31.3.20

NOVIDADES

A xunta de Galicia acaba de abrir o seu catálogo dixital para todo o público, é moi interesante tamén para os adultos:

www.galiciale.gal


Tamén recomendamos unha aplicación Toontastic, que unha mamá deunos a coñecer e que está xenial!!!!!!Nela os peques poden facer películas: teñen que escoller a escena onde todo ocorre, elixiar as personaxes ou crealas eles memos/as, gravar audios ... Animádevos que é moi divertida!!!

PROPOSTA EXPERIMENTOS


  • .Experimento creativo


    



  •  Experimento de flotación:

 - Facemos barquiños

 - Probamos a ver se flotan e xogamos a levamos dun lado ó outro soplando

 




  • Continuamos xogando con auga

29.3.20

REALIDADE AUMENTADA




É moi posible que moit@s xa coñezades esta actividade, pero para os que non a coñecen, imos recomendala, xa que soamente precisamos o teléfono móvil e teremos animais salvaxes en casa:













https://www.actiludis.com/2020/03/29/un-animal-salvaje-en-mi-salon/



Algúns peques xa o utilizaron, podedes velo na pestana de Nós, animádeos!!!!











28.3.20

QUE ME CONTAS? Contos contados

Para este fin de semana propoñemos que escoitedes con moita atención estos dous contos que narran a profe Sandra e a profe Marta. Despois de cada un deles podes escribir o título, facer un debuxo, escribir e debuxar os protagonistas do conto, responder algunhas preguntas que os fagan mamá ou papá para saber se estivechedes atentos, podedes facer algunha manualidade relacionada co conto como debuxar o coelliño branco e pegarlle algodón ou facer os chivos con plastilina... todo o que se vos ocorra arredor dos contos estará ben e sempre podedes enviar os vosos traballos aos emails das profes. Tamén tedes na páxina de Radio Balea unha proposta para que sexades vos os que enviedes un conto.



A profe Sandra cóntanos O coelliño branco, esperemos que vos guste!


A profe Marta cóntanos Chivos, chivóns, esperemos que vos guste!

27.3.20

PROPOSTA DE XOGOS




  • Nunha folla debuxamos figuras xeométricas: cadrado, triángulos, rombos...e despois colocamos paíños, macarróns, fideos...seguindo a liña debuxada.


Formas xeométricas



  • Outra proposta moi interesante





  • Xogo clásico, pero que fara que os peques teñan que pensar moito. Para comezar, podemos poñer menos barcos e unha táboa máis pequena, de forma que pouco a pouco vaian interiorizando o xogo. Este xogo está recomendado para os nenos/as máis maduros.



Afundir a frota

26.3.20

PROPOSTA DE LECTOESCRITURA



  • Podemos trazar diferentes letras nunha caixa con area, azúcre, fariña...   Letras con area


  • Tamén escribir o nome dos distintos membros da familia e despois decoralos.

  • Podemos traballar a lectoescritura xogando ás adiviñas, o neno/a escribe o nome de calquera cousa e os demais teñen que adiviñar facendo preguntas, pero soamente pode responder si ou non.

  • Facer concurso de letras, proponse unha letra, e temos que escribir/ debuxar ( segundo o nivel individual) algo que empeze por esa letra.


25.3.20

PROPOSTAS DE GRAFOMOTRICIDADE

  • Facer co dedo o trazo que propoñamos, podemos repasalo con ceras , rotuladores... e despois colocar pedriñas, macarróns, garavanzos, lentellas...polos trazos debuxados.











  • Posto que xa estamos en primavera podemos realizar flores para adornar a casa, unha vez feitas podemos recortalas ou facer un libriño cos nosos debuxos.

Primeiro facemos una flor e despois adornamos cada pétalo con distintos trazos.




Tamén podemos facer unha flor e debuxar infinitamente os pétalos:










  • Intentamos reproducir este cadro, utilizando o que teñamos  por casa: ceras, rotus, pintura de dedos...

