22.6.22

Xornada de convivencia

Imaxe CEIP Milladoiro
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Onte desfrutamos da xornada de convivencia organizada polo Concello de Malpica para os centros do noso municipio.

A imaxes falan por si mesmas. Había ganas de pasalo ben entre amig@s: saltando, bailando, creando... xunt@s!

Agradecemos ao Concello a invitación, despois de dous difíciles cursos, a unha xornada na que nos divertimos compartindo e finalizando un curso igual de singular que o 2020/21.

20.6.22

XORNADA... SOBRE RODAS!!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Iniciamos os últimos días lectivos... sobre rodas!

Cada grupo-clase foi pasando polo pavillón para percorrer o circuíto organizado polo mestre de Educación Física, Óscar, e o alumnado de 5º de Primaria como colaboradores; posto que o alumnado de 6º de Primaria estaba na súa graduación.

Tod@s coincidiron en que esta actividade lles gusta moitísimo: patinetes, patíns, monopatíns... ata un mini-tractor para realizar un circuíto no que pór en práctica a educación vial: stop, dirección única, rotonda... e contaminación CERO!

O vindeiro curso, seguro repetiremos!



 

17.6.22

ANIVERSARIOS DE CATUXA E DANIELA P. ( 5º EI)

 Hoxe celebramos por adiantado os últimos aniversarios deste curso, o de Catuxa e o de Daniela P., xa que ambas cumplen a principios de verán.

Coma sempre, as protagonistas escolleron o tipo de tarta que querían, pintáronna ó seu gusto e decorámola coas boliñas de plastilina feitas polos seus compañeir@s. Cantámoslles, sopraron as velas e tod@s recibiron agasallos.







MOITÍSIMAS FELICIDADES ÁS DÚAS POR ADIANTADO, QUE POUCO TEMPO XA TEREDES 5 ANOS!!!


RUEIRO DOS RETOS ( 5º EI)

 Onte realizamos a proposta de centro de "O rueiro dos retos", aínda que adaptamos dita actividade. 

Neste caso, cada neno e nena levou unha folla cun mapa de Malpica e unha imaxe diferente, polo que na ruta que seguimos tivemos que ir buscando a nosa imaxe, e unha vez atopada colocar unha pegatina no mapa.

Pasámolo xenial, xa que despois de conseguir os retos descansamos, merendamos e xogamos. Regresamos ó cole moi contentos pero moi cansos!!!


Premer na imaxe para acceder á galería


14.6.22

XEADOS DE FROITAS ( 5º EI)

 Coa chegada do bo tempo e a caloriña, a comezos deste mes, decidimos ir á cociña a facer xeados.

Para iso os peques cortaron amorodos, plátanos e mango, e despois de un en un botaron na batedora os trociños e un pouco de agua. Cando xa tiñamos a mestura ben triturada enchemos as poleras e para o conxelador!!!

Por suposto, cada peque meteu o seu prato e coitelo na lavavaixelas e axudaron a deixar todo limpo e ordenado.

A pasada semana, aproveitando un día de calor probamos os xeados e... ESTABAN BOÍSIMOS ( aínda que non para todos).


Premer na imaxe para acceder á galería




10.6.22

FEIRA DE XOGOS ( 5º EI)

 Onte, en psicomotricidade, organizamos unha actividade para traballar o razoamento lóxico a través de diversos xogos: a oca, o bingo dos números, o dominó, memory e un xogo de serpes e escaleiras. 

Dividimos a clase en pequenos grupos rotatorios, de forma que tod@s disfrutaron dos xogos, sobre todo o do bingo e as serpes e escaleiras!!!!



Premer na imaxe para acceder á galería


LAB. IDEAS: XOGOS 3R ( 5º EI)

Laboratorio de Ideas: xogos 3R

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Para a celebración do Día do Medio Ambiente, presentamos os produtos finais do último laboratorio de aprendizaxe do curso, o Laboratorio de Ideas, recollido na proposta de actividades trimestrais.

O xogo e o texto instructivo presidiron o laboratorio e grazas a grande creatividade de tod@s xurdiron xogos 3R diversos, tales como: Emboque ,Dominó ,o pano, Choiva de tapóns ,Tira-bólas , Raiola ,Tres en raia ,Teléfono escacharrado e os birlos.


