14.6.21

XEADOS DE LARANXA ( 4º EI)

 A pasada semana fomos á cociña, onde realizamos uns ricos polos de laranxa.

Dividimos a clase en dous grandes grupos , que tiveron que utilizar os exprimidores eléctricos para facer zume de laranxa. Despois desta sesión, e de meter as poleras no conxelador que estaba moi frío, probamos un sorbiño de zume de laranxa, e a pesar de estar bastante doce, a  algúns nenos e nenas non lles gustou moito.


A actividade foi moi divertida e pasáronno pipa pero... HOXE, por fin, puideron probar os xeados, e estaban boísimos!!!!!!!!!




XEADOS DE LARANXA

Feliz non aniversario!!! ( 4º EI)

 Este curso escolar está a poucos días de rematar, e hai nenos e nenas que cumplen anos durante o verán. Así que , a pesar de non ser o seu aniversario agora, queremos felicitarlles porque nas vacacións de verán o cole está pechado.

Alberto, Laia e Daniela Pérez levan a súa coroa e os debuxiños dos seus compañeiros e compañeiras, e desexamos que cando sexa, teñen un feliz aniversario.


Dentro de pouco seredes moi maiores e cumpliredes 4 anos!!!!!!













11.6.21

Cápsula do tempo (4º E.I.)

 

Esta semana fixemos a cápsula do tempo, onde cada neno e nena introduciu un pequeno paquete que contén: unha carta escrita pola súa familia, un pequeno obxecto importante para eles ou fotos dos mesmos, unha foto grupal e o seu primeiro debuxo na escola.
A maiores incorporamos un pequeno mural que representa o que queremos ser de maiores.

O último día de escola , cando vaian en 6º de primaria, abrirán a caixa se verán todo o que meteron dentro.


MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR PARTICIPAR!!!






Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cápsula do tempo.

Exposición de fotos subacuáticas

 O alumnado de 4º E.I. acudiu hoxe a exposición de fotos subacuáticas no centro cívico de Malpica  organizadas polo Concello de Malpica para conmemorar o Día Mundial dos Océanos.




Animais do bosque (4º E.I.)

Rematamos o proxecto do bosque repartindo as fermosas caretas que nos regalou a mamá de Mayra e que tanto xogo nos deron no recuncho do bosque. Moitas grazas polas vosas aportacións. Podedes ver o reparto premendo no seguinte enlace: animais do bosque.






8.6.21

Peche do Leolab

Onte despedimos as instalacións do Leolab por este curso, aproveitamos todos os recursos como sempre en pequenos grupos rotatorios. Podedes ver todas as imaxes da xornada premendo no seguinte enlace: Leolab.



4.6.21

PROXECTO BOSQUE: DÍA DO MEDIO AMBIENTE ( 4º EI)



Tras escoitar ó Esquío, abrimos o paquete e recibimos o agasallo: Un pin de amig@s dos bosques!!!!!!!!!!!

Tamén creamos o noso ben merecido diploma polo noso esforzo na contribución dun mundo mellor, a través do coidado da natureza e dos nosos bosques!!!!!!!!!




FOTOS

3.6.21

Laboratorio de ideas: Construcións ecolóxicas ( 4º EI)

 

No mes de maio o Equipo Creativo, dentro do Laboratorio de ideas, promoveu a fabricación, con materiais de refugallo, dunha manualidade en forma de maqueta/construción que gardara relación cos ODS da Axenda 2030 que se estiveran traballando dentro da programación de aula.

 O 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, polo que con esta proposta pecharemos o trimestre con construcións ecolóxicas, empregando as 3R (Reducir,Reutilizar e Reciclar), que conformarán a exposición final do PDI:

“Construíndo un mundo mellor!”.



Como na nosa aula estivemos realizando un Proxecto sobre O Bosque, realizamos unha maqueta recreando un bosque con material de refugallo, tarefa na que tiveron un papel especial as nosas familias, que contribuiron moitísimo realizando cos peques na casa un montón de orixinais manualidades.  Dende o cole realizamos árbores con corchos e co papel reciclado que fixeramos semanas atrás.