Esta semana aproveitando que o xoves celebrabamos o Magosto todo o cole, estivemos traballando o outono esta semana. Exfollamos o millo, fixemos un genially de outono, pintamos as cores do outono, aprendimos a canción da castaña, experimentamos coa choiva, pintamos cun garfo gotas de auga, fixemos construcións cos carolos... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: outono.
6.11.26
31.10.26
Samaín (5º E.I.)
Na clase de 5º de Educación Infantil esta semana estivo dedicada á celebración do Samaín. Realizamos moitas actividades: cociñamos momias e pantasmas, xogamos ao bingo de cousas de samaín (que lles encantou), realizamos a nosa propia marioneta, tivemos o taller de decoración de cabazas coas familias, fumos á aula sensorial e lemos contos con lanternas, fixemos pócimas de bruxas, rescatamos insectos pringosos... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: samaín.
Tamén participamos na Semana de Lecturas Terroríficas organizadas pola equipo de Biblioteca, coa interpretación do conto Loboferoz, podedes ver o vídeo premendo na imaxe.
28.10.26
Taller de cabazas (lectura e familias)
Hoxe levamos a cabo un taller de decoración de cabazas, gracias a colaboración de todas as familias dos nenos e nenas de Educación Infantil. Pasamos unha xornada super creativa onde puideron pintar as cabazas, decoralas con plumas, teas, lazos, arañas... Esta actividade enmárcase dentro do programa de Lectura e familias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: taller de cabazas.
Excursión MUNCYT
O pasado martes as clases de 5º e 6º de Educación Infantil realizamos unha excursión A Coruña, ao MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía). Cando chegamos xa nos quedamos sorprendidos coa avioneta da entrada e despois realizamos un taller para elaborar o noso propio helicóptero que despois lanzamos dende a última planta. Gustounos moito o museo e podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: MUNCYT.
22.10.26
Barro (5º E.I.)
Aproveitando que os nosos compañeiros/as de primaria foron visitar o Eco-museo Forno do Forte de Buño e trouxeron barro que lles sobrara, fixemos as nosas propias creacións de barro, que ademais pintamos e nos quedaron moi bonitas. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: barro.
18.10.26
" Y si le ponemos un bigote?" (5º E.I.)
Esta semana estivemos traballando o esquema corporal a través do conto " Y si le ponemos un bigote?". Aprendimos a canción que é moi pegadiza, debuxamos o noso corpo, coloreamos o monigote e tamén lle puxemos nome, Pepe, realizamos varios xogos interactivos e, finalmente, creamos o noso propio monigote con recortes de folletos de comida. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: monigote.
22.9.26
Inicio de curso (5º E.I.)
Comezamos este novo curso, sendo o protagonista deste ano o Lobo Lupo, polo que deixamos por aquí algunhas das actividades que fixemos nestes primeiros días, xa que temos nova asemblea, novas cancións, bailes, novos materiais na zona de traballo (como o teléfono que está sendo todo un éxito)... Podedes ver todas as fotos destes primeiros días premendo no seguinte enlace: inicio de curso.
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)