Mostrando entradas con la etiqueta 5ºEI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5ºEI. Mostrar todas las entradas

17.9.24

ANIVERSARIOS SETEMBRO... TAMÉN LECTORES!

 Neste mes de setembro tivemos o aniversario de Eiden. Decidiu que a súa tarta fora de chocolate e Lacasitos así que o día antes nos puxemos mans a obra!

Como de costume, o día do seu cumple un familiar veu a contarnos un conto. Moitas grazas por facer esto posible!

Parabéns Eiden! 🎉



Preme na imaxe para acceder á galería


13.9.24

5ºEI- ANIVERSARIOS DO VERÁN... TAMÉN LECTORES!

 Comezamos curso 2024-2025 🎉

E como o fan estos cativiños? Pois con festa! Celebramos os aniversarios de aqueles amigos e amigas que cumpren anos en verán. Non podían quedar sen a súa festa!

Neste caso Iria e Álvaro foron os protagonistas. O día antes fixemos a tarta e hoxe viñeron as súas familias a contar un conto. Non hai mellor manera para comezar o curso!

Moitas grazas as súas familias por facer posible este momento.

Parabén Iria e Álvaro! 🎉🎈




Preme na imaxe para acceder á galería

20.6.22

XORNADA... SOBRE RODAS!!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada

Iniciamos os últimos días lectivos... sobre rodas!

Cada grupo-clase foi pasando polo pavillón para percorrer o circuíto organizado polo mestre de Educación Física, Óscar, e o alumnado de 5º de Primaria como colaboradores; posto que o alumnado de 6º de Primaria estaba na súa graduación.

Tod@s coincidiron en que esta actividade lles gusta moitísimo: patinetes, patíns, monopatíns... ata un mini-tractor para realizar un circuíto no que pór en práctica a educación vial: stop, dirección única, rotonda... e contaminación CERO!

O vindeiro curso, seguro repetiremos!



 

8.6.22

EXCURSIÓN A GABENLLE

 Onte o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos a Área Recreativa de Gabenlle,

Xa dende a primeira hora estaban tod@s moi ilusionad@s, facer saídas encántanos!!!!!


Cando chegamos, tras deixar as mochilas, paseamos polo camiño do bosque onde colleron, tocaron e  manipularon un montón de elementos naturais, ulimos os eucaliptos, observamos bolboretas, escoitamos a auga do río e os paxariños, descubrimos as arañas de río, os círculos das árbores que indican a idade dos mesmos, o que as profes chamamos bágoas de crocodrilo..., e todo o ambiente natural provocou moitas preguntas: por qué algunhas árbores estar torcidas? por qué hai follas de tantas cores? Que son estas sementes? Por qué pican as ortigas? Por qué non se poden tocar as ás das bolboretas? Un sinfín de preguntas que darían para comezar un novo proxecto se non rematase o curso.

Tras realizar esta caminata fomos á zona do merendeiro e, tras recoller todo o lixo para non contaminar, rematamos a xornada xogando no parque.

Foi un día marabilloso, pasámolo en grande, sen dúbida repetiremos!!!!!!


Premer na imaxe para acceder á galería





26.5.22

MAKEY MAKEY ( 5º EI)

 Durante o mes das letras tivemos un achegamento ós instrumentos musicais tradicionais: gaita, castañolas, pandeireta... 


Así que esta semana decidimos tocar o bombo pero utilizando o Makey Makey. Para iso, no Leolab, fixemos varios grupos, e cada un deles tiña que decorar uns círculos de cartón que foron os nosos " Bombos", despois pegarlle a cada un deles un pouco de papel de aluminio, conectar os cables da placa Makey Makey ó " Bombo" na parte de aluminio, e por último tocar o instrumento, non sen antes agarrar coa outra man o cable de TERRA.

Cada grupo xogou a tocar, e descubrimos que se un peque tocaba o cable TERRA para que soara o seu instrumento e outra persoa tocaba a este peque, ambos podían tocar!!! 