24.3.20

INGLÉS

A Teacher propón unha serie de páxinas web onde atoparedes múltples actividades e xogos para seguir practicando o inglés:

- Oxford.

http://w.w.w.funenglishgames.com


- http:// learnenglishkids. British council.org

-Smile and learn

- Kahoot

- Super simple draw.

- BBC KIDS.

- Quiver.

A big hug to all of you.

PROPOSTA DE EXPERIMENTOS CASEROS

PLASTILINA CASERA


 



OVO SALTARÍN

 


MANDARINA FLOTANTE


23.3.20

CARTAS DOS/AS MESTRES/AS


Queridos/as nenos/as e familias:

Os/as mestres/as tamén estamos na casa, os/as mestres/as tamén somos pais/nais, os/as mestres/as tamén temos familias, os/as mestres/as somos uns/unhas máis das moreas de persoas que debemos quedar na casa nesta corentena que nos toca vivir.

Hoxe sabemos que a obriga de QUEDAR NA CASA vaise alongar, polo que queremos que teñades presente que seguimos aquí: ao outro lado da rede, a través do correo hipocampillo@gmail.com e dpailos@edu.xunta.es e o noso blogue www.cativosdomilladoiro.blogspot.com, porque queremos que saibades de nós, porque queremos saber de vós (como estades, que facedes, como levades estar na casa…)

As tarefas escolares, nestes momentos que estamos a pasar, non son o máis importante. O realmente importante é que nos coidemos e coidemos dos demais quedando na casa, como superheroes e superheroínas con capa vermella pois xa temos aos superheroes e as superheroínas con capa verde nos hospitais, nos laboratorios, nas carreteras transportando o que precisamos, nos supermercados e pequenos comercios de alimentación, nas rúas velando pola nosa seguridade…,en definitiva fóra das súas casas para que nós os das capas vermellas poidamos quedar na casa.

Non esquezades que o que vaiamos publicando no blogue, NON SON DEBERES, NON SON TAREFAS PARA AVALIARVOS son propostas, axudas para ocupar o noso tempo diario e seguir imaxinando, creando e crecendo en corpo e mente. Sempre dentro das vosas posibilidades, pois sabemos que non todos contades cos medios tecnolóxicos para poder acceder aos contidos. Por iso, pedimos as familias que teñan contacto con outras familias que non conten cos recursos,  que ofrezan a súa axuda a través dos medios dos que dispoñan (grupos de whatsapp ou outros medios non presenciais, pois debemos evitar todo contacto con outras persoas alleas as nosas casas).
Organizamos o blogue para que nas pestanas superiores piquedes e accedades rápidamente a aquilo que vos interese ver. A primeira pestana e a máis importante é a nomeada como NÓS, nesta páxina iremos publicando, coa vosa autorización, todo o que nos enviedes ao correo (imaxes de actividades feitas, audios, escritos…) porque vós sodes os protagonistas do voso blogue.

Como mestres/as querémosvos pedir que sexades felices cada día, dende que espertamos ata que nos deitamos. Recordade espertar cada mañá cun sorriso que vos encha de felicidade a vós e aos vosos.

A normalidade voltará, e con ela veremos que saímos da casa máis fortes ca nunca.

Forza superhéroes e superheroínas de capas vermellas e recordade cada día un sorriso, este será o noso superpoder.

TODO SAIRÁ BEN!

Apertas agarimosas e biquiños mil dos/as vosos/as mestres/as de infantil.

PROPOSTA DE MANUALIDADES


CON BOTELLAS












22.3.20

SUXERENCIA DE ACTIVIDADE: POÑÁMONOS EN CONTACTO

Bo día, estes días están sendo duros para todos e todas, pois teñen unha grande carga emocional,  así que propoñemos traballar as emocións dos peques e da familia nestes días de cuarentena, a través da realización dun diario, de forma que utilicemos a lectoescritura como ferramenta para expresarnos.