Así que onte baixamos a psicomotricidade para xogar con algúns deste novos xoguetes e pasáronno xenial!!!! Aquí tedes as fotos da actividade:



Parabéns a tod@s! Coidando o Medio Ambiente, aplicando as 3R: reducir, reutilizar e reciclar.


 

8.6.22

EXCURSIÓN A GABENLLE

 Onte o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos a Área Recreativa de Gabenlle,

Xa dende a primeira hora estaban tod@s moi ilusionad@s, facer saídas encántanos!!!!!


Cando chegamos, tras deixar as mochilas, paseamos polo camiño do bosque onde colleron, tocaron e  manipularon un montón de elementos naturais, ulimos os eucaliptos, observamos bolboretas, escoitamos a auga do río e os paxariños, descubrimos as arañas de río, os círculos das árbores que indican a idade dos mesmos, o que as profes chamamos bágoas de crocodrilo..., e todo o ambiente natural provocou moitas preguntas: por qué algunhas árbores estar torcidas? por qué hai follas de tantas cores? Que son estas sementes? Por qué pican as ortigas? Por qué non se poden tocar as ás das bolboretas? Un sinfín de preguntas que darían para comezar un novo proxecto se non rematase o curso.

Tras realizar esta caminata fomos á zona do merendeiro e, tras recoller todo o lixo para non contaminar, rematamos a xornada xogando no parque.

Foi un día marabilloso, pasámolo en grande, sen dúbida repetiremos!!!!!!


Premer na imaxe para acceder á galería





3.6.22

RETOS CREATIVOS ( 5º EI)

 Hoxe no Leolab comezamos a realizar a actividade proposta polo Equipode Imaxe: Os Retos Creativos.

Dividimos a clase en grupos pequenos que rotaron polos distintos retos, cun tempo máximo de 5 minutos, e estes foron: 

- Prender unha luz cunha bombilla

- Facer unha construción cos bloques Gigi que tivera un espazo de acceso ó interior.

- Crear casas cos Tangram

- No mural Lego recrear o mar e animais mariños

- Coas palliñas de construción formas figuras xeométricas.

- Coas pezas imantadas crear torres que se mantiveran no aire agarrándoas por un extremo.

- Atopar na baralla animais propios da selva


Premer na imaxe para acceder á galería



2.6.22

Booktubers (5º Educación Infantil)

 Onte pechou a Biblioteca Escolar por este curso 2021-2022 e a semana pasada cada alumno/a buscou o libro que máis lle gustara durante este curso (xa fora que o levara nas bolsiñas viaxeiras, nas mochilas viaxeiras ou que lles lera os maiores nos recreos durante o Hoxe le...) e aínda que foron moitos e costounos decidirnos, finalmente fixemos unha selección moi variada. Así que hoxe grabamos as nosas recomendacións de lecturas para os nosos compañeiros/as. 



AULA MULTISENSORIAL ( 5º EI)

 Por fin chegou o día...ESTRENAMOS A AULA MULTISENSORIAL!!!!!

Durante varios días os peques, ó pasar polo pasillo, preguntaban que eran as luces que brilaban nunha das aulas, e cada un imaxinaba que habería alí dentro, e despois de moito traballo, onte puidemos descubrir o novo espazo da nosa Biblioteca Creativa: a nova aula multisensorial.

Ó entrar atopamos un espazo con iluminación tenue e un montón de materiais con luces. Tras explicar cada recuncho, escolleron e xogaron libremente experimentando e manipulando os materiais dispoñibles. En palabaras deles:" Non nos gusta este espazo, encántannos ".

Recunchos dispoñibles:

-  Zona da calma

- Recuncho das texturas

- Recuncho da vida cotiá

- Recuncho da luz

- Recuncho olores e sons

- Lectura sensorial




1.6.22

RETOS CREATIVOS ( 6º EI)

  Onte no Leolab participamos na  actividade proposta polo Equipo de Imaxe: Os Retos Creativos, recuperando así, os martes e venres robóticos.

Os peques rotaron polos 5 retos propostos:

- Prender unha luz cunha bombilla

- Facer unha construción cos bloques Gigi que tivera un espazo de acceso ó interior.

- No mural Lego recrear figuras xeométricas

- Coas palliñas de construción formas figuras xeométricas.

- Construír un circuíto con bloques Kappla


Premer na imaxe para acceder á galería