Premer na imaxe para acceder á galería




4.3.22

ENTROIDO (5º EI)

 O xoves 24 de febreiro, 4º e 5º de Educación realizamos unha festa de disfraces, na que cada quen podía vir ó cole como lle apetecera. Na nosa clase, antes de baixar á festa, tivemos unha grande merendola grazas a Ana e a Urko, os papás de Laia, que trouxeron unha cesta cheíña de cousas para compartir entre todos: filloas, crema de cacao para untar, un paquetiño individual con magdalenas, aspitos, chuches, unhas máscaras de photocall de agasallo, servilletas de cores... 


FOTOS

Quedamos todos alucinando con semellante agasallo!!!!!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

Despois baixamos a psicomotricidade onde bailamos e xogamos coa música do cole que máis nos gusta. Foi unha xornada moi divertida.



E o venres 25, disfrazámonos, igual que o resto da Comunidade Educativa, de madamitos e madamitas de Cerqueda. Posto que o tempo non acompañou, cambiamos o pasarrúas en Malpica por un desfile no pavillón ó que convidamos as familias. Tras lucir os disfraces despois do desfile de 4º de EI, ambas clases bailamos a Riveirana, unha das cancións típicas desta tradición na nosa vila, para deixar paso ó seguinte turno de desfile.

MADAMITOS E MADAMITAS



1.11.21

Magosto Educación Infantil

 O venres puidemos celebrar o magosto realizando xogos e comendo castañas!!


Comezamos a xornada subindo á aula  e explicando en que consistía a celebración, como nos organizamos, normas... 

Despois baixamos ó patio para xogar a xogos populares pero con castañas, e para iso dividimos a clase en dous grupos e cada un colocouse na zona asinada para cada un. 

Xogamos á mariola, a construcións con carolos, a relevos con castañas de cores e aros, xogos de corro, a encestar a castaña, a memory de samaín e magosto... Pasámolo en grande!!!

Ó rematar os xogos, mentres os maiores de 6º EI, 1º e 2º EP merendaban no patio cuberto, xogamos libremente nas pistas, para merendar máis tarde na clase unhas ricas castañas e ver debuxos e cancións de medo. 

Rematamos a xornada xogando por recunchos e levando a casa as pócemas realizadas na xornada de Samaín do mércores!!!!

Para ver as fotos da aula de 5º E.I. premer no seguinte enlace: 4 anos e para ver as fotos de 4º E.I. premer no seguinte enlace: 3 anos.






SAMAÍN : 4º e 5º EI

Na semana de Lecturas Terroríficas, ademais de ver as producións das outras aulas no blogue e a nosa propia, traballamos o Samaín realizando actividades manipulativas e divertidas. 


 Na aula de pequeciencias, creamos recunchos de xogo coa temática do medo e do misterio: 

 - Mesa de luz: onde tiñan que colocar un número determinado de arañas nas súas teas e escoller entre múltiples caras para poñerlle a unha cabaza. 

 - Recuncho robótico: tiñan que escoller unha letra de entre todas as que estaban nunha cesta, buscar o debuxo terrorífico que empezara por esa letra e levar ó noso robot Doc á imaxe. 

 - Lecturas terroríficas: dentro do tipi do circo tiñan unha selección de contos de medo para ler con lanternas. 

 - Mesa sensorial: con pinzas quitaron a arañas, escorpións e cucharachas enredados en moitas texturas : teas de araña, area, bolas de cores de porexpán, lapas... 

 - Costura: coseron con fío morcegos, cabazas e momias. 

 - Plastilina con realidade aumentada: utilizando a app Play - doh Touch deron vida á plastilina con moldes terroríficos.

 - Pócemas: crearon pócemas con xelatina de fresa e unha golosina de araña. Os máis peques meteron a man nunha bolsiña para atopar a chuche. 














 Utilizando a aplicación Quiver, cada un debuxou o seu medo e puideron velo en realidade aumentada .











 


17.10.21

VISITA CENTRO ECUESTRE O VENTOSO ( 5º EI)

 O venres visitamos O Ventoso,  unha granxa-escola, xa que dentro do noso proxecto de aula "Os vehículos", estamos investigando a evolución dos transportes e agora centrámonos nos animais e nos carros.