Cada día podedes gravar un pequeno vídeo onde os peques describan como se senten ou cal foi o momento máis alegre/divertido dese día ou do anterior, e apoialo na creación de carteis, para traballar a lecto. Por exemplo, facer un vídeo dicindo que o que máis lle gustou foi facer galletas, e escribir nun cartel a receita e os pasos seguidos, ou ver unha película, polo que teñen que contar por que lles gustou tanto e nun cartel expoñer un debuxo co nome das personaxes. Por suposto, adaptando a actividade ó nivel do neno/a.

Eses vídeos podedes mandalos ó correo da titora e colgarémolos no blogue para que todos/as sigamos en contacto e podan ver ós seus compis. Moitas grazas!!



RECORDAMOS: todo o colgado no blogue son suxerencias 

RECURSOS

Nese enlace tedes un montón de enlaces webs con multitude de recursos de calidade en galego, por se queredes botarlle unha ollada:





https://praza.gal/ducias/webs-para-seguir-aprendendo-en-galego-durante-a-corentena

COMO VAI TODO?

Bo día familias, todas tedes o correo das titoras , así que se necesitades calquera cousiña non dubidedes en poñervos en contacto connosco, responderemos a todo o que precisedes: dúbidas, ideas, actividades... e tamén queremos saber de vos,que facedes, como levades o encerro...

Moitas grazas e moita forza, espero vernos prontiño!!!!


Marta: hipocampillo@gmail.com
Dora: dpailos@edu.xunta.es


 
VID_20200320_133925 from bemilladoiro on Vimeo.

21.3.20

RECICLAXE

Antes da suspensión das clases, en 3 e 4 anos estivemos  traballando a reciclaxe. Primeiro fixemos un xogo no que cada un tiña unha tarxeta coa foto dun residuo e tiña que colocala no vertedeiro correspondente. Despois fixemos unha ficha para afianzar o aprendido e se non recordaban en que contenedor iba podían levantarse mirar no xogo anterior. Ao dia seguinte con esas mesmas fotos fixemos un xogo de bee-bot, tiña que sacar unha tarxeta onde estaban os diferentes contenedores e levar o bee-bot o lixo correspondente. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: reciclaxe.


AULAS GALEGAS

AULAS GALEGAS, aquí tedes o enlace dun portal educativo realizado por un colectivo de mestres sen ánimo de lucro que creeron que ante a situación de illamento provocado polo coronavirus Covid-19 debían ofrecer unha axuda educativa á sociedade. Ademais participan diferentes profesores/as do noso claustro, así que esperamos que sexa do voso interese.

20.3.20

Emocionbots de Ismael e Alejandro

Emocionbots de Ismael García (4º E.I.) e Alejandro García (2º)
Grazas a Ismael, Alejandro e familia por enviarnos a imaxe dos seus Emocionbots!

Unídesvos ao reto de crear o voso Emocionbot?


CONCERTO

Bo día, a pesar de non ter a posibilidade de saír de casa, podemos pasar unha tarde divertida brincando con Paco Nogueiras, que fará un concerto e que poderemos seguir a través de Instragram!!!!



17.3.20

PSICOMOTRICIDADE



Estimadas familias e alumnos e alumnas de Malpica.

Dende a área de Educación Física quero propoñer unha serie de exercicios ou actividades cas cales pretendo facer máis ameno para os nenos e nenas este complexo momento que estamos a atravesar.

Son tarefas encamiñadas e dirixidas a fomentar o movemento e a traballar contidos específicos desta área, tendo en conta as limitacións de espazos e medios que podemos ter cada un.


Dende aquí o meu apoio e ánimo, cada día que pasa é unha pequena victoria.

Non esquezades :   #EUQUÉDOMENACASA

Un agarimoso saúdo.

Óscar.


                         PROPOSTA DE SESIÓN


1- Temos de rutina unha movilidade articular que facemos todos os días antes de empezar e que os nenos e nenas coñecen. ¨QUENCEMENTO¨

2- Traballamos o EQUILIBRIO e entramos en calor: 

Necesitamos unha folla de periódico e música. 

