Durante esta semana na clase de 4º Educación Infantil estivemos traballando as mulleres galegas nas artes, no noso caso seguimos coa literatura polo que afondamos na figura de Rosalía de Castro. Acudimos a exposición de "As nosas letras" da biblioteca escolar adicada a esta escritora, realizamos varios genially para coñecer un pouquiño máis da súa vida e da súa obra, cantamos a canción de "O Moucho" de Migallas, descubrindo que a letra era un poema de Rosalía, fumos a buscar flores para decorar a portada do seu primer libro titulado "La flor" e cada un dos nenos e nenas elexiu un poema seu e coloreu un debuxo quedando así un fermoso mural para compartir co resto de compañeiros e compañeiras. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: día da muller.
13.3.25
Día da Muller: herdeiras das pandereteiras de Mens
8.3.24
6ºEI_Entrevista fantástica: Laura Vilanova
Presentamos o vídeo-entrevista fantástica a Laura Vilanova Gantes, amiga pediatra.
A vindeira semana presentarémolo na biblio co gallo da Semana da Muller 2024, esperemos que vos guste.
E aquí vos deixamos o podcast que gravamos en Radio Balea:
8.3.23
Mulleres Imprescindibles: Ana Romero Masiá (6ºEI)
Onte recibimos a visita da arqueóloga Ana Romero, como muller imprescindible galega, polo que realizamos unha xuntanza na Biblioteca co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria para falar con ela. O alumnado fixo un montón de preguntas e foi unha actividade moi motivadora e divertida, xa que previamente traballáramos na clase todo o que lle queríamos preguntar.
O que máis nos sorprendeu é que os Dolmens son case 3000 anos máis antigos que os castrexos, polo que todavía ninguén sabe onde vivían as persoas que construíron os Dolmens nin que facían os Castrexos cos falecidos. Ademais no castro de Borneiro todavía queda moito por excavar e por descubrir!!!!!
Despois o alumnado de 6º de EI subiu a Radio Balea onde fixeron unha pequena entrevista á arqueológa e transcribiron a súa biografía. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Ana Romero.

Aprendimos un montón de cousas, moitísimas grazas ANA!!!!!!!!!!!!!
Aquí tedes a entrevista e o traballo realizado para o Día da Muller sobre Ana Romero.
1.3.23
Mulleres Imprescindibles: Ana Romero Masiá (6º EI)
Tras recibir a mensaxe da Serea Leo puxémonos mans á obra.
O primeiro que fixemos foi pensar onde poderiamos atopar información, anotamos e buscamos paso por paso.
A primeira idea foi buscar por internet: Descubrimos que Ana Romero Masiá vive en Santiago pero ten casa en Barizo, que é historiadora, mestra e arqueóloga e que traballou 10 anos no Castro de Borneiro. Ademais atopamos unha noticia na prensa dixital do periódico La Voz de Galicia, polo que miramos e lemos noticias en varios exemplares en versión papel, que xa forman parte da nosa biblioteca de aula.
A segunda idea era atopar persoas que a coñeceran para contactar con ela: a profe Susana coñece a súa filla, polo que conseguimos o seu "correo electrónico" e o número de teléfono.
A terceira era invitala e escribirlle unha carta ou un correo: antes de contactar pensamos que queriamos saber e que nos gustaria que nos contase. Cando tiñamos pensado escribir un correo Borja chegou ó cole cun vídeo de Ana!!!!!! Neste a arqueóloga dixo que viría nuns días a visitarnos!!!
19.2.23
11.3.22
OFICIOS TRADICIONAIS
Dentro do PDI NÓS: patrimonio in-material, estamos traballando durante este trimestre os oficios tradicionais de Malpica e da Costa da morte.
Dende o Equipo de Radio propuxeron, para a posta en práctica do Laboratorio de Son, a realización de entrevistas sobre dita temática para festexar así, o Día da Muller Traballadora, e na nosa clase, e grazas ás familias, tivemos un montón de entrevistas realizadas nas casas, en formato papel, audio ou vídeo.
Ademais de traballalas na clase, subimos a Radio Balea, onde falamos un pouquiño sobre eses oficios tradicionais, e aquí o Podcast final:
DÍA DA MULLER ( 5º EI)
Entre outras actividades para a conmemoración do Día da Muller traballadora, o alumnado realizou entrevistas a mulleres do seu entorno con oficios tradicionais. Aquí tedes unha recopilación dos traballos que realizaron o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil nas súas casas:
25.3.21
Laboratorio creativo: Cociñando con-ciencia ( 4º EI)
Neste mes de marzo, no que se celebrou o Día da Muller, o equipo de Ideas, propuxo para o laboratorio creativo utilizar a cociña como laboratorio científico de aprendizaxe, traballando conceptos matemáticos a través da manipulación e pór en valor a figura da muller en relación ó mundo da cociña.
Por iso durante este mes realizamos varias actividades:
1. Quen cociña nos contos?
Conmemoramos o Día da Muller Traballadora coa actividade "Quen cociña nos contos infantís?". Para iso fomos á biblioteca a buscar contos nos que aparecera alguén cociñando e despois estivemos analizando, e comprobamos, que na maioría cociñaban as mamás, as avóas ou as nenas. Finalmente, relacionamos cada conto coa persoaxe que cociñaba, quedando este fermosa mural para que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén poidan reflexionar sobre este tema. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Día da muller.
Despois relacionamos o noso Proxecto do Bosque con este laboratorio:
2. Que comen as aves?
Investigamos que comen as aves, e a verdade é que as nosas hipóteses xa eran moi acertadas pero fixemos un xogo moi divertido, tiñamos que meter a man sen mirar nunha bolsa e se queríamos, comelo. Ao principio estaban un pouco asustados porque pensaban que eran gusanos de verdade pero resultaron ser gusanitos e pequenas gominolas de froitas. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: comida de paxaros.
Despois fumos a cociña a preparar uns gusanos de froitas moi especiais porque a base era de chocolate e porque tamén traballamos a lóxica-matemática xa que as froitas seguían unha serie. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlacea: gusanos.
8.3.21
Día da Muller Traballadora (3 anos)
Hoxe conmemoramos o Día da Muller Traballadora coa actividade "Quen cociña nos contos infantís?". Para iso fomos á biblioteca a buscar contos nos que aparecera alguén cociñando e despois estivemos analizando, e comprobamos, que na maioría cociñaban as mamás, as avóas ou as nenas. Finalmente, relacionamos cada conto coa persoaxe que cociñaba, quedando este fermosa mural para que o resto dos compañeiros e compañeiras tamén poidan reflexionar sobre este tema. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Día da muller.








