26.6.18

Aniversario de Marcelo ( 4º EI )

Na última semana de cole antes das vacacións de verán, celebramos o aniversario de Marcelo, que cumpliu 4 anos!!!!!!

A semana anterior foi o protagonista, descubrimos moitas cousas sobre el, e agora xa rematamos o libro con algúns datos dos nosos protagonistas: a cor favorita, o que máis lle gusta do mundo, o que non lle gusta nada, a que lle ten medo, que quere ser de maior...
Tamén recibimos a visita de mamá e papá, que nos contaron a historia de Marcelo, e agora xa entendemos por que quere ter un tractor azul. Fixemos a receita para festexar o seu aniversario, Tortitas de Calabacín, que estaban moi ricas, e a pesar de que a maioría pensaba que non lles gustaría, repetiron !!!!!
 Marcelo decorou a súa coroa, regalámoslle os bicos e apretas que tanto lle gustan, e rematamos bailando a pesar de non ter o vídeo. Moitas felicidades Marcelo!!!!


22.6.18

III DÍA DAS FAMILLIAS

Onte celebramos o final do curso coa graduación dos nenos e nenas de 6º de E.I. e de 6º de E.P. E, logo, vimos uns vídeos do traballo do PDI "Pintamos moito" e logo estreamos o vídeo da canción composta polo alumnado e música da profe Patricia. E, finalmente, subimos a merendar e a celebrar o III día das familias.

Para todas as fotos pinchade no seguinte enlace III DÍA DAS FAMILIAS

20.6.18

XORNADA SOBRE RODAS

Onte celebramos as II Xornadas sobre Rodas no pavillón. Rodamos seguindo as sinais do circuíto e pasámolo moi ben!!!

Para ver as fotos de infantil premer no seguinte enlace:


https://photos.app.goo.gl/PmxyhNh7cudyY16MA

GYMKANA

O venres pasado , o alumnado de infantil realizamos una Gymkana. O capitán Milladoiro deixouno seis tesouros agochados, e para conseguir o mapa que nos diría onde atopalos , tivemos que realizar seis probas. Creamos 6 grupos de participantes, cada un dunha cor, e xogamos a un memory mariño, encestar na rede, cruzamos unha ponte, fixemos un barco co tangram, pasamos un circuito ata chegar ó barco do Capitán Milladoiro, e pescamos o globo. Ó rematar cada proba conseguimos cada peza do noso mapa, e descubrimos onde atopar o tesouro, así que mans á obra... Cada grupo percorreu o colexio buscando o cofre,e descubrimos que había un pergamino do Capitán e unhas chuches!!!!


PASÁMOLO EN GRANDE!!!!!


https://photos.app.goo.gl/AvvBrRQC2N5o6yRS8

19.6.18

CUMPLEANOS DE LUCAS (6º E.I.)

Rematamos os cumpleanos deste ano con Lucas que tamén cumple no verán e o fixemos por todo o alto, xa que ademais de que a súa nai nos contara un conto sobre diferentes países do mundo, que nos serviu para repasar cousas do noso proxecto, tamén tróuxonos uns riquísimos xeados. Soamente esperar que se repitan moitos mais cumpleanos literarios.




15.6.18

MAKER SPACE (6º E.I.)

Nestes últimos días estivemos realizando todas aquelas actividades que ao longo do curso non nos deu tempo, entres elas a exploración dos novos materiais da biblioteca que formarán parte para ao ano que ven do novo espazo do centro, o "maker space". O material que empregamos foi diversos xogos de construción que nos permite traballar as nosas habilidades manipulativas, creativas... como por exemplo os legos, bunchems, construción con palliñas, pezas de madeira... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: maker space.






14.6.18

EXPERIMENTO: A TINTA INVISIBLE (5º E.I.)

Hoxe estivemos practicando o experimento que nos tocou facer na I feira da ciencia e tecnoloxía que celebraremos o luns no cole. Xa que temos que explicarllo os outros nenos e nenas da escola.
O noso experimento consiste  en escribir con tinta invisible de limón e unha vez seca ver o que escribimos ou debuxamos. Foi moi divertido ver que intentabamos escribir o noso nome ou debuxar persoas, casas, e, incluso figuras xeométricas, xa que unha vez exposta a unha fonte de calor puidemos ver o que fixemos.