Colocamos a folla estirada no chan e poñemos a música - ALGUNHA QUE LLES MOTIVE- ( o neno ou nena ten que bailar con intensidade diante da folla). 
Cada 15/20 segundos paramos a música e nese instante o neno ou nena tense que poñer enriba do periódico. Unha vez feito isto, dobramos a folla pola metade e continuamos ca música (non bailan enriba da folla) e aos 15/20 segundos volvemos a parar, volvendo a colocarse enriba. Volvemos a dobrar a folla e continuamos coa música e sí sucesivamente mentras a folla vaise facendo cada vez máis pequena e ao neno ou nena lle costa máis manter o equilibrio cando para a música. (Cada vez que se para, dóbrase a folla, e acabará facendo equilibrios sobre un pé coa superficie cada vez máis limitada)
* Variante: Bailar enriba da folla e parar a música cada 15/20 segundos, dobrar a folla a metade e seguir bailando enriba, así sucesivamente mentras o neno ten cada vez máis dificultade para bailar.

3- Con outra folla de periódico faremos o seguinte: TRABALLO DE DESPRAZAMENTOS E EQUILIBRIO.

- Poñen a folla estirada enriba da cabeza e recorren o pasillo sen que lles caia (ida e volta variando de velocidade).
- Poden facer o mesmo pero a ¨catro patas¨ levando o papel na espalda.
- O mesmo levando a folla sobre un hombreiro e logo sobre o outro.
- Reptar ca folla enriba da espalda sen que caia

4- Collemos a folla de periódico e facemos unha bola. TRABALLAMOS AS HABILIDADES MOTRICES . 

Con esa bola feita faremos o seguinte:

- Lanzar hacia arriba, dar unha palmada e collela sen que caia ao suelo.
- Lanzar hacia arriba, dar dúas palmadas e collela sen que caia ao suelo.
- Nivel pro: Dar tres, catro ou maís a ver cantas son capaces de dar :-D
- Lanzar hacia arriba, tocar o chan e collela.
- Lanzar hacia arriba, dar un xiro sobre sí mesmo e collela.
- Combinacións tipo lanzar ao aire, tocar chan, dar unha palmada e collelo...
* Variante: Lanzar cunha man, coa outra, cas dúas...

5- Con esa bola (ou outra que podemos reforzar con cinta adhesiva) xogaremos ao ¨ bolacesto¨. Collemos unha referencia e facemos uha pequena competición co neno ou nena a ver quen mete máis lanzamentos variando as distancias de lanzamento. Podemos utilizar de canastra unha caixa de cartón, un cubo... 4 referencias distintas e en cada referencia 4 ou 5 lanzamentos.

6- RELAXACIÓN: 

Paso unha ligazón para facer un exercicio de relaxación.


ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA!!
SAÚDOS!!






PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DIARIA


Laboratorio de Ideas: EMOCIONBOT


16.3.20

ACTIVIDADE 1

Cada día iremos propoñendo diferentes actividades para realizar na casa, serán de diferente índole para abarcar múltiples contidos e que poidan ser divertidas. A primeira que propoñemos é para calmar os nosos ánimos e prácticar un pouco de ioga a través da canle smile and learn, que ademais ten diferentes vídeos con contidos educativos moi variados e interesantes.




13.3.20

INSTRUCIÓNS DÍAS SEN COLE (6º EI)

Ante a nova situación que estamos a vivir, e posto que, en principio, estaremos 14 días sen clases, comunicareime coas familias a través deste Blogue e mediante o correo electrónico.

O traballo na casa para estes días será o seguinte:

ACTIVIDADE: "TODOS CONTAN"

Cando reanudemos as clases faremos sesións de "Todos contan", actividade na que cada neno/a terá que facer unha breve exposición sobre unha temática  que lle apasione: dinosaurios, un deporte, as prantas, a cociña, os lobos... Para realizar este traballo terán que facer unha pequena investigación e apoiarse nunha cartolina grande para plasmar o que nos van contar, con debuxos , carteis, indicacións... 
É importante que eles teñan un papel moi activo, que decidan a temática, que poñer e como plasmalo na cartolina, que eles debuxen e escriban, e que practiquen a exposición oral. 


Cando coñeza o día exacto no que se inicien as clases, colgarei neste blogue o día no que expoñerá cada un.


