28.4.23

3 anos_GaliCómic:"Cativiñ@s... do Milladoiro!"

Leer más publicaciones en Calaméo

A nosa produción propia, GaliCómic, recolle as nosas primeiras experiencias escolares na nosa escola pública, rural e... galega!

Esperamos que vos guste, nós divertímonos aprendendo!

4 anos_GaliCómic:"O noso... Camiño!"

Leer más publicaciones en Calaméo

Presentamos a nosa produción propia: O noso... Camiño!

A actividade anual, GaliCómic, reflicte o proxecto, desenvolto ao longo do curso, ao redor do noso propio Camiño.

Esperamos que vos guste!

27.4.23

DÍA DO LIBRO

 O domingo celebrouse o Día do Libro, polo que para o luns tiñamos preparada unha actividade de lectura na rúa pero, como o tempo non acompañou, decidimos aplazala para outro momento.

Así que conmemoramos este Día coa lectura dos peques en grupos interniveis, onde en equipo se leron entre eles diversos contos, pois pensamos que...

A MELLOR FORMA DE CELEBRAR O DÍA DO LIBRO... É LENDO!!

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE BORJA ( 6º EI)

 

Esta semana Borja cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita da súa familia, Tania, Walter e Antía para celebrar o seu aniversario!!! 

Contaronnos a historia fantástica de Borja Jumbo, que de maior quere ser excavador de ósos!!!






Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!









Ademais da visita da súa familia, entre todos, describimos ó noso protagonista, Borja, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.









MOITÍSIMAS FELICIDADES BORJA!!!!!










24.4.23

PERCORRENDO GALICIA: FORMIGAESCOLA ( 6º EI)

  Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

Para comezar  pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

A pasada semana estivemos en Outeiro de Rei da man de Diego, que visitou a Formigaescola, un espazo onde podemos atopar unha aldea de formigas creadas con materiais reciclados.

Así no Leolab, utilizando diversos recursos, en pequeno grupo xogamos ós minimundos, onde cada grupo construíu espazos para as formigas: foguetes, unha praia con faro e vexetación,parques... como lles gusta imaxinar e crear!!!




Premer na imaxe para acceder á galería










PRE-ESCRITURA CON ARTE

 Coa chegada da primavera decidimos crear un mural colectivo entre o ciclo de infantil, un mural cheo de cores e formas.

Para iso, o alumnado en pequeno grupo e durante moitas xornadas foron traballando moi duro ata conseguir unha verdadeira obra de arte!!!!

Agora que xa está terminado os peques debuxaranse en papel periódico e pegaranse no mural!!!


Premer na imaxe para acceder á galería


EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE LEO ( 6º EI)

 

Na Semana Santa Leo cumpliu 6 anos!!!!!Por iso á volta recibimos a visita de Noelia, a súa nai, para celebrar o seu aniversario!!! 

Contounos a historia de Leo, o moito que lle gustan os animais, as actividades  na auga e a natureza!!!







Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!









Ademais da visita de Noelia, entre todos, describimos ó noso protagonista, Leo, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.









MOITÍSIMAS FELICIDADES LEO, QUE MAIOR!!!!!









19.4.23

PERCORRENDO GALICIA: A Muralla de Lugo ( 6º EI)

 Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!

Para comezar  pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia. 

Esta semana comezamos con Sara, xa que visitou a Muralla Romana de Lugo. Neste caso a protagonista contou a súa experiencia e datos da Muralla, despois colocamos a súa foto no mural do proxecto e marcamos no mapa de Galicia a súa ubicación. Tamén investigamos e descubrimos que mide 2000 metros!!!


Como as distancias tan grandes son dificiles de imaxinar, realizamos unha experiencia de construción. No patio exterior, aproveitando o bo tempo, dividimos a clase en pequenos grupos coa misión de que cada un construíra a muralla máis longa que puideran, despois fomos medindo e marcando cada construción realizada de metro en metro para despois sumar. Todas as murallas tiveron distintas medidas.


Despois pensamos que se colaborábamos todos e  xuntábamos os bloques poderiamos facer unha muralla moitísimo máis longa, asi que ... Mans á obra!!


Despois de contruila medimos de novo, marcando cada 5 metros cun peque ( o máximo do metro que tiñamos), para despois sumar, polo que conseguimos unha muralla de 26 metros!!!!!


Premer na imaxe para acceder á galería






8.4.23

EN BUSCA DOS ÓVOS ( 6º EI)

 O venres, antes de marchar de vacacións de Semana Santa, o alumnado de 6º EI despedimos o trimestre coa realización dun xogo moi divertido: " En busca do óvos perdidos".


Dividimos a clase en pequenos grupos, cada un dunha cor, cuxa misión era atopar os óvos de Pascua perdidos. Para iso cada grupo comezou cunha pista que tiñan que ler e que lles levaba a outro lugar do patio, onde atoparían outra pista que lles levaría ós óvos.


Dentro de cada óvo ós peques atoparon  monicreques de dedos!!


PASÁMOLO SUPER BEN!!