Mostrando entradas con la etiqueta medusas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medusas. Mostrar todas las entradas

30.4.18

Recuncho mariño ( 4º EI )

A pasada semana Valentina trouxo a clase una grande sorpresa, MEDUSAS!!! As medusas estaban na praia de Malpica, e atopáronnas na area varios nenos e nenas da clase. O raro é que, cando as colleron eran azuis, pero cando meteron unha delas na casa en auga doce, cambiou a cor, e agora é transparente!!!




22.2.18

ENTROIDO 2018 ( 4º EI )

O 8 de febreiro comezamos a celebrar o entroido facendo unha pequena festa de disfraces, na que cada un vestiuse da casa ó seu gusto, baixamos á aula de psicomotricidade onde bailamos, xogamos e tomamos cousas ricas!!!
O 9 de febreiro fixemos a grande festa do Entroido, posto que as condicións climáticas non permitiron baixar á praia e facer o desfile polas rúas de Malpica,  celebrámolo no pavillón. Fixemos o desfile co noso disfraz de Medusa " Confusa" do conto " Medusa se ha vuelto a enfadar", xa que o tema da festa era Un Mar de Contos. Despois do desfile de todas as clases, baixamos ó comedor , onde degustamos ricos aperitivos do Entroido e desfrutamos coa compañía das familias.