PARA CALQUERA DÚBIDA MANDARME UN CORREO Á MIÑA CONTA HABITUAL. MOITAS GRAZAS

Comunicado Oficial


Muller e Ciencia: Marie Curie ( 6º EI)

PRESENTACIÓN ACTUACIÓN

11.3.20

Laboratorio de Imaxe: 1º grupo, 2º volta ( Infantil, 1º ciclo de Primaria)

O alumnado de infantil e 1º ciclo de Primaria xa pasaron polos 5 laboratorios: o científico , o de Radio, o documental, o de ideas e o de imaxe.

Á volta do Entroido, comezamos a seguinte rolda de laboratorios, pero esta vez con actividades distintas e cunha duración de 2 sesións dous mércores seguidos despois da Hora de Ler.

O primeiro grupo xa pasou polo Laboratorio de Imaxe, e esta vez non rescatamos a Serea leo, se non que experimentamos con circuítos eléctricos.


1º SESIÓN

Cada neno/a recibiu unha luz Led e unha batería, probaron a poñer a pata longa da bombilla coa cara positiva da pila e a pata máis curtiña no lado negativo, e descubriron que a luz se encendía. 

Despois viron un circuíto xa feito con cobre adhesivo e intentamos facer o mesmo. Neste caso tiñan que conseguir que a Muller científica do debuxo tivera unha idea, pero para iso precisamos que a luz led se iluminara, tendo que colocar o cobre adhesivo polas marcas correspondentes e fixándose onde tiñan que poñer as patiñas da luz e a pila, para o cal tiñan sinaladas dúas marcas: + e -.

Os maiores foron máis rápidos, polo que despois de rematar axudaron ós demais a pegar o cobre e indicarlles como colocar a luz e a pila.




2º SESIÓN

Nesta sesión remataron de facer o circuíto, xa que algúns non funcionaban, e a algúns faltáballe colorear.

Despois xogamos con plastilina conductiva caseira, primeiro probamos con dúas boliñas pequenas , unha luz led e un portapilas, pero tiñan que ter en conta que o cable de cor vermella era o lado positivo e polo tanto iba colocado na boliña de plastilina conectada coa patiña longa da lud led e o cable negro era o negativo e colocábase na boliña coa patiña máis curta.
Tras probar por parellas, decidimos intentar facer un circuíto cheo de boliñas e luces , que por falta de tempo non chegamos a rematar.



O MÁIS CHAMATIVO DE TODO ERA QUE DICÍAN QUE ERA MAXIA,
 E NON, É CIENCIA!!!!!





10.3.20

Muller e Ciencia: Rachel Carson (4º-5º E.I.)



O curso dos máis pequeniños, coa súa profe Dora, investigaron sobre a vida de Rachel Carson, a primeira muller recoñecida como ecoloxista. Canto aprendemos!

5.3.20

XOGO DE ORIENTACIÓN (6º EI)

O mércores, ó chegar a clase, atopamos no chan unha pegatinas, todos pensaban que sería, probaban a saltar, dicían que era unha mariola... ó final descubrimos que é un xogo de orientación no que temos que chegar dun lado ó outro cos ollos pechados mentres un compañeiro/a , tocándonos a cabeza ou os ombreiros, guíanos todo o rato.





CIENCIAS DIVERTIDAS ( 6º EI)

Os retos da Doutora Tirita xa remataron, e por fin descubrimos que significaban as pistas que nos deixou: a imaxe de Marie Curie!!!!

Posto que cumplimos os retos moi ben, o luns deixounos na súa caixa unha carta, que limos entre todos, na que poñía que de vez en cando , como recompensa á nosa axuda, deixaría algunhas sorpresiñas para nós. Neste caso, atopamos debuxos de probetas , unhas grosas e outras estreitas, así que esta semana facemos series e xogos tendo en conta o grosor das mesmas.