FIN DO PROXECTO DO MUNDO (6º E.I.)

Chegamos casi o fin do trimestre e tamén o fin do noso proxecto polo mundo, foron moitos os países que visitamos e as cousas que aprendimos, así que a nosa mochila vai cargadiña de coñecementos. Para repasar cada un destes lugares situamos nun mapa do mundo con pegatinas os lugares que fumos que xa nos serviu de portada e ademais no noso panel de palabras segredas tiñamos unha foto dun sitio distino, onde tiñamos que decir o país no que estaba, o continente, o idioma que falaban alí e outra curiosidade mais que souperamos de ese país. Ademais, voltamos co noso barco para casa que tamén xa era hora. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: proxecto mundo.



VISITAMOS O COLE (6º E.I.)

Onte visitamos os diferentes espazos do centro onde hai exposicións, en concreto o Museo de mar, onde atopamos moitísimos obxectos que trouxeron as familias e os mestres descubrindo dende un colmillo de cachalote, un oso de balea, diferentes crustáceos, cartas de navegación, aparellos para pescar... e tamén subimos a segunda planta para ver as maquetas que realizaron os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, algunha gustounos moito como o campo de fútbol e a discoteca Milladoiro. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: visitas.



13.6.18

ANIVERSARIOS DE VERÁN (5º E.I.)

Hoxe celebramos os aniversarios das nenas que naceron no verán.




A NOSA VIAXE (5º E.I.)

Acabamos o noso proxecto de "Surfeando polo mundo", e como punto final fixemos un mapa mundial onde buscamos os paises que visitamos, marcando a ruta que seguimos dende o primeiro país ata o último. Foi unha grande viaxe polo mundo. Quero darvos as grazas polas vosas aportacións para este proxecto.


O NOSO MAR (5º E.I.)

Aproveitando a area que nos trouxéchedes fixemos un pequeno mar coas súas ondas e co seu barco veleiro. Como tiñamos dous tipos de area, unha máis fina e outra máis gorda observamos a diferencia entre elas e tamén algúns tocámola. E, tamén experimentamos que unha estaba máis mollada que outra e polo tanto pegábase máis nas mans. Quedounos un mar moi bonitiño.


CUMPLEANOS LEO (6º E.I.)

Onte tamén celebramos outro cumpleanos dos nenos que fanse maiores no verán, neste ocasión o primo de Leo, Brais, que está na clase de 4º de Educación Primaria contounos o conto de "Mamá, ¿de qué color son los besos?" para celebrar o cumple de Leo.




11.6.18

CUMPLEANOS BRUNO (6º E.I.)

O pasado venres estivo de cumpleanos Bruno e o seu primo Yeray de 2º veunos contar o conto de "Cocorico", un clásico que nos encanta a todos e que ademais e o favorito de Bruno.





10.6.18

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: POBO AVENTURA ( INCLUÍDO 4ºEI)

POR ALGÚN ERRO, NAS FOTOS O ALUMNADO DE 4º EI NON APARECÍA, ARRANXADO O PROBLEMA, ACTUALIZAMOS A ENTRADA.


O martes 29, todo o ciclo de infantil realizamos a excursión de fin de curso. Comezamos a xornada indo ó baño, facendo as parellas en cada clase e subindo ó autobús. Por fin chegamos a Pobo Aventura, coñecimos ós monitores Belén, María, Sergio... que fixeron tres grupos pola idade, e asinaron a cada un deles unha cor e unha pulsera, o equipo amarelo 4º EI, o equipo azul 5º EI  e o equipo vermello 6º EI. Fixemos unha parada para tomar a merenda e ir ó baño, e comezamos!!! 


