Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO corpo humano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO corpo humano. Mostrar todas las entradas

5.3.20

CIENCIAS DIVERTIDAS ( 6º EI)

Os retos da Doutora Tirita xa remataron, e por fin descubrimos que significaban as pistas que nos deixou: a imaxe de Marie Curie!!!!

Posto que cumplimos os retos moi ben, o luns deixounos na súa caixa unha carta, que limos entre todos, na que poñía que de vez en cando , como recompensa á nosa axuda, deixaría algunhas sorpresiñas para nós. Neste caso, atopamos debuxos de probetas , unhas grosas e outras estreitas, así que esta semana facemos series e xogos tendo en conta o grosor das mesmas.





Os científicos/as utilizan nos laboratorios probetas de verdade, por tanto, decidimos facer experimentos na aula de cociña ( pois alí temos auga). Dividimos a aula en tres grupos, e cada un tiña dous vasos de agua iguais que tiñan que encher coa mesma cantidade de auga, e un vaso máis grande e groso para facer un trasvase da cantidade de auga dun dos vasos a este. Despois de comparar se a cantidade de auga variaba ó facer o trasvase, xogaron libremente con distintos recipientes, con xeringas e funis.
Despois, utilizando as xeringas, enchemos as probetas e botamos colorante alimenticio, para xogar coa mestura de cores.



TRASVASE DE AUGA

1.3.20

ENTROIDO ( 6º EI)





ANTES DO ENTROIDO

Cumplindo o 4º reto da Doutora Tirita, cada quen tivo que escoller que virus bo sería o día do entroido e o nome do mesmo, e despois facer un deseño do mesmo


                 DESEÑO DOS DISFRACES


Os disfraces fixéronse nunha cartolina con materiais reutilizados doutras actividades de clase, restos de papeis, iron fix, lá, bolsas ... E éstas pegáronse nunha bolsa branca, que despois do entroido serán utilizadas para crear mandilóns para a cociña.


XOVES 20 DE FEBREIRO

Os nenos e nenas de infantil puideron vir disfrazados de casa como quixeran, así que a primeira hora cada un deles explicou o seu disfraz e os seus detalles.
Despois, na cociña, fixemos rosquillas no forno. Cada neno/a fixo unha letra de VIVA O ENTROIDO 2020, e posto que nos gusta moito traballar con masas, antes de ir ó recreo, fixemos masas de fariña e agua para xogar con elas.

               RECEITA DO ENTROIDO

Tras merendar e ler un conto, todo o ciclo de infantil baixamos á aula de psicomotricidade, onde comemos patacas fritidas, gusanitos, galletas...e por suposto, as rosquillas que fixeramos na cociña.
Despois xogamos e bailamos sen parar!!!!


                DISFRACES

               FESTA DE DISFRACES



VENRES 21

Ese día celebramos o Entroido, así que a primeira hora comezamos a disfrazarnos e pintarnos. Unha vez estaba todo preparado , baixamos ó patio para organizar o desfile, que fixemos dende ó cole ó centro de Malpica.


                      DESFILE

Tras subir de volta en autobús, tiñamos no cole unha festa con doces típicos desta data, e á que estaban invitadas as familias. Pasámolo en grande xogando cos compis!!!!


               MERENDA E FESTA DESPOIS DO DESFILE



28.2.20

DOUTORA TIRITA E EXPERIMENTO CIENTÍFICO ( 6ºEI)


Antes de celebrar o Entroido , recibimos o último reto da Doutora Tirita, no que din que para ser auténticos/as científicos/as tiñamos que utilizar aparellos do laboratorio como lupas ou microscopios.

A comezos de xaneiro fixemos un experimento científico, cando estabamos investigando como se contaxian os virus. Ese día , á subida do patio e antes de merendar, fomos á cociña e dividimos a clase en dous grupos: o que tiña as mans sucias e os que as lavaron. Cada grupo tocou un trozo de pan de molde e metéronno nunha bolsiña, de forma que ó rematar tiñamos tres bolsas: pan tocado coas mans limpas e lavadas, pan tocado con mans sucias e pan non tocado sacado directamente do paquete orixinal.

Aproveitando o reto da Doutora Tirita , hoxe marchamos ó pequeciencias, onde miramos e comprobamos as nosas hipóteses ( o pan sucio ule mal, os virus comeron o pan, todos os pans están estropeados, haberá montañas de virus...) Tras analizar o pan vimos que o pan sucio estaba moi estropeado e tiña pinchiñas negras, pero non había rastro de moho nin virus. Así que tras saber que o pan de molde ten conservantes, decidimos esperar varios meses más e volver a comprobar como está o pan. Xa que estabamos no pequeciencias, utilizamos os microscopios para ver pel de cebola e as lupas.




