Mostrando entradas con la etiqueta 2023-24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2023-24. Mostrar todas las entradas

16.5.24

6º EI_ LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA

O Día das Letras Galegas no presente ano está adicado a Luísa Villalta e dende a aula de 6º de Educación Infantil estivemos traballando a figura desta escritora.                                                                   
Traballamos sobre aspectos da súa vida, as súas obras e a implicación social que deixou demostrada no gran activismo que exerceu na busca la liberdade e a igualdade así como a colaboración do movemento NUNCA MÁIS ou o NON A GUERRA de Palestina.

Creamos uns marcapáxinas de Luísa Villalta e preparamos un concurso que presentamos en directo no centro cívico co gallo do FESTIVAL DAS LETRAS, baseado no podcast que presentamos ao VI Concurso de Podcasts Radio na Biblio e que resultou premiado!


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!

8.3.24

6ºEI_Entrevista fantástica: Laura Vilanova

Presentamos o vídeo-entrevista fantástica a Laura Vilanova Gantes, amiga pediatra.

A vindeira semana presentarémolo na biblio co gallo da Semana da Muller 2024, esperemos que vos guste.

E aquí vos deixamos o podcast que gravamos en Radio Balea:

Feliz Día da Muller!

5ºEI_Entrevista fantástica: Isabel Barreto

Celebramos o Día da Muller cunha entrevista fantástica á primeira Muller almiranta do mar: Isabel Barreto.

As nenas dan voz a Isabel e os nenos fan de entrevistadores, un vídeo que presentaremos a vindeira semana na nosa biblio: Semana da Muller 2024.

Aquí vos deixamos o podcast gravado en Radio Balea:

Feliz Día da Muller!

20.12.23

Postal de Nadal 2023

Presentamos a vídeo-postal de Nadal que creamos entre todas e todos para cumprir co Compromi-sas do mes de decembro: Nadal, tempo para comunicar!. Asemade, as bolsiñas-agasallo que Leo, a nosa serea lectora, nos deixou nas portas das aulas tamén tiñan esta encarga: crear unha postal de Nadal para remitir a outras comunidades; e nós enviámola ao Centro de Día de Carballo, para os nosos maiores.

E con esta vídeo-postal, familias e comunidade, todos os nenos e nenas de infantil do CEIP Milladoiro vos desexan...

BO NADAL! 🎅🎄