Os científicos/as utilizan nos laboratorios probetas de verdade, por tanto, decidimos facer experimentos na aula de cociña ( pois alí temos auga). Dividimos a aula en tres grupos, e cada un tiña dous vasos de agua iguais que tiñan que encher coa mesma cantidade de auga, e un vaso máis grande e groso para facer un trasvase da cantidade de auga dun dos vasos a este. Despois de comparar se a cantidade de auga variaba ó facer o trasvase, xogaron libremente con distintos recipientes, con xeringas e funis.
Despois, utilizando as xeringas, enchemos as probetas e botamos colorante alimenticio, para xogar coa mestura de cores.



TRASVASE DE AUGA

ANIVERSARIO DE JUAN LUIS ( 6º EI)

O xoves, á volta do Entroido, celebramos o aniversario de Juan, que xa ten 6 anos!!!!!

Falamos das súas características persoais, de que é moi valiente e bo compañeiro, e cantámoslle cumpleaños feliz. Despois Juan repartiu agasallos para todos, unha bolsiña chea de cousas, entre elas unhas barriñas de luz led, e posto que todos desexaban utilizalas, apagamos a luz da clase e xogamos con elas, pasáronno xenial!!!

Tras recoller, comezamos a facer entre todos o libro de debuxos , tendo en conta que lle encanta a cor negra e os coches, camións...
Moitas grazas e moitísimas felicidades!!!


FOTOS

3.3.20

LABORATORIO DE IMAXE, GRUPO 5 ( INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA)

O  quinto grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e foi o último da primeira volta, xa que o seguinte de día de Laboratorio comezaremos de novo, pero esta vez a duración será de dous mércores e faremos actividades diferentes.

As actividades realizadas xiraron como sempre ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.

FOTOS



- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques, e a través da experiencia co grupo anterior consideramos que desta forma funciona mellor.. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




ESCAPISMO


FOTOS


- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.












2.3.20

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres conmemoramos no cole o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro). Cada neno pintou un marcapáxinas cun dos seus versos que intercambio con outro compañeiro e ademais elexiu un libro en galego para adoptar e levar para a súa casa. Podedes ver todas as fotos dos nenos e nenas de infantil premendo no seguinte enlace e un vídeo resumo da actividade no blogue da biblioteca: Rosalía de Castro.


1.3.20

ENTROIDO ( 6º EI)





ANTES DO ENTROIDO

Cumplindo o 4º reto da Doutora Tirita, cada quen tivo que escoller que virus bo sería o día do entroido e o nome do mesmo, e despois facer un deseño do mesmo


                 DESEÑO DOS DISFRACES


Os disfraces fixéronse nunha cartolina con materiais reutilizados doutras actividades de clase, restos de papeis, iron fix, lá, bolsas ... E éstas pegáronse nunha bolsa branca, que despois do entroido serán utilizadas para crear mandilóns para a cociña.


XOVES 20 DE FEBREIRO

Os nenos e nenas de infantil puideron vir disfrazados de casa como quixeran, así que a primeira hora cada un deles explicou o seu disfraz e os seus detalles.
Despois, na cociña, fixemos rosquillas no forno. Cada neno/a fixo unha letra de VIVA O ENTROIDO 2020, e posto que nos gusta moito traballar con masas, antes de ir ó recreo, fixemos masas de fariña e agua para xogar con elas.

               RECEITA DO ENTROIDO

Tras merendar e ler un conto, todo o ciclo de infantil baixamos á aula de psicomotricidade, onde comemos patacas fritidas, gusanitos, galletas...e por suposto, as rosquillas que fixeramos na cociña.
Despois xogamos e bailamos sen parar!!!!


                DISFRACES

               FESTA DE DISFRACES



VENRES 21

Ese día celebramos o Entroido, así que a primeira hora comezamos a disfrazarnos e pintarnos. Unha vez estaba todo preparado , baixamos ó patio para organizar o desfile, que fixemos dende ó cole ó centro de Malpica.


                      DESFILE

Tras subir de volta en autobús, tiñamos no cole unha festa con doces típicos desta data, e á que estaban invitadas as familias. Pasámolo en grande xogando cos compis!!!!


               MERENDA E FESTA DESPOIS DO DESFILE