FOTOS

13.2.20

5º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

Esta vez a caixa dos retos estaba chea de cousas. A doutora Tirita dixo que o Enfadaditis estaba comezando a infectarnos e por tanto cada vez eramos menos amables, por este motivo , ademais de deixarnos a peza por superar o reto anterior, o reto da semana é ser moi amables!!!!!
Para axudarnos regalounos a vacina Cariñotrón e un cartel para solucionar os conflitos.
Temos un reto duro pero podemos facelo!!!!!


FOTOS

10.2.20

4º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

A semana pasada na caixa dos retos conseguimos unha peza máis do noso puzle, xa sospeotamos que se trata de Marie Curie.

O reto desa semana foi deseñar o disfraz de virus bo para o Entroido, e ademais poñerlle nome segundo a emoción boa que imos contaxiar. A maioría irá disfrazado do virus escollido na Semana da Paz, pero algún e algunha cambiou a emoción a contaxiar.


DESEÑO DOS DISFRACES



PROXECTO O CORPO: A VACINA DO BO TRATO ( 6º EI)

30.1.20

PROXECTO DO CORPO: ENFADADITIS ( 6º EI)

Esta semana xa rematamos de crear ó noso virus ENFADADITIS. Para isto, decidimos entre todos que forma tería e gañou círculo, tamén votamos a cor e houbo moita competencia entre o rosa e vermello, pero gañou este último.

Despois determinamos que partes tería: ollos, patas, nariz, boca, cola  e pinchos. Fixemos grupos de traballo por parellas, de forma que cada unha se centrara na creación dunha parte, e unha vez todo organizado, marchamos ó Leolab, onde deron moita conta da súa imaxinación e creatividade para converter e reutilizar restos de materiais nunha obra de arte.

E ASÍ NACEU ESTE ENFADADITIS TAN SINGULAR E MONSTRUOSO!!!



O ENFADADITIS

O 3º RETO DA DOUTORA TIRITA E OS VIRUS DA PAZ ( 6º EI)

O luns, na caixa dos retos da Doutora Tirita, atopamos unha nova peza do que pensamos que é un puzle e un cartel con novas preguntas que debemos responder.

RETO 3


En canto as pezas, comezamos a sospeitar de que se trata de Marie Curie, por que xa podemos ler a palabra Marie, pero aínda non está demasiado claro, teremos que seguir traballando para coñecer este misterio.
En canto ó novo reto , a doutora pídenos descubrir que é un virus e como se contaxia, e para iso :


- Investigamos na biblioteca
-  Recibimos un libro que trouxeron as nenas de 5º de Primaria, posto que sabían que estabamos investigando sobre este tema :




- Visualizamos o seguinte:












Tamén propuxo que nos convertéramos en virus bos, e que no Día Da Paz, contaxiaramos a todos de sentimentos positivos. Cada un escolleu o que máis lle apetecía:

Dania e Breixo contaxiaron calma, Anna, Valentina e Noa contaxiaron amor, Saúl apretas, Leo cosquillas, Santiago protección, Clara mimos, Marcelo e Benito alegría e Antía sorrisos.


CONTAXIANDO POLAS AULAS









23.1.20

LEOLAB ( 6º EI)


Esta semana descubrimos que os virus vense utilizando un microscopio, pero os nenos e nenas pensaban que podiamos utilizar outros aparellos, así que fomos ó Leolab a buscar artefactos que nos axudaran. Entre as cousas que temos alí, decidiron que o espello, unha lupa e un tubo serven para ver virus ademais do microscopio, polo que na próxima semana intentaremos utilizar todos os aparellos para comprobalo.

Aproveitando o espazo no que estabamos, propuxen varias actividades : Lego , palliñas, mesa interactiva e un novo material, o Makedo, un xogo con ferramentas de verdade pero adapatado ós máis pequenos. Escolleron libremente, a maioría o Makedo, e algúns acabaron facendo construcións moi orixinais utilizando os parafusos, o aparello para facer buratos, desparafusador...


LEOLAB

PROXECTO O CORPO: 2º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI )

O luns, ó chegar a clase, descubrimos na caixa dos retos da Doutora Tirita dúas cousas: unha peza que non identificamos, pero parece ser un puzle e unha nova proposta.

Esta vez temos que inventar un Violentovirus e unha menciña, ademais de contestar a unha pregunta moi doada: que precisamos para ver un virus?

Para escoller o nome do noso violentovirus, primeiro decidimos que contaxiaría, para iso votamos entre Enfado, medo ou tristura, e gañou o enfado. Despois escollemos o nome entre varias ideas propostas polos peques: Enfadaditis, Enfadadolloritis, Enfadotán, Enfadococo, Enfadomáis, Enfadodonta e Enfadatodo. Entre todas elas , e tras unha dura votación, escollimos O VIRUS ENDADADITIS.

