Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TIC. Mostrar todas las entradas

10.6.18

EXPLORANDO RECURSOS ( 4º EI )

Levamos un par de semanas descubrindo novos recursos ( que formarán parte do makerspace da biblioteca escolar) e aproveitando os coñecidos para afianzar coñecementos.

Pantalla táctil de clase: Reforzamos as series sinxelas, esta vez facendo raia -punto-raia, que utilizamos para decorar una estrela de mar , que despois utilizamos para facer un colar insertándoa xunto con macarróns. A pantalla tamén a utilizamos para traballar conceptos básicos a través do xogo LA ABEJA BUBA, recurso que lles encanta.

Lámpara de luz negra: utilizámola na nosa actuación do Samaín, pero casi non se acordaban, así que  fixemos unha actividade máxica, na que descubrimos como a lámpara de luz negra facía brilar os nosos dentes e ollos e a roupa branca. Utilizámola para facer debuxos na escuridade con rotuladores fluorescentes.

Mesa interactiva: é multitáctil , así que podíamos participar varias persoas ó mesmo tempo.  Xogamos a facer puzles do abecedario, xogos musicais artísticos , e aplicación de xogos lóxicos ( buscar unha cor e unha forma determinada).

Para ver as imaxes premer nos enlaces:


https://photos.app.goo.gl/CbBYcaRvyzgAnRqp7

https://photos.app.goo.gl/fnbavBMyXQnMpx6fA

5.5.17

LETRAS GALEGAS E TIC (5º E.I.)

Neste mes das Letras estamos traballando  a figura de Carlos Casares e nesta ocasión empregamos as ferramentas TIC para afondar na súa obra. Tiñan que buscar co escornabot un libro deste autor e despois comprobaban coa tablet, co programa AURASMA, se realmente era de Carlos Casares, xa que o escanear o libro coa tablet saía a foto do autor. Podedes ver todas as fotos desta actividade premendo no seguinte enlace: letras e TIC.



8.3.17

MULLER TRABALLADORA E TIC (5º E.I.)

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora facendo diferentes actividades e algunhas delas gustáronos moito porque estaban relacionada coas novas tecnoloxías. Por unha parte, estivemos xogando cos escornabots unindo cada muller traballadora do circo de Botero co seu utensilio que precisa para actuar. E, por outro lado, fumos investigar que pintara uns cadros que tiñamos no corredor, pensando que foran todos homes os que os pintaran. Que sorpresa levamos cando acercamos a tablet e aparecía a autora do cadro, sendo todas mulleres: Maruja Mallo, Menchu Lamas, Xulia Minguillón... Podedes ver todas as fotos destas actividades premendo no seguinte enlace: mulleres traballadoras