. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: biscoito de cenoria.










23.4.25

Día do Libro 2025

 Hoxe conmemoramos o Día do Libro acudindo a Biblioteca do centro, para que a mestra en prácticas Lara nos contara o conto de Cocorico e ademais nos agasallara cun biscoito (xa que estaba de cumpreanos). Parabén Lara!!!







27.4.23

DÍA DO LIBRO

 O domingo celebrouse o Día do Libro, polo que para o luns tiñamos preparada unha actividade de lectura na rúa pero, como o tempo non acompañou, decidimos aplazala para outro momento.

Así que conmemoramos este Día coa lectura dos peques en grupos interniveis, onde en equipo se leron entre eles diversos contos, pois pensamos que...

A MELLOR FORMA DE CELEBRAR O DÍA DO LIBRO... É LENDO!!

26.4.22

DÍA DO LIBRO: Lectura na rúa ( 4º e 5º EI)

 Onte conmemoramos o Día do Libro con lecturas na rúa.

Así, o alumnado de 4º e 5º de infantil baixamos  ó agro da igrexa de Malpica, onde primeiro as profes lemos tres contos: Tonino, O coelliño branco e O crocodrilo ó que non lle gusta a auga para despois merendar.

Tras recoller, foron collendo o conto que tiñan na súa mochila para ler e foron cambiandoos entre eles. Despois os gardaron na mochila e acabamos a actividade xogando e aproveitando o magnífico día de sol!!!


Premer na imaxe para ó acceso á galería












26.4.21

Laboratorio de Imaxe: Día do Libro, Leo le, nós lemos...? ( 4ºEI)

Neste mes de abril , o Equipo de imaxe, tendo en conta que o día 23 de abril é o Día do Libro, propuxo realizar un cartel para xogar a adiviñar un conto a través de imaxes realizadas cos distintos recursos maker dos que dispoñemos no cole. No cartel temos que adiviñar de que conto se trata pero para comprobar se acertamos ou non, hai que escanear un código Qr ( creado polo alumnado) que nos leva ó booktuber que fala do mesmo.


Na nosa aula escollemos o conto dos 3 porquiños, polo que recreamos no Chroma as tres casiñas dos porquiños con recursos do Leolab: a casita de palla realizámola coas palliñas de contrución, a casa de madeira co Kapla e a casita de ladrillos con bloques de cartón duro que xa parecen ladrillos. Podedes ver todas as fotos da elaboración no seguinte enlace: tres porquiños.



Xa que non están preparados para elaborar eles un código Qr que enlace ó seu propio vídeo de booktubers, no cartel vai un código que enlaza a un vídeo de booktubers conxunto, xa que en infantil únicamente traballamos cun conto.





O pasado venres, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro facendo unha pegada de carteis polas rúas de Malpica e tamén contamos coa colaboración das familias para a distribución dos carteis. Podedes ver a fotos desta xornada no seguinte enlace: carteis. 







6.5.20

Manualidades Día do Libro

Outra das actividades para o Día do Libro foi que cada neno e nena creará a personaxe do seu conto favorito. Premendo no seguinte enlace podedes encontrar todas as manualidades dos alumnos/as de Infantil: manualidade Día do libro.


2.5.20

DÍA DO LIBRO EN FAMILIA

Aquí están as imaxes das familias lendo na casa como complemento ás actividades que propuxemos para celebrar o Día do Libro 2020.

Esta data que é tan nosa e na que disfrutamos sempre de compartir lecturas, este ano foi... diferente.
Pero non deixamos de ler!

Grazas por compartir con nós unha parte da vosa intimidade e abrirnos unha fiestra as vosas casas.


 

23.4.20

DÍA DO LIBRO

Hoxe, xoves 23 de abril, celebraráse o Día Internacional do Libro.

 Neste día dábamos comezo ao noso Mes das Letras. Lembrades o ano pasado cando enchimos Malpica de Libros e carabeis? E outros anos coa actividade de Padriños e madriñas lectores?.... Pois este ano imos tamén celebrar. Doutro xeito, si. Pero imos celebrar! Velaí a nosa proposta:




Imos comezar nós, os profes, agasallándovos un vídeo con fotos nosas nas nosas casas lendo e... facendo outras cousas. Porque queremos que nos vexades e saibades de nós e dicirvos que VOLVEREMOS ABRAZARNOS! E, despois, tocaravos a vós. Fixádevos que as actividades teñen data final.
Animádevos! Temos ganas de vervos! E de ver os vosos traballos que sempre, sempre consiguen sorprendernos.

 As fotos podedes envialas polas canles que xa tendes establecidas con cada profe!!( Poñede en asunto Día do Libro)

 Pensade que, agora, anque non é doado, todos estamos facendo algo moi importante: coidarnos e coidar dos demáis. Así que...

Queda na casa
...lendo!
Agardamos as vosas fotos!



4.6.19

CONTO SOBRE O MAR: DÍA DO LIBRO ( 5º EI)








Tras traballar os perigos que ocasiona o lixo no mar, descubrimos que as tartarugas comen bolsas de plástico pensando que son medusas, así que na semana da celebración do Día do Libro, pensamos en facer unha historia para contar o que descubrimos.
Primeiro creamos a historia entre todos, escollemos democráticamente a través de votacións o título do conto, cada neno/a debuxou unha parte e por último gravámonos contando cada escena ata conseguir este resultado. Tardamos bastante pero mereceu a pena. Grande traballo en grupo!!!