Despois cada un debuxou como se imaxina a este virus.

ENFADADITIS


Pero todavía quedaba crear unha menciña. Para iso decidimos crear unha vacina e tivemos propostas moi interesantes: Enfadido, Quitavirus, Cordaatrapavirus, Pinchadavirus, Escudomenciña, Vacinavirus e Cariñotrón. Trala votación gañou Cariñotrón, e entre todos engadimos os ingredientes:
- 4 corazóns
- 5 respiracións
- 6 flores
- 1 clase de Yoga
- 100ml amor
- 6 minutos falando



RETO 2

19.1.20

PROXECTO DO CORPO : RETO 1 DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

O martes, ó chegar a clase, descubrimos a caixa da Doutora Tirita na que plantexa un reto. Fixémolo moi ben, pero xurdiu unha dúbida : que é un VIRUS?

Uns dicían que eran prateados, outros que eran anticuerpos, que son xigantes, que son minis, que son vermellos, negros, que morden, teñen pinchos...así que subimos á radio a facer unha tertulia sobre os virus.

Agora estamos á espera de saber que pista e que reto teremos a próxima semana!!!!!!


RETO 1



17.1.20

RECUNCHOS DOS SENTIDOS ( 6ºEI)

Comezamos este trimestre repasando os sentidos, e para iso pasamos por 5 obradoiros:

Sentido do gusto: metimos un dedo en sustancias misteriosas: cacaco, azucre, aceite, fariña e vinagre, pero cos ollos pechados e tivemos que adiviñar que era o que estabamos probando.

Sentido do olfato: ulimos varias cousas e clasificamos as que nos gustan e as que non.

Sentido do tacto: pasamos descalzos por un camiño con distintas texturas e xogamos coa caixa máxica: metendo a man e sen sacar o obxecto tiñamos que describilo: liso, rugoso, áspero, suave, duro ou brando, e adiviñar que era.

Sentido da vista: xogamos cun libro con efectos visuais, outro escrito en braille e probamos a debuxar algo cos ollos tapados.

Sentido do oído: escoitamos varios sons e tivemos que tachar nunha folla o debuxo correspondente ó son, pero tiñamos que estar moi atentos, xa que había máis debuxos que sons.

22.11.19

DEREITOS DA INFANCIA ( 6º EI)


O mércores 20 de novembro, celebramos o Día Internacional dos Dereitos na Infancia, e posto que estamos traballando tema dos Hospitales e o corpo, na clase profundizamos no Dereito a recibir axuda cando estamos enfermos.Este trimestre a PDI está dirixida á comunicación, así que representamos o dereito utilizando pictogramas!!



FOTOS DEREITOS NA INFANCIA

21.11.19

PROXECTO O CORPO HUMANO( 6ºEI)


No proxecto que levamos a cabo e a grazas ás aportacións das familias, estamos descubrindo un montón de cousas, entre elas que temos 5 sentidos, que utilizamos para descubrir o mundo que nos rodea.



ESTA CANCIÓN ENCÁNTANOS!!!






O noso recuncho do corpo está cheíño de materiais moi interesantes, os peques están moi motivados, polo que agora estamos formando un pequeno hospital en clase algo que saíu deles a partir dunha boneca descosida, ademáis de ter una sala de radiografías coa mesa de luz.

Recuncho do corpo


HOSPITAL


Toda esta temática , e o feito de profundizar nos sentidos, levou a analizar que pasa coas persoas con problemas para comunicarse, con dificultades visuais ou auditivas. Polo de agora sabemos que se poden comunicar por xestos, por linguaxe de signos e por pictogramas ( nesto último estamos profundizando). Fixemos una ruta polo cole e descubrimos que había un montón de pictogramas!!! o que deu lugar a que quixeran marcar o hospital da clase cun picto!!!!


PICTOS


Tamén Dania e a súa familia ensinounos una canción que nos encanta!!!


18.11.19

PROXECTO: O NOSO CORPO ( 6ºEI)

Continuando o noso proxecto, visitamos o laboratorio de ciencias, alí atopamos un oído coa parte externa e interna, e levámolo para a clase, e tamén un esqueleto grande, así que miramos, tocamos, e intentamos contar cantos ósos temos.


 Laboratorio de Ciencias


Como contar tantos ósos foi moi complicado, visitamos a biblioteca  para buscar información sobre a cantidade de ósos, e de paso ver cal era o máis longo, xa que grazas ás aportacións de Juan Luis, sabemos que o máis pequeno é o estribo que está no oído.


Biblioteca


Tamén no Leolab, intentamos facer esqueletos coas pezas de Kappla.



LEOLAB


Descubrimos a importancia do noso corpo a través de dous vídeos:









 QUE FARIAMOS SEN COLUMNA VERTEBRAL!!!