Fixemos tres obradoiros, dous pola mañá e outro despois de comer: un obradoiro era de xogos tradicionais utilizando elementos naturais e reciclados: bolos, encestar con aros e cordas, chapas... outro era un roteiro polo bosque onde, seguindo o merlo Rieiro, observaron e escoitaron paxáros, fixeron un niño, xogaron a pescar... e un obradoiro de telleiros, no que primeiro cun trozo de barro fixeron unhas tellas, e remataron pintando unha tella que nos regalaron para levar á casa. Tras despedirnos, rematamos unha grande xornada montando no autobús de volta, momento no que moitos cativos aproveitaron para botar unha siesta!!!! Pasámolo xenial!!!!!

Para ver as imaxes premer no enlace:


https://photos.app.goo.gl/VffG2yQLVCabscRu1

MURAL DO MAR ( 4º EI )

Despois de moitos meses traballando nel , por fin temos rematado o noso mural do mar, para que a serea Leo vexa todo o que investigamos, e algúns dos animais mariños que descubrimos!!!!

Nos venres robóticos puxéronlle códigos Qr, que nos levan a ver vídeos dalgúns deses animais na vida real. Agora o noso mural está exposto na Aula do Mar que está creándose no cole!!





https://photos.app.goo.gl/CgqvPMGQeHE2QxJ57

EXPLORANDO RECURSOS ( 4º EI )

Levamos un par de semanas descubrindo novos recursos ( que formarán parte do makerspace da biblioteca escolar) e aproveitando os coñecidos para afianzar coñecementos.

Pantalla táctil de clase: Reforzamos as series sinxelas, esta vez facendo raia -punto-raia, que utilizamos para decorar una estrela de mar , que despois utilizamos para facer un colar insertándoa xunto con macarróns. A pantalla tamén a utilizamos para traballar conceptos básicos a través do xogo LA ABEJA BUBA, recurso que lles encanta.

Lámpara de luz negra: utilizámola na nosa actuación do Samaín, pero casi non se acordaban, así que  fixemos unha actividade máxica, na que descubrimos como a lámpara de luz negra facía brilar os nosos dentes e ollos e a roupa branca. Utilizámola para facer debuxos na escuridade con rotuladores fluorescentes.

Mesa interactiva: é multitáctil , así que podíamos participar varias persoas ó mesmo tempo.  Xogamos a facer puzles do abecedario, xogos musicais artísticos , e aplicación de xogos lóxicos ( buscar unha cor e unha forma determinada).

Para ver as imaxes premer nos enlaces:


https://photos.app.goo.gl/CbBYcaRvyzgAnRqp7

https://photos.app.goo.gl/fnbavBMyXQnMpx6fA

9.6.18

AS CAIXAS DE XEOGRAFÍA (5º E.I.)

Cunhas caixas fixemos a representación de a onde pertence cada lugar, é dicir, Malpica pertence a provincia de Coruña; Coruña a Galicia, e así pouco a pouco ata que chegamos a formar parte do mundo. Foi unha actividade moi motivadora xa que puideron ver de forma manipulativa como esta estructurado o territorio.  Así, tamén puidemos ver que todos os paises que visitamos, tamén forman parte dalgún contiente e todos formamos parte do mesmo mundo.

7.6.18

CUMPLEANOS DE MARTÍN (6º E.I.)

Hoxe celebramos o primeiro dos cumpleanos do verán, a nai de Martín tróuxonos un libro moi divertido que titulábase "Los animales también se tiran pedos", o pasamos moi  ben co conto e cada día disfrutamos máis das nosas celebracións con os contos en familia.





5.6.18

ANIVERSARIO MARCO URES (5º E.I.)


VOLVEMOS (5º E.I.)

Xa toca volver a casa dende o último país que visitamos, Portugal. Collimos o noso bus surfeiro para que nos levara o aeroporto para coller o avión de volta a Malpica. Fíxonos moito ilusión esta viaxe, coñecimos moitos paises e convertímonos nuns grandes capións de surf.













UN MAR DE LIBROS (5º E.I.)

Durante o mes das letras unha das actividades que fixemos foi un mural na honra de Mª Victoria Moreno e o seu primeiro libro Mar adiante. Fixemos as fotos lendo un libro e, logo fixemos as fotos en forma de peixe; de xeito que fixemos un mar cheo de libros.