Copia de conto un mar de plásticos de nunca xamais

2.5.19

DÍA DO LIBRO ( 5º EI )

Para celebrar este día fixemos varias actividades:

 1.  Asalto literario en Malpica: os nenos e nenas de 4º e 5º Infantil xunto co alumnado do IES Urbano Lugrís tiveron unha sesión de contacontos, onde os maiores lle contaron varias historias os máis pequenos, repartidos en grupos de tres. 

                Sofía contoulle a Clara, Gabriel e Izan a Xoaniña Rosmona.
                Brais a Martín Cousillas, Benito e Dania o conto de Troco.
               Manuel contoulle a Martín Martelo, Xulia e Leo o conto de Mosquito.
               Paula e Sergio contoulle a Valentina, Anna e Martina o conto de Rita.
               Alba contoulle a Marcelo, Antía e Rita o conto de Un gato na árbore.
               Anxo contoulle a Alba, Saúl e Breixo o conto de Ségueme.
               Paula contoulle a  Izan, Noa e Noel o conto de As aventuras de osiño.

Rematada a sesión, merendamos e xogamos no parque una anaco, e antes de marchar agasallamos ós nosos contacontos con caraveis. Moitísimas grazas !!!! .

Día do Libro no parque de Malpica

2.  Unha eiruga moi larpeira: tras traballar os vermes de seda dentro do Proxecto de China, fixemos un pequeno libro para levar esa semana.



3. BOOKTUBERS: Fixemos unha asemblea para falar dos nosos contos favoritos, fomos á biblioteca a buscalos (moitos peques coincidan no mesmo) e despois fixemos no Chroma unha sesión de booktubers, recomendado a lectura do noso conto.


 
Untitled from bemilladoiro on Vimeo.









4. Inventamos o conto: A tartaruga Pili.

Utilizando as palabras Tartaruga, Mar e Plástico, inventamos a historia dunha tartaruga que tivo un percance no mar por culpa dos plásticos. Escollemos o nome de Pili a partir dunha votación entre varias opcións propostas polos peques. En breves serán eles mesmos quen conten a historia que xa está rematada.



27.4.18

DÍA DO LIBRO (5º E.I.)

O luns 23 celebramos no colexio o día do libro. Cada neno e nena da clase tiña un padriño ou madriña lector de 3º e 4º de educación primaria, que viñeron a semana anterior a coñecer os seus afillados e afilladas para saber os seus gustos literarios e así escoller un conto. De xeito, que na hora de ler os padriños e madriñas viñeron buscar os seus afillados e afilladas para baixar xuntos ao patio lerlles o conto.


25.4.18

DÍA DO LIBRO ( 4º EI )

O luns 23 celebramos no centro do Día do Libro. Para iso cada neno e nena da nosa clase tiña asociado un padriño/ madriña lector de 3º de Primaria , que veu a clase a pasada semana para coñecer ós afillados e saber os seus gustos lectores. O luns, na hora de ler, os padriños e madriñas viñeron a clase a buscar ós afillados/as e baixalos ó patio, onde despois de buscar un sitio ameno, comezaron a ler os contos escollidos. Tras rematar os levaron á fila e subiron con eles a clase. Esta é unha actividade moi motivadora para todos, pero neste caso foi máis especial,   xa que os nenos e nenas de 3º EP deixaron de ser afillados/as para ser padriños e madriñas lectores, e os nenos/as da clase era a primeira vez que participaban nesta actividade!!!








Tamén fixemos un pequeno podcast en RADIO BALEA, no que comentamos cales son os nosos contos favoritos, esta vez os interlocutores foron Gabriel, Noa, Dania e Marcelo.






https://soundcloud.com/bemilladoiro-1/dia-do-libro-3-anos

26.4.16

DÍA DO LIBRO (6º E.I.)

O pasado venres festexamos o Día do libro, 23 de abril. Comezamos elexindo os contos da biblioteca que levamos este curso e que mais nos gustaran. Despois realizamos unha actividade que xa fai varios anos que se fai e que encántanos, os padriños e madriñas lectores. Nesa semana viñeron pola nosa clase maiores de 4º e de 5º de E.P., preguntaron polos nosos gustos para traer o venres un conto que nos gustara. E así foi, o venres viñeron buscarnos os padriños e madriñas e fumos todos ao patio a gozar dese momento literario.

25.4.16

DÍA DO LIBRO NA CLASE DOS SUPERHEROES ( 5º EI )


Para continuar coa celebración do Día do Libro, convidamos a Pamela, a nai de Adrián, que contou o conto de Paco Papán, un conto moi coñecido que nos gustou un montón. Despois elaboramos a nosa versión do mesmo con distintas texturas e traballando por parellas, para rematar , escoitamos a canción de Paco na pantalla , bailamos, fixemos unha roda, un trenciño...pasámolo en grande!!! Moitas grazas a Pamela e ós peques, que estiveron moi atentos e traballadores!!!Este foi o proceso.

DÍA DO LIBRO ( 5º EI )


O venres celebramos no cole o Día do Libro, viñeron os nosos padriños e madriñas a buscarnos a clase para levarnos ó patio a ler un conto. Ó longo desa semana, xa estiveron con nós na clase, para coñecernos, falar dos contos que máis nos gustan...Aínda que algún peques estaban nerviosos, ó final todos adaptáronse moi ben e gozaron da lectura!!!


23.4.15

DIA DO LIBRO, 23 DE ABRIL (5º E.I.)

Hoxe, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO coa actividade de padriños e madriñas lectores. Na anterior semana viñeron os alumnos/as de 5º e algún de 6º de E.P. e preguntaron os seus afillados/as polas súas lecturas favoritas.
















Os maiores foron á biblioteca a elixir un libro para os seus afillados e hoxe viñeron recollelos á aula, buscaron un sitio no patio e contáronlles o conto. Foi unha actividade que nos gustou moito.