Neste espazo natural realizamos moitas actividades divertidas: acariciamos a unha chinchilla moi suave, a varios coellos de indias, dimos de comer ós porcos, vimos ovellas e cabras e un montón de aves diferentes: gansos, ocas, patos, paxaros, pavos reais, cisnes... pero sobre todo aprendimos moito sobre os cabalos/ponis: como dirixilos, as partes da montura, porque usan ferraduras e quen as coloca, que comen, e onde viven...


PASÁMOLO XENIAL!!!!!!


FOTOS




7.10.21

PROXECTO: OS VEHÍCULOS ( 5º EI), ZANCADAS

 Unha das cousas que queriamos saber era cal foi o primeiro vehículo, así que pensamos como unha persoa podería levar algo dun lugar a outro, tras descartar a idea de lanzar cousas porque algunhas pesan moito, chegamos á conclusión de que o primeiro vehículo son os pés e pernas!!!!!


Así que miramos cando miden os nosos pés comprobando a talla de zapato e debuxamos a silueta, que despois  pintamos cos pinceis.


FOTOS


Tamén lemos o conto "Rita zancada infinita", no que se traballa entre outras cousas, o respecto á diversidade, as emocións e a aceptación.




Tras a lectura, baixamos a psicomotricidade en pequenos grupos, onde medimos, cunha regra xigante, a zancada máis grande que podemos facer sen caer. Despois desprazámonos dando zancadas, pasitos de bebé, corremos como leopardos, saltamos comos rás, camiñamos como formigas...






O NOME DA NOSA CLASE ( 5º EI)

 A pasada semana decidimos poñer un nome para a nosa clase, xa que non podemos ser a clase de Marta ou Sandra porque a clase somos tod@s, tampouco a clase de 4 anos, pois algúns peques aínda non os cumpliron e en breves comezarán a cumprir 5 anos, e a clase de 5º de Infantil non nos gusta moito.

Así que pensamos como nos poderiamos chamar, polo que cada un escribiu nunha folla a súa proposta para evitar que se "copien"as ideas, por tanto tivemos moitísimas propostas:

Clase dos unicornios, tractores, patinadoras, globos, troncos, pantasma, arco da vella, o vento, Marisa, Evaristo, galiñas, xirafas, corazóns, pulpos, muñequitos, barcos... 

Comezamos as votacións, e eliminamos aquelas propostas que non tiveron ningún apoio, despois votamos de novo varias veces descartando as menos apoiadas, e determinamos que somos ...


A CLASE DOS VEHÍCULOS!!!!


Así que facemos unha asemblea para determinar que queremos saber. Como de momento é un tema bastante amplo, as ideas van xurdindo pouco a pouco.



De momento xa decidimos realizar un cartel para poñer na entrada da aula, para que toda a Comunidade saiba quen somos.




Durante esta semana lemos na aula o conto: El lobo que no quería andar más.




A través deste conto, e polas novas rutinas da asemblea, estamos introducindo os meses do ano. Así que utilizando os vehículos que coloreamos para o cartel da clase, fixemos un xogo para asociar os distintos vehículos que empregou o lobo co seu mes do ano.





Nunha das escenas do conto, o lobo utiliza os esquís, así que nós tamén quixemos esquiar. Baixamos á aula de psicomotricidade e realizamos un xogo de relevos no que tiñan que esquiar utilizando os ladrillos de construción.











4.10.21

HOXE LE ( 5º EI)

 Hoxe ábrese oficialmente a biblioteca escolar, polo tanto recuperamos a actividade de HOXE LE,  que por culpa do Covid-19 tivemos que paralizar o pasado curso.


Neste novo curso escolar, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria gozará de novo das lecturas dos compañeiros e compañeiras voluntari@s de 3º a 6º de Primaria. Tendo en conta o noso horario, esta actividade realizarase por quendas en diferentes días, evitando que se xunte alumnado de distintas aulas.


Hoxe Lara e Noa contaron a historia de PRINCESA KEVIN ó alumnado de 5º EI.


BO TRABALLO CHICAS!!!!

 


30.9.21

OS NOSOS NOMES ( 5º EI)

 Nestes días de escola estivemos traballando o noso nome, as súas letras e o seu conteo, os que comezan pola mesma letra, e comprobamos quen ten o nome máis longo e máis curto.